31 marzo 2015

XV Xuntanza de confraternidade para os nosos maiores


Venres 1 de maio
12:00h, misa na igrexa de San Vicente de Noal
14:00h, xantar no Pavillón Santa Irene

Conversa co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo.

Espazo de entrevistas, conducido por Silvia Castiñeiras.

Interritmos DELOA


O 8 de maio terá lugar o SEMINARIO “Música tradicional e industria musical. Coñecementos necesarios para os grupos emerxentes” na sede da Asociación de Desarrollo Local Deloa (Lugar de A Escravitude, s/n, 15980 Padrón). Xuntamos díptico e cartel. Inscricións en www.deloa.es/seminario ou no 981 817 000. Asistencia gratuíta. Aforo limitado.

CERTAME DE MÚSICA TRADICIONAL. Constará de dúas audicións:

2.1- AUDICIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL NO CONCELLO DE BOIRO: que terá lugar o día 16 de maio ás 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura Ramón Martínez López, Avda. da Constitución, nº 30, 15930 Boiro. Inscrición hasta o 10 de maio de 2015.

2.2- AUDICIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL NO CONCELLO DE OUTES: que terá lugar o día 6 de xuño ás 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Outes,  Avda. de San Campio, nº 1, Serra de Outes 15230  Outes. Inscrición hasta o 31 de maio de 2015.

 Inscricións en www.deloa.es/certame , no 981 817 000 ou enviando a ficha de inscrición que se xunta cumprimentada ao mail deloa@deloa.es.

No adxunto podedes descargar o cartel informativo, as bases reguladoras do certame e a ficha de inscrición.

SOLICITUDE_PARTICIPACION_CERTAME.pdf
PROGRAMA SEMINARIO MUSICA INTERIOR DEF.pdf
PROGRAMA SEMINARIO MUSICA EXTERIOR DEF.pdf
CARTEL SEMINARIO 2015 DEF.pdf
CARTEL CERTAMEN INTERRITMOS DELOA 2015.pdf
BASES CERTAME Reactivación do patrimonio inmaterial a través da música tradicion

30 marzo 2015

Quedada Andaina - Roteiro temático



Xoves 2 de abril, organizase unha andaina popular que sairá dende o Concello ás 9 da mañá. Será unha andaina duns 25 quilómetros no que se presenta un roteiro temático que discorre polos montes de Nebra.

Esta noticia tamén foi anunciada na radio.

Reunión San Pedro

27 marzo 2015

Teatro dos Ghazafelhos "3, 2, 1, ..."


Casa de Cultura de Porto do Son, domingo 5 de abril ás 6 da tarde


Teatro Ghazafelhos presenta un espectáculo de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de títeres e moita música. ...3,2,1... É unha obra chea de humor e tenrura que nos chegará o corazón.
Intérpretes: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho. Duración: 55 min.

Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atópase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Logo do estrano encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitaran ter. Como será o seu encontro? Que descubrirán? Será posible a amizade entre dous seres tan diferentes?

Curso de cociña para principiantes



Cociña para principiantes, do 21 de abril ata o 21 de maio (2 días á semana), no viveiro de empresas situado en Noal. 20€ por alumno.


Doazón de sangue en Porto do Son


PORTO DO SON

Luns, 30

Unidade Móbil na zona Portuaria
(a carón do Club de xubilados e Club Náutico)

10:00 a 14:00 horas

16:30 a 21:00 horas

Teléfono de información gratuíto 900 100 828

Para más información: Centro de Transfusión de Galicia

Nota: As reservas do tipo 0 Positivo, A Positivo e A Negativo están en nivel Baixo

26 marzo 2015

Inauguración pista de pádel


Venres 27 marzo, ás 4 da tarde, inauguración e portas abertas da pista de pádel, situada no Monte Tarela, ao carón da piscina municipal. Asistirán técnicos de deportes e o concelleiro de festexos Manuel Deán para informar aos usuarios das condicións e horarios.

