Últimos comentarios

sábado, 25 de septiembre de 2010

Reinventar o chiringuito de praia

:logo-xornal: | 16/09/2010 ¤ Tamara Peña
O Chiringuito de Fonfo é un local ao lado da área que desbota a idea da fritanga e a xente en bañador e que ofrece dende concertos os sábados á noite ata mesa de pin-pon


Circula polas costas das Rías Baixas a teoría de que o fenómenos acuático propiciado polos ríos galegos non é máis que a obra dun deus despitado.Como contan os vellos ao pé da lareira o ser omnipotente topou no albor da humanidade con esta nosa esquina do mundo e arrimando as súas mans ao primeiro retazo de terra que atopou deixou unha pegada pola que logo correrían os ríos e en cuxa desembocadura se metería o mar para formar as rías.

Anacos de auga rodeados de terra en tódolos seus lados que só atopan unha saída á súa escorrentía. Zonas de veraneo na época estival e un bo resgardo durante os fortes nortes do inverno. Un lugar seguro onde parar a descansar mentras marcha a treboada.

Nunha destas rías atópase o Chiringo de Fonfo. Ao final do concello mariñeiro de Porto do Son tórcese á dereita e alí pegado aos penedos que limitan a terra coa auga encóntrase un deses chiringuitos de antes reconvertido en lugar de recreo. Porque o de Fonfo é moito máis que un bar, é un ambiente, é unha parada, é un lugar de contemplación do lento transcorrer dunhas augas e logo dun tempo desvellecido.

As paredes do local viron pasar xa a varias xeracións de veciños, de veraneantes, de visitantes de paso, de amigos dunha noite. “Antes ca min tívoo Anny, unha belga que vive por aquí, e antes ca ela, corría con el Fran de Fino; isto sempre foi un chiringuito” comenta o actual propietario, Rubén Insua Valiño, que o pasado venres deulle o chifre de saída a unha aposta persoal que xa levaba barallando dende había tempo e que agora que xa se materializou teno moi ilusionado. “Para celebrar a apertura convidamos a todos os veciños, aos amigos, aos que viñan sempre a unha festa con churrasco e pinchos que auguran as tapas que imos dar. Que mágoa que non estiverades!”

“En realidade estaba farto de ser comercial. Non me quería ir a Cantabria e apareceu esta oportunidade. Anny xubilouse e eu, que xa viña por aquí, arrisqueime a montar todo o que ves”. O que se ve é un galpón apurado que hoxe gañou co tempo. Logo da entrada que fai de aparcadoiro baixa o camiño de pedra que leva até a terraza, “aquí é onde imos facer as churrascadas para que a xente poida ver a posta do sol co bandullo cheo da tapa” explica Rubén Insua.

Unha terraza que cando menos merece un minuto de contemplación porque a situación da que goza moi poucas son quen de mellorala. Mirando de fronte á desembocadura da ría, ulindo o cheiro a salgado e vendo sen querer os surfistas que nos días navegables se atreven a cabalgar as ondas da praia que hai ao lado do bar.

Adentro un café-concerto distribuído en diferentes espazos ao que non lle falta de nada. Na entrada,á dereita, unha biblioteca cero “porque aínda non ten libro ningún, pero que co paso do tempo se encherá ata arriba”, un pouco máis alá a barra e ao fondo a árbore que lle fai de decorado aos grupos, aos monologuistas e aos cantautores que “todos os venres e sábados pasan por aquí”.

A cheminea quenta as frías noites de inverno e á esquerda a mesa de pin-pon, os dardos, o billar e o futbolín. O wi-fi para os que non poidan vivir sen estar conectados.

“O bar é unha aposta persoal na que me axuda a miña moza Melisa; aquí puxemos moita ilusión, traballo e esforzo e oxalá non poidamos coller nin un día libre e teñamos que meter catro camareiros porque non damos abasto”.

O Chiringo de Fonfo vai máis aló do verán de praia que agora remata. “Queremos aguantar o inverno apostando polos bos ambientes; a xente ten que saber que aquí en Porto do Son hai un recuncho ao que pode vir a tomarse unha cervexa, a mira o mar se fai bo día e a desconectar de todo o que os agobie".

Praia de Fonforrón. Porto do Son

Aquí nos hicimos eco de la primicia: Apertura chiringo fonfo

2 comentarios :

um qualquer dijo...

haverá que ir tomar-lhe algo entom...
a actuaçom do rapas de Rodela pode ser um bom começo :)