30 junio 2015

1º concurso de tapas - Feira mariñeira



10 locais, 10 tapas, só un gañador e ti decides. Proba alo menos 4 tapas nos locais participantes no I Concurso de Tapas Mariñeiras e decide cal é o vencedor mediante a túa valoración. Convirtete en crítico gastronómico probando a mellor materia prima. FEITO EN PORTOSÍN.

29 junio 2015

A gran fraude das Bandeiras Azuis

As Bandeiras Azuis son unha gran fraude denunciada xa hai tempo por moitos colectivos ecoloxistas xa que as bandeiras azuis hai tempo que non teñen ningún aval técnico, nin científico, nin administrativo da Unión Europea. Son promovidas por un conxunto de asociacións privadas ligadas ás empresas turísticas. A acumulación de fraudes e denuncias na súa obtención fixo que a Comisión Europea retiráselle o apoio económico e desmarcásese da campaña hai xa 9 anos. En España é a asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC) a encargada da súa concesión.

A concesión das bandeiras azuis non segue criterios ambientais rigorosos. Ten que ver máis cos equipamentos da praia, os accesos ou os servizos, que coa conservación da natureza no litoral ou coa ausencia de verteduras. Aínda que teoricamente esíxense requisitos ambientais, iso pouco impórtalles. De feito, ninguén desta asociación inspecciona nunca as praias ás que outorgan bandeiras azuis, bástalles coa información que lles manda cada Concello.

Fraude de las banderas azules

27 junio 2015

Feira Mariñeira, Portosín 2015



http://portodoson.org/portosin-feira-marineira-2015

https://www.facebook.com/BurguerSalsa/videos/863114893754659/



Feira Mariñeira 2015.4 e 5 de Xullo.#feiramariñeira
Posted by Burguer Salsa on Mércores, 24 de Xuño de 2015

http://portodoson.org/autorizacions-feira-marineira-de-portosin

PDF - Condicións para o outorgamento de autorizacións para a instalación de postos de venda
PDF - Modelo de instancia de solicitude

26 junio 2015

Bases selección socorristas, brigada incendios e condutores


Bases de selección para contratar persoal laboral temporal:
- Socorristas (17 prazas).
- Brigada incendios (1 praza capataz, 1 praza peón condutor, 3 prazas peóns brigada).
- Condutores vehículo motobomba (2 prazas).

PDF: Bases contratación.pdf

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=769257649858175&id=228986337218645
1 CAPATAZ, 1 PEÓN CONDUTOR E 3 PEÓNS BRIGADA CONTRA INCENDIOS
O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 29 de xuño de 2015

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=769252683192005&id=228986337218645
17 SOCORRISTAS PARA O CONCELLO DE PORTO DO SON
A selección realizarase por sondaxe de persoas demandantes ca ocupación de socorristas na Oficina de Emprego de Boiro. Unha vez remitidos pola Oficina de Emprego deberán presentar a correspondente solicitude dirixida ao Alcalde, consonte ao modelo que se facilitará nas oficinas municipais. O prazo de presentación de solicitudes será de 3 días hábiles a contar desde o día seguinte ao chamamento telefónico por parte do Concello aos/as aspirantes enviados/as pola Oficina de Emprego.

24 junio 2015

Pleno extraordinario: 25 xuño, 20:00h

https://www.facebook.com/psoe.portodoson/posts/421594174692324

Convocado pleno extraordinario para o xoves día 25 de xuño ás 20:00 horas no que se establecerán a periodicidade dos plenos e os soldos do alcalde/concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial.

20 junio 2015

Festival fin de curso 2015


Festival fin de curso musical en rigoroso directo a cago dos alumnos e alumnas da escola de música moderna.

Xurado Concurso de Carteis Feira Celta 2015

Queda designado o Xurado que escollerá o cartel gañador que representará a Feira Celta 2015 de Porto do Son.

Feira Celta 2015. Designación do Xurado.pdf

19 junio 2015

Contratación persoal Verán 2015

Bases de contratación de persoal laboral temporal para 2015

Publicación listado e data de exame de peón limpeza de praias.

Publicación listado e data de exame de capataz limpeza de praias

Publicación Actas do Tribunal de selección: capataz e peón

Acta Tribunal peón.pdf

Acta Tribunal capataz.pdf

17 junio 2015

Concurso Nacional Canino

Final Copa do Concello

16 junio 2015

Contratación persoal Verán 2015

Bases de contratación de persoal laboral temporal para 2015

Publicación listado e data de exame de peón limpeza de praias.

