Analizo o que din os concellos desta bisbarra sobre a segunda entrega do Plan E, unha decisión que non comparto desde a perspectiva de cómo está afrontando a crise o Goberno de España, xa que non pasa, precisamente, por cargar sobre os municipios a creación de emprego directo, o que é unha aberración case tan gorda como a de fabricar lacóns in vitro, un proxecto que se está desenvolvendo na universidade holandesa de Einhdoven na que se asegura que a produción de calquera tipo de carnes por este procedemento é inminente. Animo aos gandeiros de Mazaricos a que se opoñan contundentemente, xa que a seguinte iniciativa pode ser a de fabricar leite por este procedemento, co que desaparecerían as granxas ademais da súa festa da Fervenza. ¡Este mundo está tolo de remate!.
No que atinxe ás preferencias dos investimentos deste plan son salientables as ideas de Porto do Son e Lousame de levar a cabo sendas actuacións na rede wimax para posibilitar a banda ancha en calquera aldeíña destes dous concellos, xa que, tratándose de fondos extraordinarios -hipotecas do futuro- encaixan moi ben en proxectos extraordinarios. O que non está nada ben é que se permita dedicar un vinte por cento para gasto corrente, como tamén fixo a Deputación no Plan de Obras e Servizos. Outra metedura de zoca máis, mentres que ata o Rei amosa a súa preocupación por esta angustiosa situación económica na que nos meteu un, digamos suavemente, desatinado dirixente, do que este analista xa ven advertindo do que ía pasar con este xeito de facer políticas, incluídas as dos nosos concellos.
O goberno do PSOE de ZP fixo valer os principios da súa lexitimidade democrática para sacar adiante leis que, aínda tendo unha forte contestación social, forman parte, evidentemente, da ideoloxía de esquerdas e, dentro desa ideoloxía, tamén xestionou esta crise económica. ¿Como se lle pode pedir a partidos doutro xeito de pensar, como o PP, que acaden consensos en contra dos seus principios? O ideal sería traballar coma na URSS de antes da caída do muro de Berlín e vivir coma nos EE.UU. Pero iso é a lei do embude.

La Voz de Galicia 16/2/2010
0 comentarios:
Publicar un comentario