:lvg: | 15/2/2011
Hai pouco máis dunha década que un veciño de Miñortos empezou a adquirir obras de Luis Seoane, unha figura clave na renovación da pintura galega, cuxo traballo está representado en museos de todo o mundo, empezando polo Moma de Nova York. Co paso do tempo, Jesús Maneiro Romero conseguiu reunir unha trintena de pezas. Agora, todos os afeccionados á arte poden contemplalas na casa de cultura de Portosín, onde a exposición estará aberta ata o 12 de marzo.
Foi hai aproximadamente un ano cando empezou a xestarse a montaxe da exposición que na noite do sábado se abriu ao público baixo o título O son de Seoane. O alcalde, Xoán Pastor Rodríguez, e o concelleiro de Cultura, Ramón Quintáns, souberon da colección que tiña no seu poder Maneiro Romero e manifestáronlle a posibilidade de darlla a coñecer ao público. O Concello axudoulle a este veciño a preparar as obras e encargou a edición dun catálogo.
A través deste folleto, o propio Jesús Maneiro manifesta que nunca pensou en conseguir unha colección tan importante como a que ten agora no seu poder: «Cando conseguín os primeiros gravados non podía imaxinar que chegase a reunir a exposición que, pola temática e técnicas empregadas, a fan o suficientemente interesante como para serlle amosada ao público».
O catálogo inclúe tamén unha crítica a cargo de Fátima Otero, quen se refire a esta colección como a presentación dunha trintena de gravados, dous lenzos e un mural, «coa singularidade de que algunha destas obras nunca, ata a data, estiveran ao alcance do público».
Dos gravados, esta crítica de arte destaca que «constitúen un excelente soporte temático para comprobar a evolución do artista, que pasou á historia como un dos galegos máis representativos da pintura do século XX».
A montaxe desta exposición en Portosín coincide coa recente conmemoración do centenario do nacemento de Luis Seoane, unha efeméride que tivo lugar no 2010.
Das pezas que integran a colección O son de Seoane, a máis valiosa é a que se presenta baixo o título Inti. Trátase dun bosquexo que, no seu día, Luis Seoane creou co obxectivo de realizar un mural de maiores dimensións, aínda que este nunca chegou a materializarse. O traballo está baseado nun deus maia precolombiano. É unha obra única, considerada unha auténtica xoia.
Únicos e, polo tanto moi importantes, son tamén os dous lenzos incluídos nesta mostra. Son cadros con influencias picassianas. Un deles é unha figura en tons ocres e amarelos e o outro, unha muller cun manto.

0 comentarios:
Publicar un comentario