Publicación listado e data de exame de capataz limpeza de praias

Listado capataces de praia.pdf
Listado peóns limpeza de praias.pdf

Informática para nen@s verán 2015 en Porto do Son


Organiza: Anpa O Campo (Porto do Son)

12 junio 2015

III Pequebasket Concello de Porto do Son, 13 e 14 xuño

https://www.facebook.com/cbporto.doson


http://cbportodoson.blogspot.com/2015/06/babybasket-e-preminis-no-primeiro-dia.html

O sábado 13 de xuño será o primeiro dos dous días dos III Encontros Pequebasket Concello de Porto do Son.

A hora de inicio está prevista para as 10:45 con 5 canchas non pararán un segundo ata as 19:00 horas.

I Trofeo OBM Concello Porto do Son, 27 xuño



Organiza: ADC Arnela. Máis información:http://adcarnela.wix.com/web#!obm-porto-do-son/c1mzs

Presentámosvos o primeiro evento que imos a organizar a nivel galego. Trátase dunha proba de OBM e, desde esta páxina, tentaremos achegar toda a información que vos poida axudar nun primeiro acercamento a esta disciplina. Estade atento ás novas...

Movida Urbana 2015

Participación na Feira Celta 2015

As Asociacións sen ánimo de lucro que queiran participar na Feira Celta 2015 deberán entregar a solicitude que figura no adxunto antes do 10 de xullo. Entregar no rexistro do Concello.

Solicitude participación Asociacións sen ánimo de lucro.pdf

11 junio 2015

Pleno constituinte de Porto do Son

Sábado ás 12 do mediodía celebrarase no Salón de actos da antiga Casa Consistorial, o pleno extraordinario no que se constituirá a nova Corporación Municipal de Porto do Son.

Nel tomarán posesión os/as novos/as edís.
Polo PARTIDO POPULAR (P.P.)
1. JOSE LUIS OUJO POUSO
2. MARIA JOSE MANEIRO QUINTÁNS
3. JOSE MANUEL DEAN POUSO
4. JUAN JESUS PEREZ SANTOS
5. MARIA MAGDALENA PEREZ MILLARES
6. ANTONIO ROMERO RIBEIRO
7. JOAQUIN GARCIA GARCIA

Polo PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA - PSOE (PSdeG-PSOE)
1. JOSEFA MARIA HERMO GARCIA
2. LUIS GARCIA GACIÑO


Por PORTODOS:
1. MARIA ASUNCION TORRES PARADA
2. JUAN ANTONIO RODRIGUEZ GARCIA


Polo BLOQUE NACIONALISTA GALEGO-ASEMBLEAS ABERTAS (B.N.G.)
1. MARIA ANGELA FRANCO POUSO
2. XOAN XOSE LEON MARTINEZ


10 junio 2015

09 junio 2015

Contratación persoal Verán 2015




http://portodoson.org/ - (9/xuño/2015)

Bases de contratación de persoal laboral temporal para 2015

PDF - Bases peón limpeza de praias  
PDF - Bases cuadrilla de obras e servizos  
PDF - Bases capataces limpeza de praias  
PDF - Bases brigada mantemento e acondicionamento de infraestructuras  
PDF - Bases auxiliar de axuda no fogar  
PDF - Bases auxiliar de turismo

Pleno extraordinario - Mércores 10 xuño


Para mañá mércores 10 de xuño hai convocado un pleno extraordinario da actual Corporación Municipal, ás 12:00 horas na antiga Casa do Concello de Porto do Son (Centro de Interpretación do Castro de Baroña). Como único punto do dia, a aprobación da acta do pleno anterior.

Clausura das Escolas de Música Municipal 2015

Remata a escavación que deixou á vista a dobre muralla defensiva do castro de Baroña

Máis información: http://www.crtvg.es/- (08/06/2015)


Rematou a última escavación arqueolóxica no castro de Baroña, en Porto do Son, que sacou á luz a primeira muralla que se construíu. Tamén se atopou unha escaleira con chanzos compensados. O director da escavación considera que os traballos de restauración lle deron ao castro unha maior monumentalidade.

É a imaxe do castro de Baroña tras a última escavación arqueolóxica.  Os traballos de restauración remataron a semana pasada e deixan algunhas vistas inéditas, coma este foso en que os arqueólogos sinalan as marcas das rodadas dos carros. Pero, a obra principal de restauración foi sacar á luz a primeira muralla que se construíu no castro.

"É a primeira muralla que se construíu cun sistema moi interesante, en chanzos, ten uns seis metros. Temos unha secuencia de sedimento de terra da que tomamos mostras e esperamos poder datar o sistema defensivo e a súa evolución". Outro dos achados é unha escaleira dobre con banzos compensados. Os tres anos de traballo no castro deixan á vista as dúas murallas, pero os arqueólogos consideran que queda moito que facer e moitas preguntas por responder.

"Non están previstas novas escavacións. Habería que continuar con toda a muralla, polo sector onde o xacemento está bastante enmascarado coas antigas restauracións e, en principio, habería que escavar todo ese sector". As primeiras escavacións en Baroña fixéronse hai oitenta anos. A diario visítano excursións de turistas e escolares. Durante a última Semana Santa, máis de catro mil persoas pasaron polo centro de información.

