14 agosto 2010

«Nas xornadas falouse da emigración dos antepasados»

:lvg: | 14/8/2010
Entrevista: Manuel Mariño del Río, director das xornadas de historia e cultura de porto do son. O responsable afirma que o seminario foi un éxito. No 2011 cumpre dez anos e podería dedicarse á Prehistoria.

Manuel Mariño é o director das Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son, que veñen de rematar. El foi un dos impulsores desta iniciativa, que cumpriu xa as nove edicións.

-¿Que impresión xeral leva destas xornadas?
-Foi conforme ao que esperabamos, e cumprimos todas as expectativas. Tanto as visitas como as conferencias tiveron moito éxito.

-¿Cantos participaron?
-A matrícula foi altísima, con 85 persoas, a máis elevada dos últimos anos. Houbo un pouco de todo, desde estudantes, traballadores, novos e maiores. Nunha das visitas chegou a haber xente desde un 1 ano ata os 86.

-¿Por que escolleron o tema da emigración?
-Era un asunto que nos gustaba aos organizadores. Ademais, o ano pasado, cando remataron as xornadas fixemos unha enquisa entre os asistentes, e estes apoiaron que este ano se tratase a emigración.

-¿En que aspectos deste fenómeno social se incidiu?
-A nivel xeral, tratáronse todos os polos. Porén, botei en falta non contar cunha experiencia persoal, contada en primeira persoa por un emigrante. Contamos coa presenza dun veciño de Porto do Son que emigrou a Arxentina, pero non narrou esa viaxe en barco, que duraba vinte ou trinta días. O que si nos relatou este home foi que, cando chegou a América, nunha explosión de ledicia por chegar a terra, tirou o colchón ao mar. Á marxe disto, falouse da emigración dos antepasados, dos próximos e hoxe en día; e desde o punto de vista da muller, familiar, social, musical e literario.

-¿Como foron as visitas?
-Non tiñan moito que ver coa emigración, pero serviron de intercambio cultural, pois había veciños da zona e de lugares como o País Vasco, Arxentina ou Uruguai, turistas e emigrantes.

-¿Teñen pensado o tema para o ano que vén?
-A próxima edición será un pouco especial, porque cumprimos o décimo aniversario. Así que nos gustaría volver ás orixes. A idea é falar da Prehistoria, cun monográfico por día, sobre os castros, mámoas, petróglifos... Ademais, isto daría moito xogo, porque se poderían facer visitas moi interesantes pola zona relacionadas co asunto. Pero aínda non está decidido se finalmente vai ser este o tema.

-¿Que outros asuntos lle gustaría tratar?
-Non pensamos en ningún máis porque non traballamos a longo prazo, senón dun ano para outro. Aínda que temos varias propostas que nos van chegando, como facer un monográfico da época castrexa ou sobre a Historia antiga.

-Esta xa é unha cita consolidada.
-Estamos moi contentos, e xa somos moitos os habituais que nos atopamos cada ano. Hai unhas cinco persoas que levan vindo todos os anos desde a primeira edición. É unha forma de fomentar a cultura sonense e barbanzana.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Con asombro constatei esta mañá no enlace do blog sonense do PP, os calificativos que se verteron en canto á organización das xornadas e ós organizadores; e quixera deixar constancia do meu desagrado por tanto veleno vertido por "causas persoais" que parecen levar implícitos nos seus comentarios. Como asistente ás anteditas xornadas comentar que foron escepcionais, que toda a organización se volcou amplamente con todos nós e que é moi de agradecer que sigan coas xornadas persoas atacadas por uns ou outros méritos.
Pois, como ben se dixo na clausura das mesmas era un tema moi amplo como para abranguer en catro días e quedou amplamente satisfeito. E a quen non lle gustaran instoos dende a experiencia que dan os anos vividos a que se ocupen eles mesmos de dita organización.
A miña máis sincera noraboa polas xornadas, que como emigrante, me encantaron e tocaron fondo. E pola expectacular actuación de jazz final, simplemente sublime.

Anónimo dijo...

Ten razón compañeiro, eu tamén asistín a esas xornadas, e agora que o dixo tamén accedín ó blog ó que se refire, que desfachatez, agardo que non todos os militantes deste partido pensen igual, senón avergonzaríame participar dos seus mesmos ideais. O que ese home fai, Manuel Mariño é importantísimo para o pobo, pois é dos poucos que se seguen a interesar por este pobo e, porqué non dicilo a sentir ilusión co que fai por el. Quen é ninguén para inmiscuirse na súa vida? E moito menos, para ter a baixeza de non facelo de fronte, porque aposto algo a que non llo dixeron na cara,... E o peor de todo, facendoo dende o lindeiro profesional, incrible, sinceramente incrible,... E dende aquí pretendo abrir unha plataforma de apoio ó seu traballo por este pobo desagradecido,... ata que non se demostre o contrario.

Anónimo dijo...

