:lvg: | 16/05/2010
DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA DE CAAMAÑO
«Desde que cumprín os 10 anos non perdín de tocar nin un só mes».
Membro dunha familia ligada á música, Francisco Olveira leva sesenta anos dirixindo a agrupación sonense e foi integrante das orquestras os Saga e os Sones.
Recibe ao pé da porta da casa familiar. É alto. De estrutura ancha e forte. Destacan do seu físico, unhas mans amplas e grandes, afeitas a coller as ferramentas de traballar a terra. Unhas mans, tamén, afeitas a tocar o clarinete e o acordeón. Francisco Olveira Santos (7 de abril de 1932) é o director da Banda de Música de Caamaño, fundada por seu pai no ano 1912. Está casado con Juana González Cameán, Juana de Segade, alcume que el herda e polo que é coñecido en Xuño. Son pais de dous fillos que tamén están na música, un mundo que forma parte desta familia, di o mestre-director: «Ademais de meu pai, meus catro irmáns tamén tocaban instrumentos e sometíanse á disciplina da batuta». Esta saga leva 115 anos entre instrumentos e pentagramas, e seguirá porque as netas de Olveira xa están aprendendo solfexo.
Dentro da súa casa, sitúanos nunha mesa para seguir conversando, vixiados pola imaxe de santa Cecilia, quen ten á súa beira a Mozart e supoñemos que a Schubert nun pequeno altar.
-¿Que fai falta para ser músico?
-Ademais de saber solfexo ter oído para defenderse na execución musical e unha inmensa vocación.
-¿A que anos empezou a estudar música?
-Aos 10. Concretamente no ano 1942, coincidindo co meu aniversario, un 7 de abril.
-Despois xa faría saídas para tocar fóra?
-Íamos tocar nas procesións e tamén a algunhas romarías para amenizar determinados momentos. Logo viñeron as verbenas. Había poucas orquestras e tiñamos bastante éxito nas saídas.
-Dinme que vostede foi fundador da orquestra os Saga, unha formación musical de sona no seu momento.
-Si, pero cando se formou eu estaba navegando nun barco-correo, concretamente desde o ano 1962 ata o 1968. A meu destino era tocar o acordeón na orquestra de abordo. Nese tempo formouse os Saga e cando cheguei tomei o mando da agrupación. Alí tiñamos un gran vocalista, Carlos, fillo do Gitano, tamén solista da orquestra París. A tristura foi que Carlos finou moi mozo, disque andando aos percebes en Aguiño. Ao pouco tempo, cambióuselle o primeiro nome polo de os Sones. Tocábamos en moitos sitios porque había bailes: San Martiño, Carreira, Ribeira, Olveira, Palmeira, Caamaño, Queiruga, etcétera. Hoxe as cousas están moito máis difíciles neste aspecto.
-¿Que lle esixía vostede a un vocalista dos Saga?
-Que soubese a letra das cancións e entrar ben na peza. Teña en conta que daquela a maioría dos solistas non sabían música, cantaban, iso si, máis ou menos ben; entoaban de xeito, pero faltáballes seguridade á hora de entrar. Tiñan que estar atentos ás nosas indicacións.
-Fala de que estivo de músico nun barco-correo.
-Era un correo da compañía Ybarra. Alí toquei con dous músicos vascos e outros dous galegos. Tiñamos un variado repertorio de boleros, pasodobres, tangos, foxes (neste momento, para indicar as pezas que executaban, entoa In the mood , de Glen Miller). O barco tiña dúas orquestras, unha para os de primeira clase e outra para a económica. Nós estabamos nesta última. Pero moi contentos. As nosas actuacións estaban cheas de público, incluso os da outra clase viñan a vernos. Naquel correo que tiña como destino Arxentina, Uruguay, Brasil puiden ver tamén a cara da emigración. Unha cara fea que nunca me gustou. Outro caso distinto eran os cruceiros que facíamos a Oriente Medio. Alí puiden ver outra clase de vida.
-É dicir, vostede foi un músico vocacional que exerceu como profesional.
-Para o caso, si. Desde que cumprín os 10 anos non perdín de tocar nin un só mes.
-Pero está xubilado.
-Pero sigo tocando. Non vou ás actuacións, pero toco todos os días.
«As mulleres son máis estables que os rapaces e tamén máis atentas para o ensaio»
«Os músicos hoxe necesitan unha gran preparación»

O Son siempre fue cantera de músicos y a pesar de todas las adversidades aun lo sigue siendo y lo que es más importante, hubo y hay músicos y cantantes de todos los estilos.
1 comentarios:
que gran maestro musical toda unha vida dedicada a formación de músicos, gracias por esa paciencia que tantos frutos dou.
Publicar un comentario