21 febrero 2010

Conversas con... Xoán Pastor Rodríguez Santamaría

Filólogo, mestre e alcalde de Porto do Son

Despois duns anos desenvolvendo un importante papel na cultura barbancesa e de ser concelleiro en dous mandatos, Pastor Rodríguez acadou a alcaldía sonense

Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (Xuño-Porto do Son, 1973) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Seus pais, Luísa e Claudio, teñen oito fillos: cinco homes e tres mulleres. Pastor Rodríguez está recentemente casado. É home interesado pola cultura e polo que ela produce, autor de varias publicacións, entre as que destacan Escritores da Barbanza, Dicionario de escritores ribeirenses e Dicionario Ramón Piñeiro. Exerceu de profesor en colexios e na actualidade é alcalde do Son. É puntual na cita. Recorda antes de comezar a conversa que de neno estudou no Son para logo facer o Bacharelato no Instituto Número 1 de Ribeira.

-Din que saír do pobo para ir estudar a Santiago marca carácter. -Foi unha experiencia que significou un cambio. Era vivir fóra sen depender de ninguén. Todo estudante debe pasar por esa situación. A vida nocturna de Compostela, tan rica. Hai de todo. Participas en faladoiros. A biblioteca universitaria. Son vivencias que marcan o futuro, tanto persoal como profesional.

-¿Por que será que tantos mestres se converten en políticos e ademais queren ser alcaldes? -Será a ansia de descubrir algo máis que non atopamos noutro sitio. Penso que os partidos buscan sempre alguén que destaque nalgún eido. Pode ser a vida social, cultural, etcétera.

-¿Que calidades se lle deben presupor a un político? -A primeira é a honradez; a sinceridade e capacidade de traballo son as seguintes da lista.

-¿Como se definiría dende a perspectiva de galego, titulado en filoloxía portuguesa que está dentro do PSOE e que ademais exerce como escritor? -Un home intentando construír cada vez a realidade. Dicía Ramón Piñeiro «formarse para gañar a realidade».

-¿Estaba Ramón Piñeiro dentro dese pensamento? -Fixen un ensaio sobre el. Vino un home sorprendente con lucidez de pensamento na realidade que lle tocou vivir. Para min é o máis grande filósofo que temos en Galicia e que fai un esforzo para achegarnos á filosofía universal, coa tradución da obra do alemán Heidegger.

-¿Que está disposto a facer por Porto do Son? -A dar todo o que podo dar. Hai que romper coa mala imaxe que ten a vila, porque é irreal e foi aportada por algúns medios de comunicación. Algún día dirase algo disto. Podo ofrecer capacidade de diálogo. Penso que falando coa xente conséguense as cousas.
La mala imagen de Porto do Son no la creó El Correo Gallego ningún medio de comunicación, la crearon sus gobernantes entre los que se encuentra el señor Pastor, por callar ante la "desfeitas urbanística" cometidas por su partido y que ahora reniegan haber dicho quienes le han colocado como alcalde.
¿Por qué no culpa también de la mala imagen, a los jueces por ordenar derribar casas con licencia de galpón y que tienen otras en el punto de mira?.
Falo, por exemplo, do castro de Baroña, do plan especial que está pendente de aprobarse por falta de terreos. Os visitantes non teñen a ninguén que os guíe polo xacemento.
¿Que hizo como Concejal de Cultura por este emblemático Castro? Nada y su partido menos. Eso si, cuando otros lo intentaron votaron en contra
Non hai un centro de interpretación á beira del. O que hai está deslocalizado. O castro ten malos accesos. Se arranxamos isto, penso que acadaremos mellorar a imaxe do Son. Pero temos que colaborar todos.
Efectivamente, está deslocalizado y, ¿quienes fueron los culpables de esa deslocalización? PSOE y BNG. Hasta en esto fuimos superados por Boiro y su Centro de Interpretación a pie del Castro de Neixón, curiosamente promovida por el PP, que dicho sea de paso, no se luce precisamente por promover este tipo de cosas, pero ahí esta.

-¿Como andan as relacións persoais entre vostede e Manuel Tomé, anterior alcalde e actual xefe da oposición? -Nin mal nin ben. Nunca tiven ningún problema con el. Considereino un amigo que fallou á lealdade de tal. Neste momento está interpretando o papel que lle corresponde como xefe da oposición, pero máis nada.

-Se lle din que ten que vender Porto do Son en poucas palabras, ¿que nos diría? -Hai que vir a Porto do Son por varias razóns, entre as que destacan: as propias da paisaxe humana, as de paisaxe de natureza e polas nosas ricas e diferenciadas tradicións.
Que compren su piso en un Ayuntamiento vecino.
Pero por enriba de todo está o acollemento que fan os veciños á xente que nos visita.
¡Por eso se fue a vivir a otro pueblo!


Quen coñece a Xoán Pastor Rodríguez sabe que é home comprometido coa súa terra e defensor da lingua galega.

