:lvg: | 19/10/2010
A Escola de Música de Porto do Son, que comezou a súa andaina hai tres semanas, conta entre os seus mestres con Manuel Casabielle, que ten o título de Maxisterio Musical e o grao medio no conservatorio.
-¿Que materias imparte?
-Solfexo, música e movemento para rapaces de entre 3 e 5 anos e instrumentos de vento-metal. Os alumnos máis maiores son os de solfexo, que teñen entre 10 e 11 anos, pero a media de idade dos estudantes da escola oscila entre los 5 e os 7 anos.
-¿Canto antes se inicie un na música é mellor?
-Canto máis tempo estás metido na música máis sinxelo resulta asimilar os coñecementos e interiorizas antes os conceptos.
-¿Neste caso terá que facer un esforzo dobre pola idade dos rapaces e porque a música é algo difícil?
-Nun conservatorio búscase formar a músicos profesionais e o nivel de esixencia é máis duro. Nesta escola preténdese adentrar aos asistentes na música e búscase que o pasen ben aprendendo. Tés que facer unha clase entretida, do contrario quédaste sen alumnos.
-En solfexo hai moitos anotados, pese a ser a parte máis dura.
-Sen coñecementos de solfexo non podes tocar un instrumento porque non podes ler a partitura. Un dos propósitos é formar a banda de música de Porto do Son. Eles, como futuros integrantes da banda saben que deben ter coñecementos de solfexo.

Grandes y excelentes gaiteros no tenían o tienen conocimiento de solfeo y ahí están sus proesas.
0 comentarios:
Publicar un comentario