01 febrero 2012

A Xunta constitúe a Comisión de Seguimento das gaiolas de salmón para estudar a súa evolución na ría de Muros-Noia


A Consellería do Medio Rural e do Mar constituíu esta tarde a comisión de seguimento das gaiolas de salmón da Ría de Muros-Noia, coa finalidade de establecer os mecanismos necesarios para que o sector poida facer un seguimento preciso do funcionamento destas estruturas instaladas no polígono Muros C. Esta comisión quedou constituída despois dunha xuntanza co sector bateeiro que posúe bateas nesta ría, cos representantes das confrarías de Muros, Noia, Portosín e Porto do Son e cos representantes da empresa concesionaria das bateas experimentais, North West Food.

Esta mesa de traballo entre a administración e o sector constitúese unha vez que as confrarías aceptaron formar parte dela, algo que rexeitaron nun primeiro momento. Ademais de avaliar o impacto das gaiolas, este grupo de seguimento ten como misión estudar o resultado deste proxecto experimental así como propor novas probas e análise de ser o caso.

Cabe destacar que para o desenvolvemento deste proxecto experimental a Consellería do Medio Rural e do Mar actuou con transparencia ante o sector en todo momento e que este proxecto conta con informes favorables do Clúster de Acuicultura e da Universidade de Vigo que valoraron positivamente o desenvolvemento deste cultivo experimental na ría de Muros-Noia.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

!!!Cómo se nota que veñen eleccións nos pósitos!!!agora a buscar o apoio da Consellería....por si as moscas.......