-Alcalde, ¿que entende por galeguismo? -Unha forma de entender o país que debería unirnos a todos, aínda que teñamos matices ideolóxicos diferentes. Amor ás nosas cousas, principalmente á lingua galega, sen pecharnos ás boas ideas que veñan de fóra.

-¿Vostede é galeguista? -Modestamente procuro selo. Defendo o meu país, falo e escribo en galego, interésome pola nosa cultura; quero que perviva.

-¿Que lle gustaría ser de maior? -Vello. Chegar a esa idade. Ser un lector empedernido como o era antes de estar neste período da vida.

-¿Vai ao cine? -Vou. Vexo películas infantís co meu afillado e a miña muller, e as clásicas, aínda que neste momento o cine non nos dá grandes alegrías.

-¿Por onde camiña agora no campo do ensaio? -Teño para rematar un ensaio sobre o Quixote en Galicia. Estou pensado sacar a segunda edición de Escritores do Barbanza. Nesta comarca houbo e hai unha ampla riqueza nos eidos da literatura, do ensaio, do xornalismo, da investigación, da arte...

-¿Fala de Paio Gómez Charino, Castelao, Rafael Dieste, Valle Inclán ou está nomeando alguén máis? - Moitos máis: Francisco Calo Lourido, Xerardo Agrafoxo, Aurora Marco, que xa é tamén do Son, Nacho e Alfonso Costa e centos máis.

-Cando digo Tahúme? -O paraíso está alí (amósame o seu móbil cunha foto sacada desde o cume no que se divisa dende Fisterra até Corrubedo, Carreira, Sagres, Sálvora, as Cíes...)

-Nebra -Hai moitos restos, sarcófagos suevos incluso. Posiblemente fose unha vila romana importante. O pazo de Nebra era tan importante no seu tempo que ben merecería un tratamento especial. Expoñía o padre Calo que un parador de turismo para Nebra sería un privilexio.

- Goiáns. -Estou convencido que houbo unha vila romana no lugar ou nos arredores da igrexa. Hai constancia e fotos de anacos de mosaicos que nos levan a pensar isto.


Pastor Rodríguez sempre estivo relacionado coa cultura barbancesa, de feito foi un dos fundadores de Barbantia.

-¿Que bota máis de menos dende que deixou a vida de mestre-activista cultural? -Quizais o silencio para ler con tempo. Os paseos pola lagoa de Xuño e Sampedro.

-¿Como ve á xuventude do Porto do Son? -Pois é semellante á doutros lugares. A min gustaríame que fose reivindicativa, participativa e responsable, e penso que hai moitos mozos e mozas da vila que o son.

-¿Que pode facer un mozo no seu concello? -Ten deporte, cultura, teatro, escolas musicais e deportivas. Proximamente, unha rede wimax que lle vai permitir rematar coa desconexión ás novas tecnoloxías.

-¿Considera que o seu concello pode ser un importante centro turístico? -O turismo no noso municipio é un filón que hai que explotar. Os empresarios deben ver de, ao non ter unha industria importante, implicarse neste sector. Temos elementos que poden axudar a potenciarnos. Hai moita segunda residencia, sobre todo de persoas que viven en Santiago ou noutras localidades que nos visitan os fins de semana, festivos e os meses de verán.

-¿Con que infraestruturas contan? -Están as sendas polas praias. O castro de Baroña. As rutas dos petróglifos, con máis de 150 xacementos, un patrimonio que hai que desenvolver. Lápidas romanas en Goiáns, Nebra, Queiruga. Temos dúas lagoas, unha de auga doce e outra salgada. A fervenza de Ribasieira. Valores intrínsecos dun concello que está próximo á capital de Galicia e dun aeroporto internacional.

-¿Que o levou a entrar no PSOE? -Quizais a xente que mo pediu. Confiar nas persoas. Non hai unha formulación ideolóxica inicial. No primeiro mandato fun como independente. Nas seguintes eleccións entrei no partido por convencemento e porque era o momento, por riba de resultados electorais.

-¿Un político ten que estar formado intelectualmente ou non fai falla? -Debería estalo. Sentes a necesidade de aprender día a día.
Menos mal que fuimos y estamos gobernados por gente intelectualmente hablando, pero la verdad cuesta asumirlo.
Un concelleiro de cultura, por exemplo, debe estar formado nesta materia. O de facenda, o mesmo.
Si claro y nosotros vamos y nos lo creemos. Ya se vio como está la Cultura en Porto do Son a nivel político, otra cosa es la labor emprendida por diversos colectivos. Menos mal que la Casa de Cultura de su Xuño natal, fue diseñada por el concejal de turno.
Isto faralle máis fácil o seu traballo e permitirá que os cidadáns acaden un mellor nivel de vida.
¿Permitirá que los ciudadanos logren un mejor nivel de vida o ellos, los políticos?

Es domingo de Piñata y un poco de mesura en esta entrevista no viene mal.

0 comentarios: