:lvg: | 18/05/2010
Outes, Porto do Son, A Pobra e Noia foron os concellos que aproveitaron o 17 de maio para realizar algún acto público e conmemorativo da cultura galega.
Igual que o río Guadiana, as programacións oficiais dos concellos da comarca deseñadas para o Día das Letras Galegas apareceron e desapareceron durante as xornadas previas ao 17 de maio.
Foron os municipios de Outes, Porto do Son, A Pobra e Noia, os que tiveron o mérito de inverter un día festivo para ofertar aos seus veciños e visitantes algún tipo de festexo vinculado coa cultura galega e recordando de paso tanto ao poeta lucense Uxío Novoneyra como a reivindicación do uso do idioma no resto do ano tamén.
No caso pobrense, o día comezou cunha actuación no Cantón da Leña onde a formación de gaitas e danza Caramiñas regalou a veciños e turistas unha demostración de baile rexional. Durante a tarde, a igrexa do Castelo acolleu un concerto de corais protagonizado pola sociedade recreativa de Narón chamada A Pombiña de Pedroso, tamén estivo a Coral Abrente de A Pobra.
En Noia, durante a tarde, o coliseo Noela serviu de escenario para un espectáculo de monicreques dirixido a un público infantil pola compañía Spaguetti Títeres e titulado Cinco historias para unha man, que contou co apio do público.
Os escolares de Porto do Son tamén tiveron unha xornada dedicada a eles e ao galego. Foi na casa da cultura da vila onde se entregaron os premios convocados dende o Concello e que recoñecían os mellores contos que concorreron ao certame.
En Outes, o salón de actos da casa da cultura tamén se abriu para facer públicos aos gañadores das seis categorías do décimo cuarto premio de poesía Francisco Añón. Un acto que serviu para presentar o libro que recolle os poemarios galardoados na edición anterior.
Novoneyra tamén foi recordado en Carnota a través dun concurso de caligramas e poemas ilustrados baseados na obra do poeta dos Ancares. O venres entregáronse os premios aos gañadores Javier Costa Lamela, do CEIP de Carnota, e Adrián Mouzo e Juan Formoso García, do CEIP do Pindo. Paralelamente, organizouse unha actividade de ilustración de poemas fóra de concurso, en coordinación co centro de día e coas escolas de educación infantil.
Pola súa banda, o artista local Serafín Marcos xirou estes días por varios centros educativos de Barbanza para presentar a obra Chove para que eu soñe, baseada na obra e vida do poeta Novoneyra. En Corrubedo tamén celebraron o 17 de maio cunha festa que se prolongou durante todo o domingo.

0 comentarios:
Publicar un comentario