22 febrero 2012

Porto do Son sigue igual

Ante todo gracias por este foro aberto de libertade de expresión e pola labor informativa que fan a todolos niveles.

Este sábado achegueime a sacar fotos do Baile Infantil e leveime unha sorpresa cando varias nais dixeronme que o elexido como "Rei do Entroido" non se inscribira dentro de Prazo, que rematara o viernes. Acababa de inscribirse alí mismo, na Praza.

O martes xa foi o "no va más". Resulta que na Categoría Individual, participaba a filla dunha persoa integrante do Xurado, ademáis resultou premiada, co cal é inevitable o comentario. O ético e que, ou ben a nai ou a filla, non estivesen. A filla pode ser merecedora de calquer premio pero é inevitable pensar mal... sobre todo vendo os outros disfraces que non foron premiados. O Grupo "Circo do Son" superaba os catorce componentes, co cal debía ir na Categoría de Comparsas... ¿para qué seguir?.

Non é o primeiro ano que suceden cousas deste tipo. Xa ten estado no xurado unha nai que tiña a filla competindo con outra comparsa e logo dou lugar a malas interpretacións. Tamén houbo no xurado un pai que "fixo posible" que o seu fillo fose premiado en Individual. O pasado ano houbo xente premiada que anotou pouco antes de empezar o concurso... Total, que hai fotos de premiadas e premiados que non no mereceron e que, un ano máis, cometeuse unha inxustiza con outros concursantes...

¿Cómo vai ter ganas de participar a xente?.

Andrés o Barbeiro
22/02/2012
10:36:31  

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Na maioría os concursos, premios, sorteos, etc. avísase de que non poderán participar ningún familiar do xurado ou organización para evitar precisamente o que pasou este ano no Son
En canto ó tema do "Circo do Son", nas bases non se establecía un máximo de compeñentes, si as bases non están claras non é culpa da xente, é culpa de quen as establece

Anónimo dijo...

Sin querer polemizar, comentar únicamente a parte da que teño datos seguros... preto da metade dos participantes no concurso infantil apuntáronse na praza xusto antes de empezar, e non so o "Rei do Entroido"... por favor, non polemizar por un simple concurso de disfraces infantil, no que o mellor regalo foi unha mochila e unha caixa de cores.
Do resto do entroido, no que creo que xa había parte económica, non opino porque non teño datos.

Anónimo dijo...

arrelavida!! ata dunha nimiedade como é un concurso de Entroido se ten que protestar... canta xente aburrida!!está claro que cando hai un concurso e un xurado os que perden nunca van estar contentos, faltaría máis!!!

Anónimo dijo...

Antes de nada, para ir na categoría de comparsas hai que presentar unha letra (a murga) o cal, segundo queda reflexado nas bases, establece a diferencia entre grupo e comparsa.

Segundo, meterse a polemizar polo concurso dos rapaces paréceme bastante triste, o bonito desta festa é que a xente, e especialmente os nenos, se animen a saír a rúa disfrazados para disfrutar do entroido. Son nenos, e é probable que moitos deles non se animen a subir o escenario (e polo tanto participar no concurso) ata que chegan a plaza e ven o ambiente. Xa logo o xurado pode valorar a quen dar un premio ou non pero non creo que teñamos a necesidade de decirlle a un neno que non suba o escenario. Temos duas opcións, buscarlle catro pes o gato en todo e canto se fai no pueblo ou intentar disfrutar da festa (deixando que os demais tamén o fagan)