30 septiembre 2011

Somos moitos

| Barbanza

O principal problema ecolóxico do Mundo é a sobrepoboación

Antes de ler este artigo, toma o reloxo e cronometra o tempo que tardas en facelo.

Na feira medieval de Noia recréanse algúns aspectos da vida que os europeos levaban nesa época. Lonxe das recreacións idealizadas que nos ofrece con frecuencia o cine e a literatura, foron anos difíciles nos que a esperanza de vida non superaba como media os 45 anos para os varóns e os 35 para as mulleres, cunha mortalidade infantil do 45 por mil. No ano 1000 a poboación de toda Europa rondaba os 30 millóns e a poboación mundial apenas chegaba aos 310 millóns de persoas.

Nese contexto, o esgotamento dos recursos naturais nunha rexión non supoñía maior problema que a busca doutros lugares alternativos onde proceder á extracción. Os bosques, o mar e o subsolo considerábanse fontes inesgotables de riqueza, e os tesouros naturais eran tomados na medida da tecnoloxía existente en cada época.

Pero a finais do século XX, o avance científico e tecnolóxico levounos a cruzar un umbral inquietante: o consumo de recursos naturais dos países industrializados chegou a tal punto que, se toda a humanidade fixese o mesmo, superaríanse os que existen no planeta.

Para visualizar facilmente esta idea os expertos utilizan o concepto de «pegada ecolóxica». Consiste na medida da superficie do planeta que precisaría unha persoa para manter de xeito indefinido o seu modo de vida. Inclúese neste indicador a cantidade do mar correspondente ao peixe que consume, a cantidade de bosque, de terreo agrícola, de pastos para o gando, de explotacións mineiras, etcétera.

A capacidade teórica do planeta, a día de hoxe, é de 1,8 hectáreas por persoa. En España, cada un de nós estamos utilizando 5,7 hectáreas, non tanto como os habitantes dos Emiratos Árabes Unidos (9,5), ou os estadounidenses (9,4), pero moito máis que a media mundial (2,7), e moitísimo máis que os habitantes dos países pobres de África, América e Asia (menos de unha). Os expertos calculan que necesitariamos tres planetas como a Terra para que todos os habitantes do mundo puidesen vivir como os europeos.

Así as cousas, resulta evidente que non é posible que todos os países acaden o nivel de desenvolvemento dos países ricos, alomenos cos actuais niveis de consumo de recursos e de produción de residuos. Nin sequera coa incorporación das novas tecnoloxías. Tamén resulta evidente que a situación agrávase cada minuto, pois a poboación mundial prosegue a súa espectacular progresión pese a algúns intentos de control demográfico.

As conclusións desta reflexión son preocupantes: se pretendemos manter o noso modelo de consumo debemos contar con manter na miseria a unha proporción crecente da humanidade, e se algúns dos chamados países emerxentes se incorporan á nosa despilfarradora forma de vida, a situación empeorará considerablemente. Está visto que o principal problema ecolóxico no mundo é que somos moitos, quizais demasiados, aínda que nalgúns sitios a poboación non medre, como en Galicia.

Mira outra vez o reloxo e considera que cada segundo nacen cinco persoas e morren dúas. Cunha simple conta poderás calcular canto aumentou a poboación mundial neste tempo.
Una lúcida y sabia reflexión para que nos paremos a pensar que mundo estamos creando y pretendemos dejar.

Related Posts:

  • Nota de prensa do BNG O pasado luns, 28 de xullo, tivo lugar un pleno extraordinario cun único punto na orde do día, a aprobación do uso dos cartos do remanente de tesourería (máis de 900.000 euros). Como xa sabedes este asunto foi levado ao … Read More
  • Camino de la RicholiñaSr. TALO y sres concejales de Portosín, ya se aprobó el Plan General, para cuando la apertura del Camino de la Richoliña? Dónde están sus promesas, principalmente la suya Sr. Talo?. El pueblo espera una respuesta. Y digo el… Read More
  • Liquidaciones por suministros de agua que no se disfrutan Esto es el colmo!!! Las arcas municipales deben estar no ya en números rojos sino en quiebra total, para que los vecinos de este Concello estemos recibiendo liquidaciones por importe de más de seiscientos euros, por impagos … Read More
  • A desfeita da praza do Son ORDENANZA.PDF BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA CAPíTULO VII.–Ocupación da vía pública con terrazas, veladores, quioscos e venda ambulante Artigo 35.–Ocupación da vía publica Artigo 36.–Quioscos Artigo 37.–Terrazas,… Read More
  • NOIA POCO A POCO PIERDES TODORecibo con estupor la noticia en la prensa diaria que se va a retirar el Grumir de Noia para tener la base en Muros. No me lo puedo creer. Hace días escribía desde estas páginas la importancia de la fusión entre algunos munic… Read More