Teléfono para xestionar as reservas: 981767758.
Reservas de balde durante a Semana Santa.

Esta noticia foi anunciada na radio. Non podemos asegurar que haxa modificacións ou cancelacións do acto mentres non se dispoña dun cartel oficial.

Actividades ludoteca Semana Santa

Actividades dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos (deberán inscribirse).

Luns 30
17:00 a 20:00h: Espazo Lúdico no polideportivo municipal.
21:30h: Acampada (no polideportivo municipal).

Mércores 31
11:00 a 13:00h: Obradoiro creativo de Semana Santa (manualidades relacionadas coa Semana Santa)

Semana Santa 2015



27 marzo - Virxe das Dores
20:00h Misa na honra da Virxe e na memoria dos confrades falecidos
20:30h Procesión: Virxe da Dores, acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Igrexa, Avda. Galicia, Trincherpe e Praza de España).

29 marzo - Domingo de Ramos
11:15h Procesión: Entrada en Xerusalén, acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Praza de España, Trincherpe, Avda. Galicia, Igrexa).
12:00h Misa

31 marzo - Martes Santo
22:00h Procesión: Vía Crucis, acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Capela Atalaia, Rúa da Roda, Tvsía. Moullón, Praza de Rosalía, Fernando Fariña, Praza de España, Camiño Novo, Campo Atalaia e Capela).

2 abril - Xoves Santo
18:00h Misa
18:30h Procesión: Ecce-Homo, acompaña Banda de Santiago (percorrido: Igrexa, Rúa Castelao, Praza Nova, Praza de España, Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Tvsía. Moullón, Rúa da Roda e subida á Capela da Atalaia).
23:00h Celebración da Hora Santa.

3 abril - Venres Santo
11:00h Procesión: Santo Encontro, esceneficicación na Praza de España (en caso de chuvia farase na Igrexa Parroquial). Predica o sacerdote D. Joaquín Rial. Acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Praza de España, Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Tvsía. Moullón, Rúa da Roda e subida á Capela da Atalaia).
18:00h Liturxia e desencravo.
18:30h Procesión: Santo Enterro, acompaña Banda de Brión (percorrido: Igrexa, Avda. Galicia, Rúa da Roda e subida á Capela da Atalaia).
23:00h Procesión: Virxe da Soidade, acompaña Banda de Brión e tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Capela da Atalaia, Rúa Atalaia, Camiño Novo, Praza de España, farase o salve á Virxe da Dolorosa, sigue por Trincherpe, Avda. Galicia, e Igrexa).

4 abril - Sábado Santo
20:00h Vixilia Pascual

5 abril - Domingo de Resurrección
11:00h Procesión: Xesús Glorioso, acompaña Banda de Caldas de Reis (percorrido: Capela da Atalaia, Camiño Novo, Praza de España, farase o Encontro de Resurrección, Rúa Trincherpe, Avda. Galicia e Igrexa).

http://cofradiapasionportodoson.blogspot.com/
Para os cultos a celebrar en cada parroquia, revisen o programa de man:
PDF: Folleto de man 2015.pdf

25 marzo 2015

Exposición fotográfica na Casa da Cultura de Porto do Son


Exposición fotográfica, Casa de Cultura do 28/marzo ao 28/abril.

19 marzo 2015

Homenaxe ao párroco


Homenaxe ao párroco Don José. Sábado 18 de abril de 2015

ACTUALIZACIÓN: Suspendida a comida, ao remate da misa ofrecerase un viño.

Festival de primavera (escola de música moderna)

Sábado 28 de marzo ás 18:30h, na Casa de Cultura de Porto do Son

ACTUALIZACIÓN: Engadimos os carteis que circulan polo Facebook e o que está exposto polas rúas.

