28 agosto 2015

A AGASP inicia un novo concepto de formación encamiñada á obtención do certificado de profesionalidade en emerxencias

Ofertará máis de 300 prazas para obter este certificado, nas que se van primar aos desempregados, que poderán recibir residencia e manutención gratuíta

En total, a formación en emerxencias contará con 63 edicións de cursos, máis de 2.400 horas e preto de 1.350 prazas

No tocante á policía galega, nos vindeiros meses convocáronse 750 prazas, distribuídas en 45 cursos e 500 horas lectivas

En materia de Interior, haberá cursos e xornadas que incidirán en novidades lexislativas como a reforma do Código Penal e a Lei de seguridade cidadá

A Estrada, 27 de agosto de 2015.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, compareceu esta mañá en rolda de prensa para explicar a programación da Academia Galega de Seguridade Pública durante o derradeiro cuadrimestre do ano 2015.

Segundo destacou Luis Menor, a Academia estradense iniciará un novo concepto de formación encamiñada á obtención do certificado de profesionalidade en emerxencias. Así convocaranse 21 cursos para a obtención deste certificado na modalidade de “extinción de incendios e salvamento”.

Estes cursos, que supoñen 1.380 horas de formación, ofertan un total de 336 prazas para alumnos e alumnas pertencentes a Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, Bombeiros, Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e demais persoal profesional relacionado coas emerxencias.

Precisamente, para facilitar este tipo de formación entre os voluntarios de Protección Civil -para os que se reservan 192 prazas- unha das novidades deste ano é que se primará aos desempregados, aos que a Academia lles facilitará a residencia gratuíta e a manutención o tempo que dure o curso.

Ademais o centro de estudos impartirá outros cursos relacionados coa navegación, o manexo de vehículos todoterreo, os riscos laborais, a busca de persoas desaparecidas ou a dirección, xestión e coordinación operativa nas emerxencias, por citar algúns exemplos.

En total, a Academia ofertará 63 edicións de cursos para o persoal do Sistema Integrado de Protección Civil e Emerxencias de Galicia, máis de 2.400 horas de formación e preto de 1.350 prazas. Estes profesionais tamén poderán iniciarse, por primeira vez na AGASP, na formación en emerxencias on line, con novos cursos a partir do mes de novembro.

Formación policial
No tocante á formación da Policía, outro dos grandes piares da actividade formativa da Academia, para os vindeiros meses convocáronse 750 prazas, distribuídas en 45 cursos e con 500 horas lectivas.

Dentro destas actividades, compre destacara a realización de cursos de formación relacionadas con novas leis que lles afectan directamente na súa labor diaria, como e o caso da reforma do Código Penal, a Lei de Seguridade Cidadá ou o Estatuto da Vítima.

Ademais destes cursos, celebraranse dúas xornadas relativas á reforma do Código Penal e á Lei de Seguridade Cidadá, cun total de 800 prazas. Nestas xornadas, poñentes de grande relevancia na materia intentarán dar resposta a todas as dúbidas que puideran xurdir entre os profesionais respecto destas novas normas.

Doutra banda, a Academia continuará coa formación dos policías locais en materia de violencia de xénero e coas probas de obtención -e renovación- da habilitación do persoal de control de espectáculos públicos e actividades recreativas ou “porteiros”. Como novidades, haberá cursos de condutas predelitivas en menores, riscos de internet ou fraudes a consumidores e estafas telemáticas, entre outros.

Mención especial merecen os cursos de mediación policial, que tras a súa modalidade “básica” en 2014, agora continúan cos de especialización. Ofértanse 180 prazas entre os policías locais, autonómicos e nacionais xa formados no anterior curso co obxectivo de que a finais deste ano xa existan policías mediadores en materia penal traballando en Galicia.

26 agosto 2015

Festival de Música Tradicional

Cine ao aire libre

22 agosto 2015

Travesía a nado. Concello de Porto do Son

Comunicado de Anduriña, Grupo de Baile

https://www.facebook.com/Anduriña

Vémonos na obriga de APRAZAR o festival, a meteoroloxía xoga na nosa contra. Grazas a tod@s e avisaremos da nova data.

19 agosto 2015

Títeres na Praza do Curro de Portosín

17 agosto 2015

Concerto despedida - Curva á eskerda


Despois de un ano e dous meses sen aparecer polo mapa VOLTAMOS, pero esta vez para dar o concerto definitivo. Foi bonito mentras durou. Esperámosvos este Venres no Miradoiro ás 11 da noite para facer a última festa. Non vale faltar. O que non ven é por que non quere. Gracias de antemán a tod@s. Vémonos!!!!!!!!!!

Asinado o convenio para a construción dunha escola infantil de 41 prazas co Concello de Porto do Son



A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, asinaron un convenio para a construción dunha escola infantil de 41 prazas nesa localidade. 

Segundo se recolle no convenio, a obra suporá un investimento de 410.000 euros e a escola levantarase nunha parcela situada na Rúa Campo Atalaia que foi posta a disposición polo Concello para tal fin. Unha vez asinado o convenio, solicitarase a licencia municipal para comezar os traballos nas próximas semanas. 

Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego por fomentar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. De feito, a conciliación e a creación de prazas en escolas infantís é un dos eixos principais do Plan de dinamización demográfica, que Galicia puxo en marcha de xeito pioneiro co fin de facer fronte á caída da poboación que se vén rexistrando na comunidade autónoma. 

Nese contexto, ademáis do novo centro infantil de Porto do Son, hai unhas semanas comezaron as obras de construción dunha escola infantil no Concello de Boiro, que tamén contará con 41 prazas. 

Actualmente, a rede A Galiña azul oferta preto de 8.600 prazas públicas neste curso en toda Galicia, distribuídas nun total de 147 centros, unha cifra que supón máis de 3.100 prazas que as que existían en abril de 2009 (un aumento do 58 por cento).

Medio Ambiente vén de comezar as obras de limpeza sobre o río Sandián, no concello de Porto do Son


Os traballos consisten na roza e na retirada de elementos caídos sobre o leito do río

Esta acción está enmarcada no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa da Xunta de Galicia

Cómpre lembrar que a nova normativa reduce de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos, co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles e evitar asolagamentos


Santiago, 14 de agosto de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do ente autonómico Augas de Galicia, vén de comezar a actuación de mantemento e limpeza sobre o Río Sandián na zona de Goiáns, no Concello de Porto do Son.

Os traballos que se están levando a cabo consisten na roza de maleza e na retirada de ramas e árbores caídas sobre o leito do río. Para isto utilizaranse diversas máquinas como rozadoras, motoserras, podadoras, un camión e un mini dumper. Todos estes labores son de especial importancia para evitar os asolagamentos nas épocas de choivas intensas e abundantes.

O tramo sobre o que se actúa consta dun total de 260 metros de lonxitude. A continuación móstranse dúas imaxes nas que se pode apreciar o estado do río antes de comezar as obras.

Pulo ás actuacións de conservación e limpeza
Grazas ao Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, que inclúe as medidas necesarias para axilizar a limpeza dos ríos e as actuacións de emerxencia en época de seca, -entre outros puntos- a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reduce de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles da Demarcación Galicia-Costa e evitar riscos de asolagamentos.

Coa nova normativa só será necesario que o particular ou a administración local correspondente comunique con 15 días de antelación as tarefas a executar a Augas de Galicia.

A simplificación no procedemento fomenta a vontade para mellorar os leitos da Demarcación Galicia-Costa, xa que a actual xestión provocaba que os solicitantes perderan a motivación de levar a cabo esta mellora e acción de mantemento nos ríos.

14 agosto 2015

Costas quitará un tramo de pretil de piedra para poder hacer la pasarela en Arnela


También se retirará la vionda, despejando así el frontal de la playa junto a la AC-550


El alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, se reunió ayer a pie de obra con el jefe de Costas del Estado, Rafael Eimil, y con el jefe de servicio de Estradas de Galicia, Felipe de la Vega, para lograr el visto bueno de ambos departamentos a la instalación de una pasarela de madera frente a la playa de Arnela.

El proyecto consiste en instalar una pasarela de unos 300 metros de longitud frente al arenal, bordeando la carretera AC-550, como parte de la ruta de sendas que conecta el Museo da Marea con el Castro de Baroña, a lo largo de unos seis kilómetros.

Pero, para eso, será preciso retirar un tramo de 50 metros del pretil de piedra a lo largo de dicho vial, así como otro tramo de 250 metros de vionda, algo que autorizaron ayer los dos departamentos afectados.

Travesía a nado Concello de Porto do Son 2015


29 de agosto de 2015, ás 11:30h, praia de Coira (Portosín).

Percorrido A - 2.500 metros:
  • CAT.1: Masculino (ano 1996 e anteriores).
  • CAT.2: Feminino (ano 1998 e anteriores).
  • CAT.3: Masculino (ano 1997 e posteriores).
  • CAT.4: Feminino (ano 1999 e posteriores).