Dicía un ministro de Hitler que unha mentira contada mil veces se convertía en verdade. Isto parece ser o que tentan hoxe os dous comentarios anónimos que me preceden, sobre todo o das 14:11, aínda que analizando a escasa diferenza de minutos entre as entradas, máis ben parece que foron escritos polo mesmo autor. Vouno a tratar de explicar, que non é o mesmo que asegurar, xa que iso só o pode facer o creador deste blog mediante os IPs dos remitentes.
Os dous relatan curiosamente que miraron hoxe o comentario no blog do PP contra estas xornadas, comentarios anónimos por certo, aínda que nun deixase caer claramente que o escribiu o PP. Hasta aquí todo ben, pero é que este anónimo, primeiro tería que ler o comentario do primeiro, despois buscar no blog do PP onde estaba o comentario de marrás, léelos, porque son dous e despois comentar aquí toda parrafeada. Obsérvese que o primeiro non deixou ningún enlace como fago eu agora, polo que facer todo isto en nove minutos, antolláseme moi difícil: http://ppdoson.blogspot.com/2010/06/reduccion-dos-soldos.html#comments
Aínda que mellor houbese sido que fose directamente ao blog de onde parten os anónimos ou neste caso non interesa relacionala fonte da noticia e é mellor tentar emporcallar ao PP nisto: http://ecosdeavellaneda.blogspot.com/
Algúns levamos moito máis tempo ollando estes blog e non nos fai falla dicir que foi por pura casualidade, como se desprende neste anónimos: descubrir hoxe o do PP e coincidiren xusto na mesma páxina. En fin, que aínda que nos movamos anonimamente por internet, no Son coñecémonos todos.

Anónimo dijo...

Desdichados aquellos trobadores de la cultura de su pueblo que son reconocidos como tal, porque en otras tierras mejores deberán ir a parar.
Me gustaría a mi saber si el que escribió el comentario anterior es de los que se pican con poco, pues leyendo los comentarios anteriores al suyo, se me antoja difícilmente que se pueda traslucir una afrenta contra el PP del pueblo, sinó más bien una mera pregunta a fin de que no se "emporcalle" el título mismo del partido. Una pena, que un pueblo como este caiga en tamañas bajezas como las que se suscriben en cuanto a comentarios en la página a la que me remiten,... Jamás hubiese esperado que el pueblo en el que veraneo desde hace tantos años se dedicara a destrozar públicamente a sus conciudadanos. Andaré con cuidado, no vaya a ser!!!!!!!.
Aunque deberíamos resaltar que en base en comentario anterior no se refería para nada a las jornadas acaecidas en el lugar no??? Porque de eso se debería debatir sanamente en estos comentarios, creo yo? O es que me he comido parte del mensaje?

Anónimo dijo...

No se trata de picarse con poco o con ajos, se trata de que uno esta cansado de ver como algunos tiran la piedra y esconden la mano. Esto pasaba en las tabernas y ahora en Internet gracias al anonimato que reporta y a su mayor difusión. Eso fue lo que he visto en los dos comentarios que me precedieron y especialmente en el segundo.
Donde usted "dice" que ve una mera pregunta, yo no solo no la veo, si no que veo una acusación clara y contundente contra el PP y sus militantes: "tamén accedín ó blog ó que se refire, que desfachatez, agardo que non todos os militantes deste partido pensen igual, senón avergonzaríame participar dos seus mesmos ideais".
¿De donde extrae que el autor o autores del blog "ecosdeavellaneda" son militantes de ese partido?
¿No pueden ser de cualquier otro e ir de "víctimas" para "emporcallarlos"?

Anónimo dijo...

É, simplemente, vergonzoso e demencial o publicado en ecos de avellaneda. Iso amosa, unha vez máis, que non deben ter dereito ao voto quenes viven e fóra de Galicia pois, ou minten descarada mente ou, efectivamente, descoñecen por completo o acontecer diario. Non valoran en absoluto o esforzo da xente que traballa entorno ás Xornadas de Historia. Tampouco a quenes veñen a da-las charlas, que non cobran nada... ¿para qué seguir a perde-lo tempo contestando a xente tan ruín?...

Fonforrón dijo...

Quisiera poner un poco de cordura en este debate, porque no se puede andar dando bandazos y sospechar de todo el mundo sin tener una sola prueba y solo porque un blog escribe en nombre del colectivo emigrante y usando como señuelo una ciudad hermana de Argentina. Empezando por el creador de este blog, la mayoría de los comentaristas son anónimos que podemos hacerlo desde cualquier parte del mundo y nuestras razones tendremos para actuar así, siempre que lo hagamos con el máximo respecto.

Aclarado esto, si accedieron al perfil del editor de www.ecosdeavellaneda.blogspot.com habrán comprobado que también lo hace al amparo de ese anonimato y como tal, nadie puede asegurar que lo escriba un vecino, un político, un emigrante o que viva en Avellaneda. Por lo que mientras no se demuestre lo contrario y ante la falta de datos o pruebas, es una falta de respecto hacia los emigrantes que tanto hicieron por Porto do Son, ¿o tan mala memoria tenemos?.

Dicho todo esto con la mejor de las intenciones, ¿son capaces de asegurar que no lo edita incluso un vecino suyo puerta con puerta?.

¿Quién les dice que no se edita, y esto es un hablar por hablar, incluso desde un domicilio de la rúa Avellaneda?.

¿A que viene también eso de implicar a un partido en concreto y sus militantes, en toda esta trama?. ¿A caso en los dos años que gobernó, no se celebraron dichas Jornadas y también con gran éxito?.

Si tienen pruebas contra unos u otros muéstrenlas, y si no, callen, o de lo contrario se están poniendo a la altura del editor de dicho blog.

Anónimo dijo...

Muy bien dicho! Eso me gustaría recalcar, no se celebraron con gran éxito durante su militancia? Como para que por unas causas u otras se meta en todo esto el trabajo de quien las lleva desarrollado con tesón durante todos estos años; el Señor Manuel Mariño, como para que se ponga en entredicho todo lo que lleva hecho por este pueblo. Siendo el único que ha llevado a término con ilusión dicho proyecto. Todos los que en el otro blog han opinado en contra de como estaban organizadas las Xornadas, recordarles, que este señor es el encargado de contactar con toda esa gente que sin cobrar viene de buena gana a poner su granito de arena en dichas charlas, SIN COBRAR NI UN DURO!!!! Recordarles también a quien mucho critican siendo de un partido u otro, de una nacionalidad o la vecina, que este convecino nuestro está abierto a todas propuestas sensatas que puedan revalorizar nuestro legado cultural. Porque esos que tanto se quejan no vinieron desde Newark o desde Avellaneda a dar su parecer en estas fantásticas jornadas? Acaso se excluyó a alguien. Lo que me parece es que quienes criticaron no asistieron a dichas jornadas, que fueron sencillamente fantásticas. Y lo que creo es que por lo que se deja traslucir no me parece que sea un ataque contra un partido u otro, sino que dicho comentario malintencionado es la carta de presentación de partido popular sonense. Lo que no creo que les grajee muchas amistades y por su bien deberían retirar, porque lo allí expuesto roza la delincuencia y merecería ser denunciado como un ataque muy claro contra el honor del responsable de las jornadas. No sé ni como le quedan ganas de seguir con ellas viendo lo que opinan sus convecinos,yo desertaría de un pueblo así, es un héroe!!!!

Anónimo dijo...

Muy bien dicho! Se celebraron estando también el PP en el poder local y en ese momento no se dijo nada; que pasó ahora de repente? Yo también é visionado, ante la curiosidad al respecto este blog. Y que verguenza! pues no creo que sea una afrenta política, sinó más bien personal contra el señor Manuel Mariño, pues un comentario de dicho personaje es la carta de presentación de PP del pueblo sonense, algo que no creo les grajee muchas amistades, sinó más bien todo lo contrario. Que pena que un pueblo como este se hunda en la miseria en vez de sacar pecho con orgullo ante este tipo de iniciativas y en ello me remito, tanto al museo del mar -trabaje quien trabaje en el, alguien conoce a que se dedica esa chiquilla? Quién sabe que estudia o deja de estudiar? Macabras alucinaciones de alguien muerto de envidia o viejas rencillas, porque todo empieza así, además aún no tenemos museo del mar, para que seguir divagando de lo que se hará o no con el. Porque para ser los cachivaches de un profesor de escuela, parece que ecos de avellaneda tiene interés en ellos. Recordemos que éste señor, Manuel Mariño está custodiando el legado de nuestros abuelos, cuando nadie le daba valor el no hizo apreciarlos y así se lo pagamos,... Se me cae la cara de vergüenza ajena. Y las jornadas, si hubiese asistido fueron fascinantes, nada comparable con lo que se haya podido verter de ellas, una labor que este pueblo nunca dará pagado a este señor y a gente como él, que sin cobrar un duro se dedica a un pueblo desagradecido. A día de hoy no sé como éste buen hombre sigue con ganas de volcar su ilusión en un proyecto como ambicioso como éste, con tamaño pagamiento de sus convecinos, yo me condenaría al ostracismo, es un valiente, que digo, un héroe de las causas perdidas. O no? Están ya perdidas o les queda un estertóreo reflejo de vida?

Fonforrón dijo...

Incomprensiblemente se sigue implicando sibilinamente el blog ecosdeavellaneda con los emigrantes y con el Partido Popular. De verdad que no entiendo esa sinrazón, salvo que haya algo más que se nos cuele sin darnos cuenta.
Lo que opinamos algunos de dicho blog lo reflejó muy bien esta página web: http://certo.posterous.com/porto-do-son-programa-e-ficha-de-inscricion-d