7 comentarios:

Anónimo dijo...

outro ecologeta!

Anónimo dijo...

O Concello do Son ten un grave problema de aislamento histórico e nos tempos que corren e ca que está caendo hai que buscar solucións drásticas ahí deixo unha: Por qué non buscamos alguen moi sobresainte na política ou no poder económico e facemos unha colecta popular para agasallalo con unha finca e casa na beira do mar? así se facían antes as cousas e daban máis resultado e máis rápido e os pobos ´saían adiante sorprendentemente, ata crecían en poboación por aquelo que detrás do grande chegan os lamecús.
Non me volvín tola o digo a propósito, máis ben o despropósito, de non facer o viaducto da variante de Noia e polo que de sempre ha sido o Son o último recuncho do que ninguén se acorda e a ninguén importa.
Fdo: Concepción Lavid

Anónimo dijo...

eso foi o que fixeches tí con RACOMAR non?

Anónimo dijo...

Por supuesto y no sólo con RACOMAR sino también con todo el grupo de empresas que ahora mismo administro y de las que soy propietaria e incluso mi patrimonio personal todo me lo han regalado, pero hasta para eso hay que valer porque sino lo haría cualquiera y ud anónimo de las 7,35 seguro que ni para parásito vale.Gracias a individuos como ud está el Concello en primera línea. Que le den..... Hoy por hoy me resbalan este tipo de comentarios y si diera la cara como yo la doy nos reiríamos todos de su buen hacer.
Fdo: Concepción Lavid

Anónimo dijo...

De todas formas algo no me cuadra, Sr. Administrador, mi escrito figura del 23 de Marzo a las 12,26 AM y la respuesta a las 07:35AM. Díficil que alguién emitiese una contestación antes que yo hiciese el comentario. Tomo nota.

Anónimo dijo...

Pero que pouca educación Sr. Lavid, a xente contéstalle con anónimos non polo medo que lle teñen senon pola fobia que vostede produce, é vostede como unha enfermidade que contamina a todos os que están arredor seu, olvídese dos veciños de Porto do Son, que tan malos somos e tan mal gobernados estamos, olvídese de Portosín, ocupese vostede dese "holding" de empresas que tan ben xestiona, e dígolle máis, non comentou vostede fai uns meses que non voltaría escribir nada máis neste blog, pois suplicámoslle que cumpla a súa palabra. O que comenta o anónimo das 07:35 é algo que todo o mundo sabe e gracias a que xente coma vostede abandoou a política hoxe o concello está como está, libre e sán de esos parásitos ós que bostece pertenecía e pertence.

Anónimo dijo...

A educación e o saber estar vai coa persoa e dende logo se alguén non ten nada que demostrar nese senso a quen suscribe. Se por algo presumo é precisamente por non ser parásito, a outro can con ese oso.
E se non firman o que escriben será porque non teñen as mans ou a concencia limpa, porque ninguén ten por qué ter medo de ninguén, pero cando non se ten a traxectoria limpa trátase sempre de esconderse tralo anonimato. Den a cara e vexamos qué tan limpa está.
A liberdade de escriber neste blog non ma pode quitar vostede, agás o administrador, e cando algo me afecte como é o caso, vou a escribir e falar onde me pete, faltaría máis!!! que uns dictadorzuelos de pouco pelo teñan máis que dicir que aqueles que amosamos a nosa identidade. Dígo máis si non asinara de seguro que estes anónimos estarían dacordo, pois así nos luce o pelo. O problema non está en quen o dí, senón en si ten ou non razón, pero iso é moito para xente co cerebro de mosquito.
Fdo: Concepción Lavid