Segundo aclara hoxe en nota de prensa o portavoz municipal do Psoe sonense, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, "en 2005, a Deputación da Coruña, sendo o seu presidente, Salvador Fernández Moreda e Deputado de Deportes, espúxose a necesidade de proxectar
Piscinas Municipais a costes moi baixos tanto na súa construcción coma no seu mantemento para os concellos de Cariño, Rianxo e Porto do Son. Facer unha piscina con orzamentos ilimitados ou simplemente desproporcionados a unha realidade é moi doado: basta con deixarse levar polas ganas de proxectar baixo parámetros lonxe da rigorosidade do construído. Un exemplo claro pode ser o da Piscina Municipal do concello de Muros, piscina que alcanzou os 3 millóns de euros, ou a que se proxectou e pagou dito proxecto o PP de Porto do Son hai só dous anos –sendo alcalde Manuel Tomé- que elevaba o proxecto da Piscina Municipal do Son a case 2’5 millóns de euros. Iso si que é un exemplo claro de despilfarro indecente non só por pagar un proxecto dúas veces, senón ao intentar colar unha piscina desproporcionada á realidade dun concello pequeno e lonxe de poder financiarse por si mesma. Eran as ilusións carísimas do anterior alcalde do PP do Son".
Os socialistas de Porto do Son aportan os datos das outras piscinas para que se reflicta a realidade da deste municipio:
Piscina de Cariño
Estado : en funcionamiento.
Empresa adxudicataria obras: Alcuba s.a.
Orzamento do proxecto: 1.562.632 €
Reformados: Un a coste 0 €, é dicir, non houbo aumento presupuestario.
Superficie destinada en sótanos ás instalacións:
- Sala de caldeiras: 60,00 m 2 (11,30 m x 5,30 m)
- Cuarto de instalacións: 21,20 m 2
Bomba de calor colocada e proxectada: Roca BCP-60, 96.210 Kcalorias/hora.
Coste bomba de calor: 29.768,54 €
Dimensións bomba de calor: 4,12 metros x 2,20 metros e corredor lateral
practicable de 1 metro.
Piscina de Rianxo
Estado : en funcionamiento.
Empresa adjudicataria obras : Hispanica s.a.
Presuposto do proxecto: 1.676.528,00 €
Reformados : Un a coste 0 €, é dicir, non houbo aumento presupuestario.
Superficie destinada en sótanos ás instalacións :
- Sala de caldeiras : 60,00 m2 ( 11,30 m x 5,30 m)
- Cuarto de instalaciones : 21,20 m 2
Bomba de calor colocada e proxectada : Roca BCP-60, 96.210 Kcalorias/hora
Coste bomba de calor: 29.768,54 €
Dimensións bomba de calor: 4,12 metros x 2,20 metros e corredor lateral practicable de 1 metro.
Piscina de Porto do Son
Estado: En fase de execución.
Empresa adjudicataria obras: COPCISA s.a.
Presuposto de proxecto: 1.663.024,98 €
Reformados : Camiño de un aumento presupuestario de 200.000 €, segundo anuncia o equipo de goberno do PP-AVS de Porto do Son.
Superficie destinada en sótanos ás instalacións:
- Sala de caldeiras: 61,00 m2 (11,90 m x 5,12 m)
- Cuarto de instalacións: 25,60 m2
Bomba de calor proxectada : Sen marca e potencia calorífica 96.210 Kcalorias /hora
Custo bomba de calor: 32.860,77 €
Dimensións bomba de calor: 4,12 metros x 2,20 metros e corredor lateral practicable de 1 metro.
Segundo Pastor Rodríguez, "no que atinxe á información do que se di de que hai uns muros a menos de 2,00 metros da liña de alta tensión, segundo os planos da piscina municipal de Porto do Son, o extremo máis cercano está a 5,00 metros da liña e o máis apartado a 16,00 metros. No segundo Plan E do goberno do Estado (FEESL), cuxa dirección de obra foi feita pola Arquitecta Municipal do Concello, proxectouse exactamente baixo o topográfico da piscina".
Engano de 200.000 euros
Polo tanto, prosegue, "está claro que a construtora fixo unha baixa forte cando se presentou ao concurso da Piscina, e que agora ten que pagar favores técnicos ou doutro tipo. O que é imposible e, ao noso xuízo, escandoloso, é como os técnicos se prestan a este xogo de facer un reformado de 200.000 €. Un disparate maiúsculo. Os proxectos, por sentido común, deben ser dirixidos polos arquitectos proxectistas, pois son eles os auténticos coñecedores de todas as partes de todo o proxecto. A primeira fase, executada polo goberno anterior foi dirixida pola arquitecta municipal debido a que os nosos socios de goberno, o BNG, non querían que os técnicos redactores do proxecto dirixisen esa fase e que o fixese a técnica municipal como así foi".
E remata o voceiro socialista sinalando que "neste momento, debido ao engano que quere facer o goberno do PP-AVS do Son, con ese aumento de 200.000 €, o técnico redactor do proxecto da Piscina Municipal de Porto do Son, o mesmo que elaborou a de Rianxo e Cariño, está disposto a executar o proxecto sen acudir a reformado ningún que supoña coste 0 € ao Concello do Son. É máis, realizará o seu traballo profesional cun coste do 50% menos ao contratado, para así demostrar que unha xestión eficaz é aquela que traballa a favor do aforro dos cartos do Son".
Vía:
Certo
Xosé
21/05/2012
19:38:38