23 octubre 2010

O lado artístico dos vexetais

| 23/10/2010
Palla, xuncos, madeira e corres son os produtos empregados na confección das obras que estes días se amosan na casa de cultura de Portosín.

A cestería galega está a atravesar na actualidade un dos seus peores momentos, pois atópase en serio perigo de extinción. O abandono das formas tradicionais de vida campesiña, a invasión do plástico e a produción en cadea de todo tipo de artigos nos países asiáticos están a afogar unha actividade que no pasado tivo un peso moi importante en Galicia. Para evitar que esta forma de arte se perda definitivamente, o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo montou unha exposición de obxectos feitos con palla, xuncos, corres e madeira que estes días recala na casa de cultura de Portosín.

A inauguración da mostra tivo lugar na tarde do xoves e contou coa asistencia do asesor técnico do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, José Carlos Ferreiro Otero, que estivo acompañado polo alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez. Os dous destacaron a importancia que ten esta colección como fórmula de divulgación dunha técnica, a da fabricación de obxectos a partir de fibras vexetais, que acompañou aos galegos desde tempos inmemoriais.

O que se amosa nesta exposición é unha selección de obxectos de cestería representativos de toda a xeografía galega. Así, por exemplo, no que ás obras feitas con palla se refire, forman parte da mostra aberta na casa de cultura de Portosín cestas para o seu uso no fogar e tamén para as tarefas de labranza. Representativas da comarca de Barbanza están o sombreiro feito en Mazaricos e unha cestiña de xuncos e aros típica da localidade muradá de Louro.

Pesca e agricultura

É interesante tamén a parte da exposición que está dedicada aos artigos realizados con xuncos. Nasas para a pesca de río feitas en Navia de Suarna e para a captura de anguías chegadas desde Ourense, cestos para a vendima e para outros usos de carácter agrícola e ata un capelo empregado antigamente polos pastores para protexerse da chuvia forman parte desta mostra.

Outra das seccións é a de madeira rachada. Nela tamén hai nasas, empregadas sobre todo para o marisqueo e para a captura de polbo, pero quizais o máis destacable son curiosos obxectos como un abano para avivar o lume, un bozo para o gando ou as tradicionais patelas.

Completan a exposición que o xoves se abriu na casa de cultura de Portosín unha serie de obxectos feitos coa técnica da cestería de corres. A pesca e a agricultura seguen a ser os usos máis comúns destes recipientes, pero tamén hai axóuxeres feitos de vimbios que proceden de Vigo.

Esta colección, de gran valor etnográfico, permanecerá na localidade sonense ata o 14 de novembro. Poderá visitarse de luns a venres, desde as 8.30 ata as 13.30 horas e tamén entre as cinco e as oito da tarde.

Related Posts:

  • Horarios de Exposiciones:lvg: | 16/1/2011 CASA DE CULTURA Porto do Son. Esculturas de Camilo Rodríguez. Puede verse de lunes a viernes, de 9.00 a 13.00 y de 18.00 a 20.00. Los fines de semana abre solo en horario de tarde. CENTRO DE INTERPRETACIÓN … Read More
  • Colección de pequeños cantores :lvg: | 19/12/2010 Las 400 aves que pueden contemplarse en la casa de cultura sonense atrajeron el interés de numerosas personas Diez años lleva ya la entidad Avizor, presidida por Víctor León, promoviendo la afición por la… Read More
  • Casas de cultura y unitarias realizan un servicio similar:lvg: | 15/1/2011 En los municipios donde no cuentan con un local de este tipo -bien por falta de fondos para llevarlo a cabo o bien porque no hay demanda suficiente- se las ingenian como pueden para que los músicos de la zon… Read More
  • La Xunta deja en el aire una ayuda de 200.000 euros para la obra de la casa de cultura de Xuño:lvg: | 5/2/2011 Se trata de una partida económica que seguro dará mucho que hablar. Y es que después del encuentro mantenido el miércoles entre el titular de Cultura de la Xunta, Roberto Varela, y el alcalde sonense, Pastor … Read More
  • Buño e O Son acurtan distancias :lvg: | 15/12/2010 Unha exposición aberta no Centro de Interpretación do Castro de Baroña permite ver unha selección das pezas máis representativas da olería O Concello de Porto do Son está a facer unha aposta importante po… Read More

0 comentarios: