29 octubre 2015

Tarde de Bruxas


Chapuzas a domicilio

21 octubre 2015

15 octubre 2015

A viaxe de Rosalía

Cultura e Deportes - Porto Do Son
A protagonista desta viaxe é Rosalía de Castro, que ven coa súa madriña Francisca. Xuntas contarán pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas da man da actriz e titiriteira Larraitz Urruzola.
Utilízanse marionetas de mesa, onde o traballo de manipulación faise á vista, creando diálogo entre actriz-marioneta-público-actriz.

Dirixido a un Público: + de 5 anos. Duración: 50 minutos.

14 octubre 2015

Exposición na Casa da Cultura de Porto do Son.

13 octubre 2015

Nebra recordó el trágico suceso de Cans de 1916

El alcalde de O Son, Luis Oujo, de pie, 5º por la izqda., durante la ofrenda. FOTO: Toño Calo
:ecg: http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/

Una revuelta contra el Concello por un cobro injusto acabó hace 99 años con cinco muertos al enfrentarse a las fuerzas del orden

SUSO SOUTO. PORTO DO SON

Numerosas personas participaron ayer en la localidad sonense de Nebra en el tradicional homenaje anual en memoria de los Mortos de Cans, como se conoce popularmente a las víctimas de unos trágicos hechos ocurridos en ese lugar hace ya 99 años.

Unos hechos que tuvieron origen en la situación creada por los administradores del ayuntamiento, que, para sufragar una deuda con la Diputación que habían generado con su mala gestión, decidieron imponérsela a los vecinos disfrazada de impuesto especial. El miedo se instaló en la localidad porque se había lanzado la amenaza de que quien no afrontase el pago proporcional estipulado sería embargado.



10 octubre 2015

16 homenaxe "Mortos de Nebra"

Bo día.

Un ano máis, volvemos recordar aos nosos veciños caídos, naquel fatídico 12 de outubro do ano 1916.

Son xa 99 anos destes feitos. Foron consecuencia da situación creada polos administradores do concello: para sufragar as débedas que xeraron pola súa mala xestión, decidiron imporllas aos veciños a través dun déficit. O medo espallábase polo concello, quen non afrontase o pago, era embargado. Pero as xentes de Nebra negáronse a facelo. Xermolando a idea dende a casa da Liga Agraria de Nebra, decidiron facer fronte ao recadador na ponte de Cans, impedirlle o seu camiño de roubo. Foi esa mañá do 12 de outubro cando veciños e veciñas de todas as aldeas de Nebra se foron unindo na ponte de Cans, e ao berro de “non se paga o defís” ía medrando fronte deles o número de garda civís armados. A consecuencia da algarabía que se formou nese lugar son os feitos que recordaremos o luns: moitos feridos e varios caídos xa na mesma ponte. Mentres a xente trataba de darlle auxilio aos seus veciños, as forzas do orde marchaban para defender ao alcalde. E foi a través dos altos mandos dende onde foron silenciando estes feitos ata quedar no esquecemento.

No ano 2000, logo de que anos atrás xa se celebraran varias homenaxes e mesmo se chegou a erixir un monólito no recordo (hoxe desaparecido), Paco do Martelo decidiu rescatar este acto de lembranza, apoiado por familiares das mesmas vítimas. Colócase no 2001 o actual monólito, punto de reunión para a lembranza. Este ano xa son 16 edicións nas que que vimos ofrecendo este recordo para que a xente de Porto do Son non esqueza este anaco da nosa propia historia.

A homenaxe consistirá en dous actos.

- ás 18:00h, haberá unha misa na honra de vítimas e familiares na igrexa de Santa María de Nebra.
- ás 19:00h, haberá unha ofrenda floral ao pé do monólito na ponte de Cans.

Agardando que poida asistir ou informe do mesmo, reciba un cordial saúdo. Se desexa máis información ou detalles, pode pórse en contacto no correo electrónico pacodomartelo@gmail.com, onde lle resolverá calquera dúbida.

Toño Calo
(Familia do Martelo)

Talleres de Memoria


A inscrición nestes talleres pode ser en calquera momento do curso escolar, sempre está aberta a posibilidade de asistir.

Seguiremos mantendo os grupos do ano pasado, os martes en Porto do Son, de 10:00 a 11:00 e 11:00 a 12:00.

Nas parroquias de San Pedro, Xuño e Caamaño, será os venres.

As persoas interesadas en participar neste programa poden apuntarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Porto do Son.

