:lvg: | 10/8/2010
As Xornadas de Historia e Cultura arrancaron onte e durarán ata o xoves, con charlas, concertos e viaxes.
Porto do Son volve a converterse, un ano máis, no epicentro comarcal da Historia con maiúsculas. Onte arrancou a novena edición das Xornadas de Historia e Cultura, que este ano se dedicarán á emigración. Ata o xoves, expertos de todo o país analizarán diferentes aspectos deste fenómeno social, centrándose no caso de Galicia e nas peculiaridades na comarca.
Manuel Mariño del Río é o director destas xornadas. Xunto a el estivo onte o alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez, no acto de inauguración deste seminario. O rexedor sonense destacou o traballo de Mariño, pero tamén o apoio de Ramón Quintáns, ex alcalde e concelleiro de Cultura; a antiga concelleira de Cultura, Marisa Abeijón; e Lydia Moledo e Patricia Torrado, secretaria e coordinadora das xornadas, entre outros.
O curso leva por título Emigración: pasado e presente. Precisamente, Pastor Rodríguez destacou a importancia de tratar este tema, e declarou que estas charlas servirán para «un primeiro acercamento a un mundo tan complexo, rico e, ás veces tan doloroso como o da emigración».
Ao mesmo tempo, o rexedor recoñece que o tema é tan amplo, que será imposible abranguelo na súa totalidade, «por iso espero que en anos futuros engadamos a estes relatorios outros que amosen diferentes aspectos do que foi este fenómeno», facendo especial fincapé na súa incidencia en Porto do Son, onde a xente emigraba fundamentalmente a «Avellaneda, en Arxentina; Montevideo, en Uruguai, ou Nova Jersey, nos Estados Unidos».
Todos estes aspectos analizaranse a través de charlas, pero tamén mediante visitas guiadas, proxeccións de vídeos e películas e actuacións musicais. Hoxe mesmo pola mañá haberá unha ruta por A Pobra, cunha visita ao Museo Valle Inclán. Pola tarde intervirá Camilo Fernández, cunha charla sobre a emigración no século XVIII, e Ramón Pinheiro, que se centrará na presenza dos galegos na música cubana.
Hai unhas setenta persoas apuntadas. Ademais, este ano, por primeira vez desde o 2007, os estudantes asistentes recibirán un crédito de libre configuración polas universidades de Vigo e Santiago.

0 comentarios:
Publicar un comentario