:ecg: | 12/9/2010
La localidad sonense comenzará a recuperar hoy su pulso habitual tras cinco días de intensa actividad festiva, que tenían previsto concluir esta madrugada con la tradicional fiesta del agua y un concierto de Iguana Tango. El presidente de la comisión organizadora, Enrique Vázquez, se mostraba satisfecho por el desarrollo de los festejos, así como por la asistencia de público.
El programa incluyó la actuación de diversas orquestas procedentes de distintos puntos del norte de España, así como del orfeón Terra a Nosa, que ofreció un recital de música jacobea el viernes por la tarde en la casa de cultura. Tampoco faltaron a la cita los grupos de música tradicional gallega y de rock.
Los actos religiosos en honor a la patrona del mar, la Virgen del Carmen, y a la Virgen del Loreto, fueron los más emotivos. Además, en el campamento del Loreto se celebró una multitudinaria romería.
El programa incluyó la actuación de diversas orquestas procedentes de distintos puntos del norte de España, así como del orfeón Terra a Nosa, que ofreció un recital de música jacobea el viernes por la tarde en la casa de cultura. Tampoco faltaron a la cita los grupos de música tradicional gallega y de rock.
Los actos religiosos en honor a la patrona del mar, la Virgen del Carmen, y a la Virgen del Loreto, fueron los más emotivos. Además, en el campamento del Loreto se celebró una multitudinaria romería.
2 comentarios:
A pesar de que o presidente da comisión de festas se mostrou satisfeito polo desenvolvemento das festas, así como pola asistencia de público, o certo é que baixo o meu punto de vista e de varios veciños, non foi ouro todo o que reluciu.
Salvo como tódolos anos, o último día, grazas á tirada dos fogos, a presenza xuvenil para os pasarcorredoiras da auga e a que coincidiu en sábado, os restantes días a asistencia foi máis ben escasa, incluso o día do Loreto, que antigamente xunto ao día 11, eran os que máis xente atraían e con diferenza.
A véspera mesmo con dúas orquestras, a asistencia foi moi mediocre.
O día da Carme tiveron a mala ocorrencia de concentrar tódalas actividades no peirao e a pesar de que o programa dicía que Ipanema empezaría ás once e o grupo Tribemol ás doce e media, a realidade foi que lle deron a volta á tortilla, pero estes tampouco empezaron á hora sinalada, se non que o fixeron ás doce menos cuarto. Parece que o problema foi porque a orquestra por culpa da carpa do bar da comisión, non puido montalo seu palco e ensaiar para a hora sinalada. ¿Por qué o trío non o fixo antes tampouco?
O día do Loreto outro tanto e neste caso non sabemos a que foi debido a variación. De novo a orquestra estaba anunciada para a mesma hora, pero do devandito ao feito hai un bo treito e xa ía camiño das once e media cando comezaron. A actuación dos Maldados prevista para as dez, pospúxose para unha e media, quedándose moita xente sen poder velos, porque como sabemos, moitos veciños non teñen o seu traballo aquí e teñen que desprazarse a outros concellos, polo que se debería de pensar tamén neles, xa que cos seus donativos contribúen coa festa e é moi triste que non poidan gozalas. Por iso moitos comentan que en setembro ben poden comezar ás dez e media ou como moi tarde, ás once.
Por se fose pouco, o xerador queda sen combustible co que a festa rematou antes de tempo.
A sardiñada como tódolos anos moi ben e as sardiñas moito mellor, aínda que se botou en falta e moito, a presenza de grupos de gaitas animándoa. O máis salientable é que a pesar de que non estaba anunciada a súa actuación no programa, ao parecer foi chamado a última hora, Paco de Leña, incansable, soubo encandear e facer mover o esqueleto varias horas a moita xente. Sen dúbida foi do mellor rato da sardiñada dos últimos anos.
A pesar de que este día estaban anunciados uns xogos populares o certo é que non os vin por ningún lado, salvo que comezasen máis tarde, xa cando me marchei, aínda que ninguén soubo dicirme se os houbo ou non.
O día 10, a verbena non comezou tan tarde, pero tampouco o fixo a hora marcada, aínda que hai que lembrar que foi un día cun programa moi apertado. Primeiro na Casa de Cultura polo coro Terra A Nosa, ao parecer máis ben con pouco publico, menos de medio aforamento segundo comentarios. O grupo Pesdelan si que fixo as marabillas do público, implicándoos co seu espectáculo e bailes. Moi discreta por outra banda tamén a asistencia de mozos e non tan novos aos concertos dos grupos locais U-Tres e Curva á Eskerda, que deron o mellor de si.
O último día de novo incumprimento de horarios, suplidos polos fogos e a marea de xente nova baixo as fiestras pedindo auga e auga.
Un dato que non se nos escapou a moitos foi a "promoción" que fixeron as orquestras do señor Parada, Galicia Verde e do Concello, deixando un pouco de lado á comisión de festas, que como sabemos en Porto do Son é quen até agora organiza as festas, grazas ás nosas achegas. Tampouco se nos escapou o detalle de ver en "medio de tódolos fregados" ao devandito señor e ao noso emérito concelleiro de cultura.
Gracias pola informacion , son nado no Son, pero fai tempo que no podo estar nas festas, a lo menos tenho un bo recordo.
Publicar un comentario