:lvg: | 15/9/2010
Laíño exhibe durante este mes parte das súas obras nas salas do Centro de Interpretación do Castro de Baroña e da casa cultural de Porto do Son
Salvador Laíño é un artista rianxeiro de 41 anos que compatibiliza o traballo de saxofonista nunha banda cos estudos de Belas Artes na facultade de Pontevedra. Neste mes ten dúas exposicións no Concello de Porto do Son.
-¿Dende cando pinta?
-Pinto dende sempre. Ata que empecei a estudar a carreira, no 2002, sempre fora autodidacta.
-¿É difícil compatibilizar a vida laboral coa de estudante?
-Non vou dicir que non, para facer as dúas cousas ao mesmo tempo teño que ir pouco a pouco, por iso tan só adoito coller dúas materias por ano. Aínda así, non me boto para atrás, facer Belas Artes era unha espiña que tiña cravada. Cando era máis novo non tiven a posibilidade de desprazarme fora de Galicia para estudar o que quería. Unha vez que abriu en Pontevedra a facultade de Belas Artes, vin máis accesible o meu soño.
-¿Pertence a algún colectivo?
-Colaboro con dúas asociacións e ademais diso son integrante do colectivo Diorama, un grupo formado por doce alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra.
-¿Como definiría esta entidade?
-Somos un grupo variado, cada compoñente tira un pouco polo que lle apetece. Utilizamos diferentes técnicas e formatos, as nosas temáticas son variadas e o único que nos une son as ganas de crear. Algúns facemos pintura, outros fotografía e moi poucos escultura.
-¿Fixo algunha vez exposicións conxuntas?
-Con Diorama fixen varias. Conxuntamente expuxemos en diferentes lugares como a casa de cultura de Ourense, a sala náutica de Sanxenxo ou nalgún sitio da Coruña. Agora mesmo teño unha exposición con eles na casa de cultura de Porto do Son ata o día 29. Por outra parte, coas outras dúas asociacións participei en mostras itinerantes, coa temática do Camiño de Santiago, que se expuxeron en lugares como Lisboa, Oporto... Cunha das asociacións, teño previsto expoñer o ano que vén en Nova York e Xapón, pero isto está por pechar.
-¿Que é o máis positivo de colaborar con colectivos e grupos de artistas?
-Para a xente que anda pillada de tempo coma min, é fundamental colaborar con este tipo de entidades, porque doutro xeito seríalle imposible participar en tantas exposicións, pois é algo que implica case unha dedicación completa. Colaborar nalgún colectivo permíteme difundir as miñas creacións en maior medida.
-De xeito máis individual, ¿que pode comentar sobre a súa obra?
-Principalmente fago pintura, utilizando a técnica mixta. Os lenzos que pinto teñen dúas partes totalmente diferenciadas, unha realista e outra naif . A través da relación entre as dúas partes, pretendo que o público descubra a crítica das miñas mensaxes. A parte realista adoita representar o presente, e o debuxo infantil, o futuro.
-Dígame algún pintor de referencia para vostede.
-A nivel nacional, Antonio López e a nivel galego, Alfonso Costa e Quintana Martelo.
-Fáleme da súa exposición no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.
-Esta exposición está aberta ao público ata o 29 de setembro. Nela pódese ver unha selección de 13 pinturas de formato medio e elaboradas cunha técnica mixta, pois combino o óleo, o acrílico e a acuarela. Nesta exposición recollo obras pertencentes a dúas series, por un lado a de Peixes, e por outro, lenzos de Apeiros . Espero que ao público lle agrade.

0 comentarios:
Publicar un comentario