:lvg: | 13/06/2010
Animada polo seu home, esta ama de casa de Porto do Son colleu as rendas do equipo local de fútbol, ao que están vinculados dous dos seus fillos.
É imposible falar da familia Ageitos Romero de Porto do Son sen mencionar o deporte rei. É que os seus cinco membros estiveron en algún momento da súa vida ligados ao fútbol, unha afección que segue a capitalizar boa parte do tempo libre de tres deles. Dese hai un par de anos, Elena é a cabeza visible do club local, no que ocupa a presidencia, pero xa con anterioridade estivera case unha década formando parte da directiva.
Os primeiros contactos desta ama de casa sonense co mundo do balompé remóntanse incluso máis atrás: «O meu home foi un dos fundadores do Deportivo Noal. El exerceu varios anos como adestrador, animado por un grupo de mozos que querían xogar. Logo, por mediación do Concello, fusionámonos co outro equipo do municipio co obxectivo de ser máis competitivos. Desde entón, estamos no Porto do Son».
Elena recoñece que foi a gran afección do seu home por este deporte a que provocou que se metera de cheo no club: «Unha vez que empezas a colaborar, xa non podes parar. Non só polo papel que xogaba o meu home no equipo, senón porque os meus fillos tamén estaban vinculados ao Porto do Son».
Trío de ases
De feito, neste equipo xogaron os seus tres fillos. O maior, Tono, deu co Noal as súas primeiras patadas: «Tería catro ou cinco anos cando empecei a ir adestrar co meu pai. Gustoume e seguín». Despois de pasar polos benxamíns do Oleiros, curtiuse no Porto do Son e incluso chegou a formar parte do plantel do Compostela.
Unha lesión afastouno dos terreos de xogo, aínda que só parcialmente, xa que é dun dos adestradores do club que preside a súa nai. Ten claro que o seu futuro estará vinculado ao deporte: «Fixen un ciclo formativo de actividades física e agora estou facendo un curso de quiromasaxe, que me gusta moito. Gustaríame dedicarme profesionalmente ao mundo do deporte».
Tamén o seu irmán Sergio, de 22 anos, estivo unha tempada xogando como porteiro, pero decatouse que o del era o baloncesto e agora forma parte do Compañía de María compostelán. O menor, Manuel, segue por agora os pasos dos anteriores, algo que enche de ledicia a Elena: «Está claro que teñen que buscar algo para vivir, porque do fútbol é moi complicado, pero a min gustaríame que seguiran xogando e estando vinculados a este mundo».
Para ela, ver a ilusión na faciana dos rapaces que xogan no Porto do Son é a mellor recompensa ás moitas horas que lle dedica ao club: «Gústame o que fago, pero recoñezo que o fútbol lévase a maior parte do meu tempo libre. De feito, neste intres estou bastante cansa e teño gañas de deixar. Por unha banda é unha gran responsabilidade pero, por outra, moita xente anímame a seguir. Estou nunha encrucillada».
Falando con Elena queda claro que a vella teoría de que o fútbol é un mundo de homes pasou á historia: «Para nada, as mulleres implícanse tanto ou máis que eles nas tarefas organizativas. De feito, quero contar con máis para a directiva.».

0 comentarios:
Publicar un comentario