30 mayo 2015

Explicacións dos motivos pola perda das bandeiras azuis, nas praias da Aguieira e da Ornanda


Facebook de Jose Manuel Dean Pouso sexan ou non bandeira azul, as nosas praias contaran como sempre con servizo de limpeza diario durante todo o verán e tamén as principais praias contaran con servizo de socorristas. Para nos todas as praias do Concello son merecedoras de Bandeira Azul. O que temos claro desde o Concello e que seguiremos traballando na mellora das nosas praias,arranxando e poñendo en condicións os accesos as mesmas, pois consideramos que o turismo forma parte fundamental da economía do noso Concello.

28 mayo 2015

Provincial Minibásquet

26 mayo 2015

Teatro na Casa da Cultura de Portosín

Movida Urbana 2015

25 mayo 2015

Resultados de tódolos distritos electorais de O Son

http://pacodomartelo.blogspot.com.es
Ao contrario que outros que comparten cousas nosas, como foi os gráficos das eleccións sen indicar a súa procedencia, nós neste caso optamos polo contrario, para atender a petición que nos fixeron e que ningún partido foi quen de achegarnos.

24 mayo 2015

Resultados municipais 2015

Maioría absoluta para o Partido Popular
Como non podía ser de outra forma, felicitar a Luís Oujo e ao seu equipo por esta sufrida vitoria, xa que o último edil electo foi para o seu partido.

Desfeita total no BNG que perde un edil. O PSOE tamén perde outro, pero pasa a ser a segunda forza.

A gran sorpresa da noite deuna Portodos, quedando como terceira forza, e por número de votos relega ó BNG, ao vagón de cola.

Resultados: Porto do Son

Eleccións municipais 2015 (directo)

Última actualización 22:38h 100%
  • Escrutinio en directo pola CRTVG



  • Emisión en directo de a7 Canal Rías Baixas (preme no botón de Play)

22 mayo 2015

21 mayo 2015

Por favor, un pouco de respecto

A postura sobre que comentarios podían ser considerados como irrespectuosos,  ímosllas detallar para que entenda os nosos criterios.

- Acúsanos de manipulador
Deixamos claro que os comentarios que buscaban difamar a persoas que nada teñen que ver coa política ían ser eliminados. Non queremos que isto se converta nun espazo onde dar renda solta a insultos, denigración ou vinganzas persoais a outras persoas.

- Acúsanos de covarde
Aceptar todo tipo de acusacións a persoas sen probas, comentarios de tirar a pedra e agochar a man, ou os cualificativos para dirixirse a alguén que poden motivar o enfado desa persoa; son agravantes que poden ocasionar a denuncia do blog ou que nolo pechen, e iso é unha cousa que non nos agradaría e supoñemos que á maioría dos que o seguides, tampouco.

- Acúsanos de partidista
O comentario que tanto destaca de xaneiro, non foi revisado. Escribiuse nunha época onde se dou liberdade total de publicación no blog, ningún comentario se revisaba, estaban abertos, e non houbo ningún problema ata o 24 de abril, data na que se fixo o comentario que motivou volver a moderar. En todo o tempo que os comentarios eran libres, só houbo unha solicitude enviada ao correo para eliminar un comentario, petición que foi atendida. Ao considerar vostede que o comentario ese é irrespectuoso, actuamos en consecuencia.

Se está de acordo, esta é a nosa postura e criterios, esperamos que o asunto remate. Somos humanos, nun momento onde se nos machaca por un tema podemos considerar insultos cousas que ao final non tiñan tanta importancia. Para nada queremos agochar comentarios ou eliminar probas. Se non se publicaron os seus outros comentarios foi por evitar unha escalada nos "dixen, dixestes" que non levan a ningures (de novo, acción que tampouco puido ser correcta, mais a súa insistencia fíxonos actuar dese xeito).

19 mayo 2015

15 mayo 2015

Día Mundial del Reciclaje

13 mayo 2015

Concerto das Letras Galegas 2015


Bos días:

O próximo domingo 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas as 21:00 horas, a Asoc. Musical Francisco Olveira Santos en colaboración co Concello de Porto do Son, organiza un concerto onde se estrea a obra do noso compañeiro Xosé Carlos Seráns Olveira, destacado músico de Xuño. É unha obra para quinteto de vento dedicada a nosa parroquia que se titula "Ondas do mar de Xuño". Será interpretada polo Quinteto de vento Equa Ensemble. Ademais, o propio Xosé Carlos explicará en que consiste a súa obra.

Tamén terá cabida no concerto os pequenos pandereteiros do Grupo Os Rexoubeiros e o coro da Asoc. de Veciños SARTAXAS de Xuño.

Esperamos a vosa asistencia, gracias e un saúdo

Manel Santos
652914016
Pte. Asoc. Musical Francisco Olveira Santos

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación urxente, para contratar o servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña (campaña verán 2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4º. Teléfono: 981 18 57 10.

5º. Fax: 881 88 12 50 / 981 18 57 01.

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: expediente 33/2015.

1º. Servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 20 de xuño de 2015 ata o 3 de setembro de 2015, segundo os períodos relacionados no prego.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV 2008: 55000000-1, 50700000-2 e 90910000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento oitenta e un mil trescentos oitenta e catro euros con cincuenta e cinco céntimos (181.384,55 euros). IVE (10 %): dezaoito mil cento trinta e oito euros con corenta e cinco céntimos (18.138,45 euros). Importe total: cento noventa e nove mil cincocentos vinte e tres euros (199.523,00 euros).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura da proposta.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar. C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: a hora e data serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 4 de maio de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

O ISSGA formará ao sector no correcto uso do chaleco salvavidas

O ISSGA convoca 9 cursos prácticos de formación en materia de actuación en caso de accidente e utilización axeitada do chaleco salvavidas e outros medios de salvamento e protección no sector pesqueiro que se desenvolverán en concellos das provincias de Pontevedra – Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove e Cambados – e A Coruña – Porto do Son, Muros, Outes, A Pobra do Caramiñal e Boiro-.
PORTO DO SON (Portosín)
Prazo de inscrición: antes do 15/05/2015- Data: 22/05/2015 16:30-20:30
- Lugar: Confraría de pescadores Peirao s/n – 15999 Portosín   
Os cursos son gratuítos, teñen unha duración de 4 horas e contan con 15 prazas. 

O obxectivo dos cursos é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais nestes sectores.

Ligazóns de interese

Descargas
PDF - Resolución
PDF - CRONOGRAMA

Adxudicación de vehículos, motocicletas e equipamentos

Mediante a Orde do 6 de febreiro de 2015 (DOG núm. 26, do 9 de febreiro) a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convocou unha liña de subvencións para o ano 2015 que establecía as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con corpo de policía local, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
CIF: P1507200B
Concello: Porto do Son
Equipamento: Vehículo tipo turismo e motocicleta tipo trail 

Portos de Galicia promocionará los puertos deportivos en Irlanda

El presidente del ente público promocionará la oferta náutica de Galicia los días 14 y 16 de este mes en Cork y Kinsale

Portos de Galicia promocionará durante los próximos días la oferta náutica de los puertos deportivos de titularidad autonómica en Irlanda, según ha informado el presidente del ente público, José Juan Durán.

En rueda de prensa, en la sede del organismos portuario coruñés, ha explicado que Portos de Galicia encabezará la delegación de gestores y operadores náuticos que realizarán diversas acciones promocionales entre los días 14 y 16 de este mes en las ciudades irlandesas de Dublín, Cork y Kinsale.

Entre otros, participarán los gestores de los puertos deportivos de Pedras Negras (O Grove), Portosín (Porto do Son), Viveiro, Portonovo, A Pobra do Caramiñal y Muros, así como el presidente de la asociación de náutica de Galicia. Esta actuación está organizada en colaboración con Turespaña, la Embajada de España y el Instituto Cervantes.

El objetivo de estas actividades es, según Portos de Galicia, la búsqueda de acuerdos internacionales que favorezcan el flujo de navegantes y el intercambio de usuarios entre los clubes náuticos irlandeses y los puertos deportivos gallegos.

XV Concurso Nacional Canino Concello de Porto do Son


Data: 28 de xuño - Lugar: Explanada Portuaria do Concello de Porto do Son
O concurso será ao aire libre. Aconsellamos levar parasol propia ou pérgola.

Programa de turismo social para maiores do Imserso



Prazo de presentación de solicitudes do 4 de maio ao 5 de xuño, no departamento de Servizo Sociais do Concello.

12 mayo 2015

Tapas Mariñeiras

24 e 25 de maio - II xornadas de tapas mariñeiras

Movida Urbana 2015


Interesados en participar como Monitores na Movida Urbana 2015, deberán presenta-los currículos antes do 30 de maio

Alfombra de Corpus 2015


O colectivo de xente que organiza a Alfombra de Corpus 2015 empezará a traballar a partir do 25 de maio de luns a sábados nas instalacións do club náutico de Porto do Son.

Precisan voluntarios para cortar a flor e un gran número de persoas para a elaboración da alfombra na noite do 6 de xuño.

09 mayo 2015

Accidente de aviación militar

Un avión airbús militar estrelouse ao norte do aeroporto de Sevilla. Na nave viaxaban entre oito e dez persoas que, segundo parece, faleceron no sinistro. http://www.crtvg.es/informativos/catro-persoas-morren-ao-se-estrelar-un-avion-militar-en-sevilla-1142967


Populares de Porto do Son
Con motivo do accidente de aviación militar en Sevilla e en solidariedade coas víctimas suspéndense tódolos actos electorais previstos para hoxe.
Queda suspendido polo tanto o mitín do Partido Popular en Nebra.
https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=990334634310211&id=222227781120904

Campionato Selectivo mar-costa 2º día, 16 de maio


A Concentración Autonómica está convocada pola Federación Galega de Pesca e Cásting, sendo responsable da súa organización a Delegación Provincial desta Federación en A Coruña baixo a supervisión do Comité Técnico da especialidade. A Competición rexerase polo Regulamento de Competición de Pesca Deportiva e Cásting da F.E.P. e C.

Lugar e Data: Desenvolverase en A Coruña, praia de AGUIEIRA (PORTO DO SON). Como alternativa Praia de Aguiño.
Na data do 16-05-2015

Concentración: Restaurante Parrillada Fontan en praia Aguieira, ás 14:30 horas
Aguieira, 14 - NEBRA - 15978 Porto do Son (A Coruña) 981767254 (concertado menú a 10 euros)

Asistencia Deportistas:
Cómpre que tódolos deportistas confirmen a súa asistencia, antes do 13 de maio de 2015, ós Delegados Provinciais.

Segundo acordo asembleario será obrigatorio que cada Club achegue unha persoa para facer labores de Control. O non cumprimento deste acordo conlevará que os membros do Club non poderán participar na competición.

Clasificacións e altas-baixas:
Os catro primeiros clasificados dos selectivos formarán o equipo que representará a GALICIA no Campionato Nacional da especialidade.
Manterán a categoría, os 16 primeiros clasificados.
O resto de participantes baixarán da Alta Competición, pasando a competir no vindeiro Campionato Autonómico.

Bases e programa:http://www.fgpesca.org/docs/2015/bases/S_MC_dia2.pdf

5ª Xornada de emprego


5ª SESIÓN:" Cómo optar a un emprego na Administración Pública"‏
Data: mércores 27 de maio de 2015.
Hora: 16:30h.
Lugar: Centro de Interpretación do Castro de Baroña

Concerto das Letras Galegas


O Día das Letras Galegas, ás 21:00h na Casa de Cultura de Xuño. Organizado pola Asociación Musical Francisco Olveira Santos e coa colaboración do Concello de Porto do Son. Tamén actuarán o Coro Sartaxas e as pequenas pandereteiras dos Rexoubeiros.

https://www.facebook.com/banda.decaamano

08 mayo 2015

Convocatoria Pleno, venres 8 maio


Venres 8 de maio de 2015, ás 20:30 horas no Salón de Actos da antiga Casa Consistorial.

http://javierqtaboada.org/novas.html

07 mayo 2015

ITV agrícolas Campo de Fútbol de Caamaño

ITV agrícolas Campamento de Loreto

Listaxe provisional Escola Infantil

Listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Porto do Son para o curso 2015-16.

04 mayo 2015


O colectivo de xente que organiza a alfombra de Corpus comunica que o día 7 de maio ás 20.00 horas terán unha reunión no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

Rogan asistencia e colaboración.

Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

IV Festa da Lectura na Casa da Cultura de Porto do Son

Os centros escolares de Porto do Son celebraron o pasado 22 de abril a IV Festa da Lectura co Galo Mirindolo con motivo da celebración do Día do Libro, os centros de Portosín, Nebra, Baroña, Caamaño, Carballosa, Seráns e Xuño, coordinados polo equipo de biblioteca do IES de Porto do Son, poñen o colofón ás actividades colaborativas desenvolvidas ao longo deste curso coa celebración da xa tradicional Festa da Lectura na Casa de Cultura de Porto do Son. Nela presentan unha Guía na que ofrecen unha selección de libros, discos e películas distribuídas por idades, na que participa tamén a Biblioteca Pública Municipal "Xerardo Díaz Fernández" e que foi custeada polo Concello. Esta será repartida ás familias dende os centros e a Concellaría de Cultura. A estrela da celebración foi o Galo Mirindolo, protagonista dun dos libros recomendados, a Xente Corrente. Galo Mirindolo, de Tino Fuentes, Fernando de Castro e Xoglares, editado por AgaSalle. Trátase dun libro disco co que o alumnado vén traballando que permite formar os pequenos lectores na educación vial de forma lúdica e eficaz. Katsuma Sampedro e Ángel González, alumnos do instituto forman parte tamén do espectáculo. As escolas contaron cunha aportación de Abanca.

02 mayo 2015

Acto presentación Portodos

O domingo, 3 de maio, presentación de Portodos, na casa de cultura de Porto do Son.
https://www.facebook.com/events/375034329355761/

Actividades maio - ANPA O Campo


Actividades Maio - ANPA O Campo.
- 5/05 Taller de reciclaxe de papel
- 6/05 Charla biodiversidade
- 7/05 Elaboración carteis da Flora
- 9/05 Andaina polo monte Dordo

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1625744627661579&set=a.1381823848720326.1073741828.100006781713579&type=1