Xesús Laíño presidente da asociación barbantia |
:logo-lvg: | Barbanza
A entidade empeza este mes a súa sétima temporada de actividade
«A nosa actuación non pretende substituír aos concellos, se non colaborar con eles»
A Asociación Cultural Barbantia comeza a súa sétima temporada de actividade o vindeiro venres coa publicación do suplemento número 67 de A Voz de Barbantia; e a presentación do libro Máxico tear natural, de Xosé M. Lobato Martínez, acto que vai ter lugar na galería Sargadelos de Boiro, ás 20.30. Dende xaneiro, Xesús Laíño preside a entidade. Tralo parón do verán di que, ademáis da cita do venres, están «conceptuando o sétimo anuario e haberá que empezar a preparar as infraestruturas para que os socios voten aos premiados da gala deste ano».
-¿Como se involucrou nesta asociación?
-Xa colaborara nun programa cultural radiofónico en Boiro e na Pobra. Tamén presidín a Asociación Cultural A Miserela. Levo ligado a Barbantia dende os seus inicios. Son un afeccionado á lectura e á literatura. Hai que dinamizar a vida cultural onde a xente segue facendo cousas a cambio de nada. Colaboramos co tecido social sen ánimo de lucro. A cultura, como outras cousas, é parte necesaria do ser humano.
-¿Cal é a finalidade de Barbantia?
-Principalmente, dar voz a todos os que se dedican á cultura no Barbanza. Queremos dar a coñecer a opinión da xente. Soen ser protagonistas os socios, pero non é condición necesaria selo para que lle fagamos unha entrevista ou para participar en determinados actos da institución.
-¿Barbantia traballa unicamente con artistas galegos?
-Potenciamos a cultura galega, pero non estamos cerrados a outras. Pero en Galicia debemos defender a nosa cultura. A veces confundimos a universalidade coa uniformidade. Todos os seres vivos se diversifican. Se vemos correcta e positiva a pluralidade de orientacións sexuais, relixións ou política, a riqueza lingüística é igual.
-¿Como se financian?
-Principalmente coa cota dos socios e axudas das institucións, aínda que este goberno dificulta un pouco a labor cultural. A nosa actuación non pretende substituír aos concellos se non que colaborar con eles.
-¿Que tipo de actividades promove a asociación?
-Facemos encontros culturais e publicamos o suplemento A Voz de Barbantia o último venres de cada mes, ademais doutros actos puntuais; editamos un anuario e organizamos unha gala na que se premian a intelectuais barbanceses e galegos.
-¿Como funciona a Voz de Barbantia?
-Temos un coordinador que é Manuel Cartea; el encárgase de que todo estea a punto. Son traballos de divulgación, aínda que nalgúns hai investigación. O primeiro número saíu en xaneiro do 2005. Logo A Voz fai un volume cada 25 números que se vende a un prezo simbólico.
Relacionadas
«As traducións ao galego son boas porque se fan por amor ao arte e non por beneficios»
«Querer facer máis con menos é demagoxia»

0 comentarios:
Publicar un comentario