:lvg: | 1/2/2011
É o único centro da comarca que imparte unha materia de cine, na que cada ano producen unha curtametraxe
Están cargados de soños e de ganas de traballar. Son aínda moi novos, pero a súa disposición e creatividade non deixa de sorprender. Trátase dos alumnos de terceiro de secundaria que participan no proxecto SonCine, algo que comezou como unha actividade extraescolar e que no ano 2006 se converteu en materia optativa, sendo o sonense o único centro da comarca que a imparte. Baixo a dirección do profesor David Pérez, os alumnos exploran novos medios de coñecemento, aprenden os segredos e técnicas audiovisuais e canalizan a súa creatividade.
Cada ano realizan unha curta. Este curso, cada clase (hai tres grupos) traballa nunha diferente. Farán un musical, un documental e un falso documental, respectivamente. As rodaxes non empezaron, «hai moito que facer e que aprender antes», explica Pérez. Por exemplo, expoñer o seu entorno. Cada alumno levou unha cámara para a súa casa para poder gravar unha pequena visión do que lles rodea. E, novamente, sorprende o resultado.
«O meu soño sería facer algún día unha película», afirma sen dubidalo unha alumna. Unha ilusión compartida por moitos. Na súa clase farán un musical e xa teñen as tarefas distribuídas: directores, guionistas... «Pero aínda temos que facer o cásting para seleccionar os actores», afirma unha compañeira.
Noutra clase, pensaron nun falso documental: «Ímolo facer sobre o tráfico nos institutos. Uns reporteiros veñen gravar ao centro un documental porque sospeitan que trafican con drogas, pero finalmente trátase de gominolas», conta un rapaz.
Moito traballo
Recoñecen que o traballo é duro, pero non lles importa dedicar horas e horas. David Pérez conseguiu contaxiarlles a paixón pola sétima arte, e el mesmo se contaxiou da enerxía dos alumnos. Recoñece que teñen talento e non para de mostrar con orgullo todo o traballo que fixeron nestes anos. É tal o interese que esperta este proxecto que os estudantes que xa non teñen a materia continúan traballando nela. É o caso dun grupo de alumnas de cuarto, que o ano pasado fixeron unha historia de medo e este ano tomaron a iniciativa de facer unha curta de amor.
Na páxina web vimeo.com, buscando «SonCine», non só se poden ver as curtas realizadas cada ano, como Nico, Mar ou Medo, senón tamén traballos doutro tipo, como o que elaboraron sobre María Mariño, ou entrevistas a personaxes como David Lozano ou Yolanda Castaño. No seu haber teñen xa varios premios, o último, no festival de Ourense. Ademais, nestes anos contaron coa colaboración de actores como Manuel Olveira Pico ou Luis Avilés.

1 comentarios:
Esta é unha gran iniciativa cultural, non estaría de máis que recibira un pouquiño de apoio e recoñecemento dende a Concellería de Cultura.
Noraboa rapaces!
Publicar un comentario