10 octubre 2010

«A música é agora unha alternativa laboral moi interesante»

Juan Leis Profesor de música
:lvg: | 10/10/2010
É de Negreira, pero Juan Leis exerce como mestre de vento madeira nas escolas de música da Pobra e de Porto do Son. A maiores, dirixe o centro formativo da Baña.
-Nos dous casos de Barbanza trátase de proxectos novos, ¿que obxectivos se marca?
-Do que se trata é de motivar aos nenos a través da música, de conseguir que se desenvolvan a nivel cultural e tamén de darlles unha posible saída profesional. A música é agora unha alternativa laboral moi interesante.

-Pero para os nenos, ¿que beneficios ten?
-A música é un vínculo de emocións que lles permite aos nenos traballar en grupo e aprender a diferenciar un abano moi amplo de sons. Tamén funciona como terapia antiestrés, para que os críos rompan coa rutina diaria.

-¿Como son as clases cos máis pequenos?
-O que se fai é recorrer a xogos rítmicos e musicais. Son clases para entreterse máis que para aprender a tocar un instrumento. Con 7 e 8 anos é cando empezamos xa coa formación auténtica.

-Tanto na Pobra como no Son hai proxectos para a constitución de bandas, ¿é ese o fin duna escola?
-É un obxectivo, pero non o único. Pódense crear desde big bands de música moderna ata grupos clásicos. Fanse bandas porque son unha forma de representación dun pobo nunhas festas, pero non teñen por que limitarse a un repertorio clásico.

0 comentarios: