José Manuel Deán Concelleiro de Cultura |
:logo-lvg: | Barbanza
Queremos que os veciños organicen as súas festas
A organización das festas de Porto do Son este ano foi case unha carreira contrarreloxo. A renuncia da antiga comisión de festas fixo que os propios concelleiros e varios voluntarios decidisen coller a batuta e en só vinte días organizaron os festexos máis importantes do municipio. José Manuel Deán, concelleiro de Cultura, foi quen exerceu de presidente.
-¿Como se organizan unhas festas en tan só vinte días?
-Organizar as festas en si é doado, porque a contratación das actuacións pódese facer vía telefónica. O que xa é máis complicado son a xestión dos permisos, por exemplo, con Portos de Galicia, a contratación dos seguros das procesións e a recadación entre os veciños.
-¿Foron os veciños máis sobrios á hora de facer as achegas para as festas?
-Aínda non rematamos de facer a recadación, pero é máis ou menos a do ano pasado, uns 30.000 euros. O Concello, pola súa banda, aporta entre 30.000 e 35.000 euros máis para os festexos.
-E para o ano, ¿cren que haberá comisión de festas?
-Queremos que os veciños organicen as súas festas e non sexa o Concello, porque é certo que as festas do Son son as máis importantes, pero hai dez parroquias no municipio con dez comisións e que as organice o Concello pode ser un agravio comparativo. Queremos que se forme unha nova comisión organizadora e nós axudar en todo o posible, con material e incluso xestionando os distintos permisos.
-¿Agardan unha gran participación de sonenses e visitantes?
-Si, claro. Na romaría do Loreto, que é un dos días fortes, pode haber no campo 4.000 ou 5.000 persoas. Se o tempo continúa a ser bo agardamos ese número de persoas, e incluso podería desbordarse.
-¿Foi difícil contratar a José Manuel Soto?
-Non. É coñecido de David Gaciño, que xa o trouxo a visitar Porto do Son un par de veces.

:logo-ecg: | Comarcas
4 comentarios:
!!!Que nadie pense que o amigo sonense de José Manuel Soto non lle vai sacar tallada económica ó tema!!!!Nunca fixo nada sin sacarlle proveito e ista vai ser unha mais.
Y por qué no pensar que gracias a esa persona se consiguió un buen precio, que de otra manera a lo mejor no era posible.
¿Por qué siempre tenemos que pensar mal?
E que de verdade, señor anónimo das 19.45...que triste debe ser a súa vida, para pensar que calquera que faga algo, aínda uqe sexa beneficioso para os demais, busca quitar algo a cambio. Pensará o ladrón que son todos da súa condición. Estou ao 100% co administrador...
o que e vergonzoso e que o concello de cartos para as festas de o son e para as outras nada. eso si e a xestion do bigoberno sonense. todo para o son e nada para as demais. si señor mando truco
Publicar un comentario