XIV Campamento de Monagos de Galicia


Del 10 al 16 de julio en Porto do Son para monaguillos y niños de 9 a 15 años

¿Para quién?
Sólo para monaguillos y niños entre 9 y 15 años que asistan a catequesis o que ayudan en las parroquias.

Y solamente podrán ir los 20 primeros que se apunten de cada diócesis así que date prisa mira tu agenda y díselo a tus padres y mándanos la inscripción cuanto antes.

Organiza
Delegación de Pastoral Vocacional de Galicia

Información e inscripción
Delegación de Pastoral Vocacional - Santiago de Compostela
Seminario Mayor
Plaza de la Inmaculada, 5
15704 Santiago de Compostela
Telf.: 981 58 30 08/09

Resolución do DOG nº 103 do 2015/6/3 - Xunta de Galicia

Máis información: http://www.xunta.es/dog/ - PDF - DOG 103, Páx. 21657 - (3/xuño/2015)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso escolar 2014/15 (ED101C).
Nome do centro: CEIP de Campanario
Nº de alumnos: 60
Parcial alumnos: 0,60
Parcial calidade: 15,50
Puntuación total: 16,10
Importe solicitado: 600
Importe concedido: 334
Nome do centro: CEIP de Portosín
Nº de alumnos: 119
Parcial alumnos: 0,90
Parcial calidade: 14,50
Puntuación tota: l15,40
Importe solicitado: 1.420
Importe concedido: 319     
Nome do centro: CEIP Santa Irene
Nº de alumnos: 207
Parcial alumnos: 1,50
Parcial calidade: 13,00
Puntuación total: 14,50
Importe solicitado: 2.250
Importe concedido: 301
Nome do centro: CEIP Sobrado Nebra
Nº de alumnos: 48
Parcial alumnos: 0,30
Parcial calidade: 14,50
Puntuación total: 14,80
Importe solicitado: 625
Importe concedido: 300      
Nome do centro: IES de Porto do Son
Nº de alumnos: 411
Parcial alumnos: 2,70
Parcial calidade: 13,00
Puntuación total: 15,70
Importe solicitado: 602
Importe concedido: 326

Resolución do DOG nº 106 do 2015/6/8 - Xunta de Galicia

Máis información: http://www.xunta.es/dog/ - PDF - DOG 106, Páx. 22150 (8/xuño/2015)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xaneiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Entidade: Concello de Porto do Son
Proxecto: Equipamento das casas da cultura
Subvención: 3.136,04 €


Ánxela Franco tomará posesión como concelleira do BNG-Asembleas Abertas

Máis información: http://bng.gal/portodoson/ - (8/xuño/2015)

Reconsidera a súa decisión diante do acordo da asemblea local de Porto do Son de non aceptar a súa renuncia

O responsábel local do BNG de Porto do Son, Santiago Suárez, manifestou que "Ánxela Franco tomará posesión como concelleira do BNG-Asembleas Abertas, logo que a asemblea de Porto do Son, realizada o pasado xoves, rexeitase aceptar a súa renuncia".

Ánxela Franco puxera a súa acta de concelleira a disposición da asemblea, mais esta, segundo informou o responsábel local do BNG, "por razóns organizativas e do traballo político na institución local considerou oportuno a súa continuidade polo apoio recibido por preto dos 900 veciños e veciñas do noso concello".

Santiago Suárez, responsábel local do BNG, declarou, por outra parte, que "Xoán Xosé León tomará posesión como concelleiro en substitución de Xosé Manuel Alonso, actual concelleiro, que non recollerá a súa acta por problemas persoais de última hora que lle van impedir realizar a súa actividade política coa normalidade que precisa este cargo".

Santiago Suárez, dixo finalmente que "a asemblea local do BNG de Porto do Son tomou boa nota dos resultados das pasadas eleccións e é consciente da necesidade da súa renovación. Non é o momento de tomar decisións que poidan dificultar o noso labor no concello nos vindeiros catro anos. A asemblea agradece o apoio ás 888 persoas que confiaron e deron o seu voto á nosa candidatura e noso compromiso con elas vai ser o traballo desde o primeiro día".

Segunda audición del certamen de música tradicional Interritmos-Deloa en Outes

Máis información: http://www.paideia.es/ - moon (6/xuño/2015)

Los tres ganadores de la audición celebrada en Outes del Certamen "Interritmos Deloa: Reactivación do patrimonio inmaterial a través da música tradicional dos espazos rurais", han sido el grupo Leña Verde Madurou, de Rois, la agrupación folclórico-cultural "O Pedrón", de Padrón y la coral de la asociación de vecinos "O Peirao" de O Freixo, de Outes.

