:logo-ecg: | Comarcas
A pesca, o turismo e a industria son os pilares sobre os que asentar futuro do Concello//Baroña é un referente para toda Galicia e temos que poñelo en valor para o comercio e a hostalería//Mellora das comunicacións e da fachada marítima son outras prioridades para o grupo de goberno
Foi chegar e besa-lo santo, como di a expresión popular. Xosé Luis Oujo Pouso, empresario e expresidente de empresarios en Porto do Son, deu o salto á política apenas con dous meses de prazo para fa-cer campaña diante das eleccións municipais de maio último.
P.- O 25 de marzo aínda non se decidira pola aventura política.
R.- Foi todo algo precipitado, si. Ante a renuncia de Manolo Tomé por razóns persoais, propuxéronme reemprazalo. Medi-teino unhos días e aceptei porque me garantiron que podería acudir co meu equipo e me aseguraron o apoio da Xunta. E decidín dar o paso porque creín que dende a miña experiencia empresarial podía aportar algo á política.
P.- Chega a unha Corporación que leva anos demasiado crispada.
R.- Estou plenamente de acordo co que di. Pero eu non viñen a política para entrar en polémicas ou descalificacións con nadie. Nin me gusta, nin vai coa miña forma de ser. Estamos aquí para gobernar en beneficio de todos e eu non lle pregunto a nadie cales son as súas ideas ou por qué partido votou. Temos que cambiar a imaxe que dábamos de crispación, de insultos e de descualificacións que entraban no ámbito do persoal. Creo que o estamos conseguindo, que se está vendo que estamos todos pola idea de traballar, incluso con acordos por unanimidade, ou nós mesmo admitindo propostas dos outros partidos.
P.- Non se lle oculta tampouco que chega en época de vacas flacas.
R.- Claro. E que son momentos de priorizar, de manter o que temos, de optimizar os poucos recursos dos que dispoñemos. Pero, mire, durante a campaña, cando me achegaba a moitos lugares e parroquias poiden comprobar que tampouco as exisencias da cidadanía eran tan extraordinarias. Todas partían do sentido común. Decíanme, si non podedes facer unha nova carretera, polo menos arranxade a que hai, coas cunetas limpas e sen baches. O veciños son conscientes de que non son momentos para despilfarros.
P.- Eso require fixar prioridades. A seu xuicio ¿por onde pasan as de Porto do Son?
R.- Nós temos claro que hai tres pilares fundamentais. A pesca, a hostalería e o comercio e, por fin, a industria. O que temos que facer é potenciar esos tres pilares, saber a onde queremos chegar co turismo –eu digo con frecuencia que ó mellor non é o de Sanxenxo o modelo que máis nos conveña– pero temos que ordenar o comercio e a hostalería para atender a demanda de visitantes. Queremos tamén que as nosas empresas se queden aquí. E non é tanto a ambición de un polígono industrial como sí dun parque empresarial onde podan asentarse as empresas que xa temos e as que poidan vir novas. Que as empresas estén donde podan desenrolar a súa actividade dentro da lei e cos medios axeitados, onde podan ir a un banco e pedir un crédito sobre esas instalacións, cousa que ahora mismo non poden facer moitas delas por estar en situación alegal. Eso é o que temos que regular. Porque si esas empresas se van para Ribeira, poño por caso, detrás irá a man de obra e máis tarde esas familias acabarán por instalarse definitivamente onde está o seu lugar de traballo. E, claro, atender tamén a pesca, da que somos un referente importante no sector do cerco en Portosín, e revitalizar a esmorecida lonxa de polbo de Porto do Son. Todo elo cunhas vías de comunicación axeitadas tanto cara o Norte como cara o Sur, como lle fixen ver ó conselleiro. Porque somos un paréntesis entre Ribeira, onde acaba unha autovía e Noia, onde rematará outra. E nós, no medio, esquecidos.
P.- Fala de perda de poboación pero a tipoloxía da edificación con mini-apartamentos non favorece o asentamento das familias?
