Xoán Pastor, alcaldable polo PSOE en Porto do Son
Un alcalde con experiencia que se rodea de xente moza, con capacidade e ilusión para uns novos tempos no municipio de Porto do Son. Xestión e capacidade de traballo son os sinais de identidade que o seu alcalde salienta.
¿Presenta vostede una lista totalmente renovada?
Si, aínda que eu xa levo oito anos na corporación, crin necesario que se renovase a vida política con xente nova, con novas ilusións e coa forza da mocidade. Fun libre para elixir os meus colaboradores, pois esa foi a condición que puxen para acceder á alcaldía.
¿Bótase en falta a presenza de antigos concelleiros?
É necesario renovar para que haxa un soplo de aire fresco na vida municipal, aínda agradecendo o labor desenvolvido polos concelleiros anteriores.
¿Vai botar de menos a presenza do ex-alcalde Ramón Quintáns Vila?
A ausencia dunha persoa que traballou vinte e catro anos no concello e que o coñece moi ben sempre se notará, pero penso que xa teño suficiente experiencia para acometer novos tempos e ademais sempre contarei co seu apoio, pois foi el quen facilitou a renovación do PSdeG-PSOE de Porto do Son e foi tan disciplinado que soubo ser concelleiro despois de ser alcalde. Foi un bo alcalde e quen lle sucedeu, Manuel Tomé, non estivo á altura e por iso o PP tivo que cambiar de candidato.
¿É certo que a tenente de alcade ten demasiado peso no goberno?
Nun goberno municipal o importante non é mandar, nin levantar a voz, o importante é gobernar, o que significa escoitar, atender amablemente e tratar de resolver os problemas despois de buscarlle a solución máis axeitada que satisfaga aos veciños. Iso, para min é o máis importante. Ademais o goberno tivo maioría de concelleiros do PSdeG-PSOE e o alcalde é quen ten a última palabra, o resto é simple propaganda electoral.
¿Que pensa da proposta do PP de que goberne a lista máis votada?
Estamos nunha democracia parlamentaria, onde hai que reunir maioría para gobernar, porque a experiencia do goberno en minoría do Son dos populares foi desastrosa, senón non cambiarían o seu candidato. Polo demais a opinión do PP só a aplican onde lles convén, pois en Muros a lista máis votada foi a dos socialistas e os populares co BNG impediron que gobernase o partido con máis concelleiros e votos.
¿Que opina da candidatura dos Independentes?
Nesta lexislatura non aportaron nada á vida municipal nin á mellora de Porto do Son. Foron incapaces de apoiar o goberno en minoría do PP e non propuxeron nada importante durante o meu goberno. Non se pode pensar ben de quen foi tenente de alcalde doce anos cos socialistas e agora os ataca polo seu interese persoal. Quen non é leal non o é nunca.
O BNG pretende vender como propias as obras que se fixeron ou se aprobaron neste ano e medio. ¿Que pensa vostede disto?
En época electoral todo o mundo pretende vender o mellor posible, pero os veciños saben que obras como o campo de fútbol de herba artificial ou a piscina climatizada xa foran adxudicadas na lexislatura que gobernamos os socialistas, o mesmo que a Casa de Cultura de Portosín ou a reforma da estrada de Xuño a Olveira por Seráns xa quedaran aprobadas cando o alcalde socialista, Quintáns, era deputado provincial. O noso programa do ano 2007 era o único que falaba do Polígono Industrial en Nebra de un millón de metros cadrados, do novo cemiterio de Porto do Son, do Centro de Interpretación das Lagoas en San Pedro de Muro e Xuño, da rede Wifi-WIMAX para todo o municipio ou do abastecemento de augas a Miñortos. Algunhas destas obras xa están feitas e outras, en execución, grazas á previsión dos socialistas.
¿Foi esta una lexislatura moi crispada, sobre todo nos plenos?
Cando se chega a ser alcalde como Tomé, sen experiencia política, sen esperalo e sen maioría, son normais os erros e non saber moderar os debates no pleno, pero o grave é que a inepcia continúe de maneira indefinida e se lle consinta ao pública que interrumpa a sesión plenaria como se se estivese nunha taberna. As cousas foron volvendo ao seu sitio e espero que continúen con máis respecto nesta lexislatura.
¿Que destacaría do seu mandato?
Un é alcalde de todo o Concello e está satisfeito de todo o conseguido, aínda que eu sinto unha especial satisfacción polas melloras conseguidas para a parroquia de Xuño, da que son natural, como aprobar xa a obra da Casa da Cultura, xa en marcha, ou a inauguración do busto a Ramón Sampedro na praia das Furnas. Moi importante é a confección do PXOM.
No tienen desperdicio sus palabras, pero es curioso que critique el pacto de Muros y se olvide de que en Galicia gobiernan más listas perdedoras, tenía Noia más cerca, que las que no alcanzaron la mayoría absoluta, pero esas son las reglas de "su juego". Es como venir su líder a dar un mitín a O Son y comenzar a criticar a los candidatos transfugas, precisamente donde su partido gobernó cuatro años con el de AVS. En fin.
En Muros quien rompió el pacto de Santiago fue el BNG, y el PP, anteponiendo los intereses de los muradanos a los de su partido, apoyó un gobierno con una mayoría estable. Aquí, unos y otros antepusieron sus intereses a los del pueblo y así, fue como después tuvieron que llegar a una vergonzosa moción de censura, seguramente auspiciada desde fuera para tener más fuerza ahora en la campaña y por eso su segunda de abordo, ahora le quiere robar el protagonismo y las obras.
Con respecto a sus criticas a los partidos minoritarios, su partido y el BNG tampoco colaboraron mucho con el gobierno legítimamente constituido de Tomé, aunque estuviese en minoría.