:lvg: | 11/05/2010
Nas comarcas de Muros e Noia, a plataforma Queremos Galego xa empeza a mover ficha para intentar que o máximo número de persoas posibles se despracen a Santiago de Compostela o día 17 para participar na manifestación en defensa da lingua galega. Desde xeito, xa está prevista a saída de catro autobuses con destino á concentración.
Dende Muros, partirá un autocar ás dez de mañá con paradas en Louros, o casco urbano muradá, Serres, Abelleira, Tal e Esteiro. No caso de Outes, sae ás once menos dez do Freixo e para tamén na Serra. E, en Noia, parte do aparcamento do instituto Virxe do Mar ás once de mañá. Xa en Porto do Son, o horario e paradas son os seguintes: sae ás dez e media da lonxa vella sonense e para un cuarto de hora despois en Portosín.
Dende a plataforma que convocou a protesta lembran que teñen unha páxina web, www.queremosgalego.org, onde os cidadáns se poden informar.

0 comentarios:
Publicar un comentario