18 marzo 2015

San Benito Abad (Seráns)

Sábado 21 de marzo, na igrexa de Seráns, San Pedro de Muro.
Misas rezadas ás 9:00h, 11:00h e 18:00h. Misa solemne ás 13:00h.

Demandas veciñais de Nebra

Queremos darlles facilidades ao resto dos nosos veciños para facerlle entrega das demandas e necesidades da nosa parroquia ao alcalde na reunión no local da Comunidade deste xoves.

Se es un veciño que non está por aquí ou por algún motivo non poidas asistir, mesmo se só es un visitantes da parroquia, non deixes de informar da necesidade, mellora ou reparación dalgún servizo. Deixamos o formulario na ligazón: http://denebrason.eu/ (ou prema na imaxe para abrir a páxina).


Un saúdo.
Familia do Martelo

O noso mar


Día mundial da poesía
Sábado 21 de marzo ás 20:00h na Casa de Cultura do Son

La Curación por el Pensamiento

Mui Estimad@s e Preçad@s AMorangueir@s, Professor@s e Participantes dos cursos d'AMorangueira, e Amig@s,

Proximamente terá lugar em Porto do Son o Curso impartido polo Doutor Ángel Escudero, médico e cirurgián de Valencia, criador da Escuela de Noesiterapia e autor do livro La Curación por el Pensamiento.

CURSO INTENSIVO DE NOESIOLOGIA E NOESITERAPIA VIA SKYPE 28 DE MARÇO DE 11:00 A 14:00H

PREÇO POR PERSOA: 100€

PREÇO POR PERSOA ACOMPANHADA DE UMHA OU VÁRIAS PERSOAS: 80€ / PERSOA

INSCRIÇONS: amorangueira@gmail.com tels. 615462125 Carmen / 669821912 Susana

LUGAR: Salom de Actos da Casa da Cultura de Porto do Son

Para máis informaçom sobre Noesiologia, Noesiterapia, Cursos e outros conteúdos relacionados, convidamos-vos a visitar a página web de Ángel Escudero: http://escudero.com/inicio.html

Mui Feliz Semana a Tod@s!
Susana e Carmen

13 marzo 2015

Convocatoria del pleno


Plan de Aforro e Investimento

Comunicado do equipo de goberno do Concello de Porto do Son

INFORME SERVIZOS TECNICOS.pdf
Comunicado do equipo de goberno do Concello de Porto do Son

Semana Santa 2015

Reunión na Comunidade de Montes de Noal

Reunión na Comunidade de Montes de Nebra

12 marzo 2015

Charlas Informativas Abertas


Curso: Alérgenos e Intolerancias Alimentarias

3ª Sesión Xornadas Emprego


3ª xornada de emprego: A entrevista de traballo
Mércores 25 de marzo de 2015 ás 16:30h
Centro de interpretación do Castro de Baroña
http://portodoson.org/index.php/86-documentacion-municipal/899-3-sesion-xornadas-emprego
PDF: 3ª xornada de emprego.pdf

V Curso de Agricultura Biodinâmica

Caras Amigas e Amigos,

AMorangueira tem o prazer de anunciar-vos a celebraçom do curso de Biodinámica:

Prevención e control biodinámico integrado de pragas e enfermidades

Esta formaçom será conduzida polo professor e consultor em Agricultura Biodinâmica e Desenvolvimento Rural Integrado, Hans-Günther Kern. A actividade terá lugar em Porto do Son, os dias 21 e 22 de Março.

Junto enviamos o cartaz e o programa da actividade bem como à informaçom relativa à inscriçom.

Muitas Graças pola vossa Atençom.

Um Abraço Cordial,
Susana e Carmen

10 marzo 2015

A Esmorga

06 marzo 2015

Reunión Casa de Cultura de Miñortos

Ticket eléctrico social de Galicia

Información sobre subvencións da Xunta de Galicia

Ticket eléctrico social

02 marzo 2015

Reunión Casa Cultura de Baroña

Reunión Casa Cultura de Ribasieira