R.- É claro que o urbanismo neste Concello foi anárquico nos últimos tempos, algo que temos que correxir co PXOM, mantendo a tipoloxía de Porto do Son, que aínda é salvable si respetamos o catálogo de edificios singulares que xa existe, frente a Portosín que basta miralo para ver o que non se pode facer. Ademais, hai que facer vivendas, sí, pero para os veciños de Porto do Son, para que as familias novas que se casan podan establecerse aquí, o que non pasa por esos pisos-apartamentos de 50 metros. Teñen que ser vivendas para acoller a unha familia a precios razonables e con servicios. ¿Que ademáis ven xente de fora en plan turístico? Pois benvida sexa. Pero a prioridade teñen que ser os nosos veciños. Quedan despois as parroquias, que tamén haberá que contemplar dentro dun crecemento racional e sen perder a sua singularidade.
P.- Cando se poderá contar con ese instrumento do PXOM.
R.- -Pretendemos que antes de final de ano podamos presentarlle á Xunta a aprobación inicial dese Plan xeral. Para eso e para garantir a súa axilización o que fixemos foi traballar a tres bandas. Por una parte a empresa redactora, Constructora Galega, pola outra o Concello e finalmente a Xunta, de xeito que todos os pasos que se van dando sexan consensuados entre todos e non sufran retraso.
P.- Baroña parece interesar a moitos e preocupar a menos, pois segue pendente de actuacións
R.- O Castro de Baroña é singular e único; un referente en sí mesmo para o Concello e para toda Galicia. Traballemos sobre él, coidémolo e sepamos poñelo en valor. Porque ten do orden de cen mil visitas cada ano, xente de paso que sigue ruta. E temos que aproveitar esa afluencia para que xenere valor engadido. Acaba de ser declarado Ben de Interés Cultural o que reforza a súa protección e hai prevista xa unha inversión de 120.000 euros en dúas partidas, para cuidado e aspectos de conservación e investigación. Queda despois o centro de interpretación, pero a crisis non no lo pon nada fácil.
P.- ¿A fachada marítima do Son?
R.- É un dos cinco proxectos prioritarios. Pretendemos que sexa unha iniciativa que vaia máis alá da actividade pesqueira e que contemple tamén a actividade náutica como xeneradora de riqueza e emprego. As actuacións van a comenzar xa con 60.000 euros.
Relacionadas
Preservar a tipoloxía da capital municipal
Concluír o saneamento de todo o Concello en 2012
Punto limpo e tanatorio están xa en marcha
A variante de Portosín está no Plan Move

8 comentarios:
Mira que dis mentiras Oujo, sempre pensando nas Constructoras: "Constructora Galega" non, "Consultora Galega" si. Acaso o señorito con galpón ilegal para as comilonas oculta os seus bens como fai a señorita do bloque (con apartamentos en Corrubedo) e o morado de Quiñoy coas súas accións? Que digan a verdade da trama que forman con Juan Manuel e deixen de engañar á xente do Son! Os bens de Pastor están publicados nas actas dos Plenos, dos dos outros nada se sabe, que queren agochar?
!!!Tempo haberá de ver si as verbas corresponden cos feitos!!!!
13:03 "Constructora Galega" non, "Consultora Galega" si
No quitamos ni ponemos. ¿Pensó en algún instante si se trata de un gazapo de El Correo Gallego?.
Do único que pode presumír "o pastor" é o seu superjefe é que fundiron o PSOE do SON eles soiños coa súa maneira rastrera de facer POLÍTICA.
Pero mira que somos malos, o de sacarlle a coletilla a esa errata do correo gallego (constructora en vez de consultora) demostra que o concello vai ben co Sr. Oujo xa que si eses son os temas dos comentarios que sáen no blog será que o resto está no bo camiño,...
Jajajajajajaja. ¡¡Qué bueno el anónimo de las 11:07. Si me lo permite yo cambiaría lo siguiente:
"Do único que poden presumir o pastor é a súa ovella é que.....".
Sin enbargo este alcalde que temos xa ten moito do que presumir sin ter feito ainda nada.
Supoño que estará moi orgulloso de representar o noso pobo,e fai ben,de todas formas non tivo tempo a facer moito,imaxino que irá pouco a pouco é así facer as cousas con sentidiño. ¡Felicidades o novo Alcalde,y a travesía que se fixóu que chegue a bó porto!
Publicar un comentario