08 octubre 2015

Pleno extraordinario: 9 de outubro

Convocado Pleno Extraordinario para mañá venres 9 de outubro ás 20:00 horas no salón de actos do Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

06 octubre 2015

Festa de Santa Teresa: Queiruga

Teatro: Grupo Queixumes

https://www.facebook.com/culturaportodoson/Cultura e Deportes - Porto Do Son

Teatro Queixumes actuará na Casa da Cultura de Porto do Son o día 11 de Outubro.

Teatro: Baobab

https://www.facebook.com/Cultura e Deportes - Porto Do Son

Baobab Teatro actuará na Casa da Cultura de Xuño o sábado, 10 de outubro ás 18.30 horas.Duración: 45 minutos
Dirixido a nenos a partir de 3 anos.

Andrea é a encargada de facernos un caldo atípico, un caldo que necesita de ingredientes moi especiais, o principal ingrediente que se necesita son orellas que escoiten, outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos de libro e contos dramatizados, aderezados con bonitas cancións.
¿Contos para un caldito? convida ó público a escoitar e a deixarnos levar polos contos e polos obxectos visuais que se presentan; un chapeu que non é un chapeu, unha ratita que se transforma nun momento, unha nena/ou do público será quen de debutar como actriz?
Entre todos construiremos un caldito máxico con poderes especiais para converternos en máis altos, máis rápidos e máis fortes, se así o queremos?
O espectáculo consiste en ir cociñando contos e historias para que así cheire mellor, éntrennos polo nariz e podamos degustalas.

Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos.

É un espectáculo moi participativo e ten unha duración de 50 minutos.

01 octubre 2015

Ante alusións vertidas por Merce SB, expoñemos

Queremos facer unha aclaración ante este comentario da señora Merce SB, nesta entrada de Facebook, antes de que a xente dea por certas cousas que non son verdadeiras: 
https://www.facebook.com/notes/antonia-sobrido/cento-e-pico-días-despois/

"fonforron" ese blog subencionado x el pp con dinero publico igual que la radio que tan bien se porto en campaña??
Temos que explicarlle que erra vostede con esta acusación. Este blog non está subvencionado por ninguén, sempre foi e será POR E PARA OS VECIÑOS. Dar entrada a comentarios anónimos, permite a moita xente opinar sen que as amizades lles neguen a palabra ou os poña a caldo por non ser da mesma opinión (certo é que hai moitos que aproveitan para soltar a súa bile, cousa que tentamos moderar, no posible).

Recoméndolle que se ten probas de que o goberno de Luís Oujo fai o que vostede sinala con cartos públicos, faga a denuncia pertinente, senón está calumniando. Con respecto á radio e ó trato durante a campaña, por informacións, temos coñecemento de que se puxeron en contacto con todos os partidos que se presentaron para facerlles entrevistas. Se algún partido declinou esa oferta, xa é problema de organización do partido, non é culpa da radio.

Aclarar tamén que a relación de empresas, blogs e páxinas persoais que pode ver no noso lateral, fóronse engadindo segundo as atopabamos facendo buscas na rede ou que nos escribiron presentándose, pero ningunha pagou por aparecer aí. De feito, tivemos varias ofertas de empresas para anunciarse a cambio dunha cantidade e declinamos, porque a intención deste blog non é a de facer cartos.

O afán de servizo público deste blog, pode observalo na presenza de varias noticias sobre as fazañas de seu fillo Anxo Lorenzo. Así mesmo, PSOE, BNG, organizadores de actividades ou particulares (como o seu marido), tamén se puxeron en contacto con nós e publicamos as súas notas tal e como as envían. Non se lle pediu nada a cambio a ninguén.

Para rematar, seguiremos mentres nolo permitan, dende o verán recibimos varios avisos de denuncias ao blog, coa intención de que o pechen ou mostre un aviso disuasorio antes de entrar (o que busca botar atrás a quen nos visite). Tamén houbo intentos de infiltración, tentando sacar o contrasinal de maneira ilícita:
Alguien ha utilizado tu contraseña para intentar iniciar sesión en tu cuenta de Google.
Google ha detenido este intento de inicio de sesión, pero deberías revisar los dispositivos que has utilizado recientemente. 
Por sorte o intento (ou intentos) de intromisión foron en van, pero chegamos a perder acceso momentáneo ao blog por este motivo.

No resto do comentario entre varias opinións, fai algunhas acusacións, que, como lle dixen antes, se ten probas, debería usar os medios óptimos para facer a denuncia (algunhas son graves e afectan a terceiros).