Percorrido B - 800 metros:

  • CAT. 5: Masculino (ano 1970 e anteriores).
  • CAT. 6: Feminino (ano 1970 e anteriores).
  • CAT. 7: Masculino (ano 1998 a 1971).
  • CAT. 8: Feminino (ano 2000 a 1971).
  • CAT. 9: Masculino (anos 1999 e 2000).
  • CAT. 10: Feminino (anos 2001 e 2002).
  • CAT. 11: Masculino (ano 2001 e posteriores).
  • CAT. 12: Feminino (ano 2003 e posteriores).
Percorrido C - 200 metros:
  • CAT. 13: Masculino (ano 2004 e posteriores).
  • CAT. 14: Feminino (ano 2005 e posteriores).

Inscricións ata o xoves 27 de agosto ás 13:00h. na seguinte ligazón:

Os menores de 18 anos necesitan autorización paterna/materna que se pode enviar ao correo da concellería de deportes: deportesdoson@gmail.com, ou entregar o mesmo día da competición.

XII Circuíto Galego de Augas Abertas - Travesías a nado 2015

Escola de Música Municipal. Curso 2015-2016

Escola de Música Municipal. Curso 2015-2016

Exhibición Taekwondo - Caamaño


Tradicional y espectacular exhibición de taekwondo desde 2004.

Ó Son da danza 2015


Festival "Ó Son da danza 2015", sábado 22 de agosto. Non faltedes

12 agosto 2015

DOG Nº 151 - S. X. de Política Social e D. X. de Familia e Inclusión

    RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, conxunta da Secretaría Xeral de Política Social e da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2014 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
A Coruña | Concello de Porto do Son
Financiamento básico dos servizos sociais comunitarios municipais | 30.026,00 €
A Coruña | Concello de Porto do Son
Axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes | 79.265,40 €



15 Agosto - Festa da tortilla

Comisión Festas do Carmen 2015

15  de agosto ás 20:30h na Praza de España.

II Competición de Percorridos de Caza



Sábado 15 e domingo 16 celebrarase o segundo campeonato de tiro ao plato no Monte da Enxa, Porto do Son. Contaremos con cartuchos, bebidas e carpa. Ademais obsequiaremos aos participantes cunha camiseta. Haberá carpa.

10 agosto 2015

XV edición do 3x3 do Concello de Porto do Son



Catro categorías compoñerán a XV edición do 3x3: 
- Máster (home e mulleres): Maiores de 35 anos
- Elite (homes e mulleres): 1998, 1997 e anteriores
- U-16: 1999, 2000, 2001, 2001
- Kids: 2003 e posteriores (minibasket: 2003, 2004) (premini: 2005, 2006, 2007, 2008)

O prazo de inscrición remata o 12 de agosto. O sorteo das fases previas será na sede do Club Baloncesto Porto do Son (antiga Casa da Cultura de Portosin) o 14 de agosto, e o mesmo día serán expostos no blog do club: cbportodoson.blogpsot.com

O 3x3 kid's para nenos e nenas disputarase o sábado 15 de agosto no parque de Portosín. 
Todos os nenos e nenas que desexen participar poderán facer equipos de 3 ou 4 participantes. Os equipos da categoría máster poderán estar formados por un mínimo de 3 compoñentes e un máximo de 5.

Se queres participar e non tes equipo anótate mandando un correo a cbportodoson@gmail.com


Novo Circo con Peter Punk

Teatro dos Ghazafelhos

09 agosto 2015

Nosa Señora e San Roque en Nebra

http://pacodomartelo.blogspot.com.es/
Sábado 15 de agosto, comienzan las fiestas con dianas y alboradas a cargo del grupo de gaitas Canlebó de Camboño, seguido a las 8.30 horas de la misa rezada. A las 13.30 horas, misa solemne en honor a Nosa Señora, y procesión. Al finalizar los actos religiosos, sesión vermú a cargo del grupo Pentagrama. Por la tarde, a partir de las 17.30 horas, los más pequeños de la casa podrán disfrutar de juegos populares, hinchables y la fiesta de la espuma. Por la noche, gran verbena a cargo del grupo Pentagrama y la actuación de Manolo dos Contos

Domingo 16, comienza la jornada con dianas y alboradas a cargo del grupo de gaitas Canlebó de Camboño, dando paso a las 8.30 horas a la misa rezada. A las 13.30 horas, celebración de la misa solemne en honor a San Roque, seguida de procesión. Al finalizar, sesión vermú a cargo del grupo América S.L., que también será el encargado de amenizar la verbena de la noche para poner el broche final a estas fiestas.

05 agosto 2015

Programación Cultural Agosto 2015

01 agosto 2015

San Caetano 2015