:lvg: | 30/10/2010
Once meses dan para moito, algo que o rexedor sonense pode corroborar trala moción de censura que o colocou no poder
Menos dun ano como alcalde e moitas frontes abertas. Aquí explica algunhas.
-¿Que se pode facer nun ano á fronte do goberno, que é o tempo que están a punto de cumprir?
-Dotar a Porto do Son dunha maioría estable que permitiu aprobar orzamentos e todos os asuntos de interese para o municipio.
-¿Cales eran as maiores necesidades que atoparon ao chegar?
-Case as mesmas que había no 2007, pois o PP non foi capaz de executar a maioría das obras aprobadas anteriormente. O concello estaba moi paralizado e fixéronse por parte do PP obras en malas condicións, como é o caso dos contedores soterrados de Caamaño. Nós esperamos ir facendo o máis apropiado para Porto do Son, cousa que xa demostramos nas obras xa realizadas.
-A fachada marítima foi a grande inversión perdida non só para o concello senón tamén para a comarca, ¿cales son as novidades que incluíron ou que propuxeron para a futura fachada?
-Foi un erro gravísimo do PP eliminar esta grande inversión. Nós remitimos agora unha nova proposta que creo que responde ás necesidades do noso municipio, entre as cales están a ampliación de beirarrúas para maior superficie de terrazas da hostalería, unha explanada para actuacións musicais, un auditorio ao aire libre con vestiarios e aseos públicos para a praia debaixo da ampliación do aparcadoiro ou unha pista multideportiva, entre outras.
-E nas parroquias, ¿cales foron as inversións máis importantes e cales son as que quedan por facer?
-Reparar as humidades na Casa de Cultura de Caamaño, continuar coas beirarrúas ao longo da estrada AC-550 en Queiruga e Caamaño ou o alumeado de Abuín ata as Insuas, en Baroña. O arranxo dos parques infantís e das pistas polideportivas municipais, as actuacións de limpeza, sinalización ou a construción dun Centro de Interpretación das lagoas de San Pedro e Xuño son outras.
-¿Algunha recomendación para o portavoz popular co obxectivo de suavizar o clima dos plenos?
-A mesma que para o resto: respecto polos demais.

Leyendo las declaraciones del señor alcalde, uno tiene la sensación de que el PP gobernó toda la vida aquí en Porto do Son.
Crítica como no los colectores de basura de Caamaño, pero no explica porque los que se instalaron en la Plaza de España están clausurados ni porque se deterioraron tan rápido.
Crítica por ejemplo que ahora se aprobaron los presupuestos, pero evade decir que el no haberlo hecho antes impendió a muchos empresarios y padres de familia cobrar por el trabajo que hicieron en el mandato en el cual el era un concejal del equipo de gobierno.
¿Por qué no dice claramente quién construyó la Casa de Cultura de Caamaño, ya con goteras?
O también, ¿por que hubo que levantar desde esa misma plaza hasta la fachada marítima dicha calle, porque no había separación de aguas pluviales y negras?
Por cierto, mira que hay diferencia por ejemplo entre las aceras que se hicieron en Queiruga en el gobierno antes del POSE, después por el PP y ahora por el bipartito. Al lado de las del PP podemos aparcar fuera de la carretera, en las demás, la gente aparca sobre ellas porque no hay espacio material.
En fin, podría poner uno y mil ejemplos más, como las ayudas inexistentes que el PP tuvo de la Xunta del bipartito, tantas como ahora se critica desde este bipartito y de la Diputación, sin olvidarme del tiempo de las vacas gordas que disfrutó el PSOE y que dejó de la mano de Dios a las aldeas.
1 comentarios:
Coma veciño de Xuño paréceme unha tomadura de pelo que encha tanto o peito presumindo de que a casa de cultura de Caamaño agora non ten goteiras gracias a vostedes e a da que foi a súa parroquia, nola teña feita unha verdadeira merda.
Ao mellor que a de Caamaño tivese humidade en tan pouco tempo é que alguén non fixo ben as cousas e quen o debería de comprobar, mirou para outro lado.
Publicar un comentario