:lvg: | 18/05/2010
Concelleira de Servizos Sociais de Porto do Son
Joaquína González Lorenzo
En resposta a dúas cartas publicadas no Buzón do Lector quixera dicir: Señor Queiruga, observamos que nos seis meses que levamos no Goberno bipartito PSOE-BNG ten a ben remitirnos o seu pensar sobre a EDAR de Queiruga (13 de marzo do 2010) e sobre a xuntanza dos maiores (12 de maio do 2010). Esta concelleira pregúntase: ¿Onde estaba vostede nos anos 2008 e 2009 cando este mesmo acto o celebrou o PP e, que eu saiba, xa estabamos en crise, ou é que a crise chegou de sorpresa para vostede o 18 de novembro do 2009? ¿Non lle pareceu obsceno naquelas datas esta festa? Non o criticou.
O que latexa detrás deste artigo é que as persoas maiores do noso municipio saíran contentas dun acto que se organizou co mesmo orzamento que o de anos anteriores, pero con máis control, gusto e traballo por parte das persoas que interviñeron na súa organización.
Será moi intelixente e terá moitas gañas de protagonismo, pero a obscenidade é a que demostra cando pensa nas persoas maiores coma se fosen gando. Cando menos, debería de desculparse pola falla de respecto cara un colectivo e unha xeración que deu probas abundantes da súa capacidade de traballo e sacrificio, e que nin deixou nin vai deixar manipular o seu voto por unha simple comida. As persoas maiores do noso municipio teñen máis capacidade de análise e de razoamento da que vostede co seu artigo demostra.

0 comentarios:
Publicar un comentario