Pitusa Rivas Olveira Esmaltadora |
:logo-lvg: | Barbanza
«Soños da infancia» recolle varios cadros realizados con esmalte de temática mariñeira, romántica e abstracta
Preto de 40 cadros nos que se empregou a técnica do esmalte sobre placas de cobre colgan nas paredes da casa da cultura de Porto do Son. Esta colección chamada Soños da infancia pertence á artista pobrense Pitusa Rivas que, tras prexubilarse, retomou a súa paixón incitada por unha das súas fillas. Formouse na Escola de Arte Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Hai unhas semanas mostrou as súas obras no Liceo de A Pobra e, agora, en Porto do Son. Para o próximo verán conta con ter montado un pequeno taller na súa vila natal.
-¿Cómo descubriu o esmalte?
-Tiña seis anos cando me regalaron unha medalla cunha boneca debuxada en cor. Ía á praia con ela e miña avoa nunca ma quitaba cando me bañaba. A cor nunca se ía. Comecei a sentir curiosidade por ese material. Por circunstancias da vida, deixeino a un lado.
-¿Cando o retomou?
-Hai anos, unha das miñas fillas apuntouse aos talleres de mestría na escola de arte e comezou a chincharme. Para min, a arte é algo en maiúsculas, por iso eu me considero artesá e non artista. Cando me anotei na escola Mestre Mateo dábame medo porque sabía que ía ir xente que tiña unha preparación. Cheguei con medo, pero de seguido me acolleron moi ben
-¿Que temáticas aborda a mostra de Porto do Son?
-Non hai un só tema. Ao principio ía seguir unha liña mariñeira, pero vendín algúns deses cadros e entón engadín a esa mostra obras de temas románticos e semiabstractos. Xuntei pezas nas que traballei os últimos tres anos.
-¿Cal é a finalidade desta exposición?
-Se a fago é un pouco porque me gusta que a xente se pare a ver o meu traballo. Pero, por outro lado, tamén quero que a xente de 40 e 50 anos pense e se dea conta de que, se ten algunha ilusión, lle dea renda solta e a leve a cabo.
-¿Só realiza traballos en cadros ou fai outro tipo de obras?
-Aplico o esmalte sobre placas de cobre para os cadros e tamén fago xoiería sobre prata, cobre, aceiro inoxidable ou ouro. Esta técnica é indestrutible, a non ser que lle des cunha pedra ou un martelo non rompe. Cando instale o meu taller en A Pobra tamén retomarei a escultura de bulto redondo, que ten bastante éxito en lugares como Asturias ou Barcelona.
-¿Ao principio pensaba en comercializar os seus traballos?
-Para nada, iso xurdiu un pouco polo traballo do meu marido que trata con moitos xoieiros que aprecian o esmalte. Son pezas únicas que aínda que queiras non podes repetilas. Dende que inaugurei a exposición en Porto do Son tivo moita repercusión. Faime moita ilusión que as persoas que teñen algúns dos meus traballos os expoñan ao lado de artistas recoñecidos e que se valore o que fago.
-¿É posible vivir desto?
-Hai xente que o fai, pero tes que buscarte un mercado e facer contactos. Non é unha venda masiva e tes que moverte, pero somos moi poucos os que nos dedicamos a isto. É algo moi traballado no que se empregan moitas horas. Se isto fose unicamente un hobby sairía demasiado caro porque 100 gramos de esmalte seco custan uns 70 euros e nun cadro de 15x25 precisas entre 400 e 500 gramos
-¿Que prefire, esmaltar sobre cadros ou xoias?
-Nos cadros teño máis liberdade. Podes filetear, rachar ou dobrar a chapa e xogar máis coas cores. Nas xoias estás máis limitado, exprésaste, un pouco, en función das modas. Por iso, tamén prefiro traballar de maneira libre que por encargos.
-¿Sempre a apoiaron na casa?
-Si, tanto os meus fillos coma o meu marido, sobre todo a miña filla que estudou Belas Artes. Pero a quen lle teño que estar agradecida é a miña mestra na escola Mestre Mateo, Carmen Español, por toda a paciencia que tivo comigo. Penso que lle gusta a espontaneidade das miñas obras. Agora, normalmente, fago proxectos pero antes deixaba traballar máis á inspiración.

0 comentarios:
Publicar un comentario