Cada uno de los premiados podrá grabar el tema interpretado en el certamen, en el estudio de grabación profesional MANS, en A Coruña.

En la audición del sábado han participado un total de 8 grupos: 2 grupos del ayuntamiento de Outes (Coral da Asociación de veciños "O Peirao" de O Freixo y la Coral Francisco Añón), dos grupos del ayuntamiento de Rois (Leña Verde Madurou y As Repeniqueiras de Urdilde), un grupo del ayuntamiento de Boiro (O Aquel de Aquelar), otro del ayuntamiento de Padrón (Agrupación folclórico – cultural "O Pedrón"), otro del ayuntamiento de Muros (Coral "Don Diego de Muros") y otro de Porto do Son (Coral "Virxe do Carmen").

Fuera de concurso participó el grupo Fiadeira.
Todos los participantes han recibido un diploma acreditativo de su participación y clasificación.

A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte

Máis información: http://www.quepasanacosta.com/ - Xosé María Lema Suárez (4/xuño/2015)

Un dos capítulos máis novidosos do noso libro “50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014)” é o que denominamos a súa “Prehistoria, os antecedentes remotos da entrada do fútbol nas diferentes bisbarras da Costa da Morte”. Investigando nas hemerotecas dos diferentes xornais coruñeses (La Voz de Galicia, El Ideal Gallego), das revistas comarcais (Nerio de Corcubión) e dos emigrantes que por aquel entón estaban en América (El Correo de Galicia, Alborada da ABC de Corcubión, As Dúas de Buenos Aires) localizamos as primeiras crónicas dos partidos amigables disputados entre mozos das vilas da Costa da Morte.

Deste xeito, pódense ler tal como foron redactadas as crónicas dos que foron os primeiros partidos disputados por clubs das vilas da beiramar (Malpica, Ponteceso, A Ponte do Porto, Muxía, Cee, Corcubión, O Pindo ou Muros) e do interior (Carballo, Buño, Baio, Zas ou Vimianzo). Crónicas moi vivas nas que aínda se escribían as palabras inglesas tal cal sen a adaptación que anos máis tarde sufrirían: «football» (que se pronunciaba á inglesa: «fubol», cargando o acento na última sílaba); «team» (equipo), «referee» (colexiado), «back» (defensor), «shoot» (xute). Mesmo se escribía «kick-off» para definir o saque de honra que, polo xeral, realizaba unha señorita da localidade anfitrioa (por certo, que era ela quen entregaba cadanseu ramo de flores ós capitáns dos dous equipos, e non ó revés).

O primeiro partido documentado ata o de agora xogouse un 12-06-1921 na localidade de Muros, entre o equipo local e o Atalaya do Porto do Son. Na crónica, asinada po P. Galindo e publicada pola revista Nerio de Corcubión (1-7-1921), dise que eran equipos infantís, pero hai que ter en conta que daquela a maioría de idade andaba polos 23 anos e a saber como eran aqueles «infantes».

Unha das anécdotas daquel encontro foi que se cambiou de árbitro no descanso «por divergencias surgidas» entre os dous equipos (veñen os nomes dos dous «referees»).

The Homens estarán en la sala Capitol el próximo 12 de junio

Máis información: http://desconcierto.com/ - DSC (3/junio/2015)

Tras cuatro años en los que han estado dando vida a distintos proyectos entre los que podemos destacar a Grampoder, The Homens vuelven a la carga con un único concierto que tendrá lugar en la Sala Capitol el próximo 12 de junio. En esta cita estarán acompañados por la banda de Porto do Son, The Lost Omelette Makers: https://www.facebook.com/TheLostOmeletteMakers.

Con dos ep, un par de álbumes y su presencia en distintos recopilatorios de distinto pelaje, The Homens eran una auténtica fuerza de la naturaleza en directo y desplegaban temazos como “Perfecto“, “Calamar“, “Fanny Mae” o tantos otros. Un cruce perfecto de tres personalidades musicales donde el power pop salpicado de salitre se mezclaría con la retranca gallega de alta precisión.

La reunión de Martín Wu, Le Roi y Xocas iba a plasmarse el pasado mes de julio en el 2013 pero la tragedia del tren Alvia ocasionó que pospusiesen la cita en solidaridad con las victimas y sus familiares. En esta ocasión The Homens estarán acompañados por un montón de buenos amigos que subirán al escenario haciendo las delicias de los asistentes y es que si, pinta como un concierto histórico.

Por si fuera poco, el público puede solicitar a la banda sus peticiones personales a través de este formulario. Las entradas se encuentran a la venta al precio de 8 euros en anticipada y 10 euros en taquilla en los lugares habituales: A Reixa Tenda y Miranda cultura para levar.

05 junio 2015

Escolas de música municipais. Curso 2015-2016. Prematricula


02 junio 2015

Movida Urbana 2015

01 junio 2015