:lvg: | 3/11/2010
Unha exposición que se pode ver no hospital barbancés anima aos veciños a facerse doantes de órganos
Hai exposicións que están moi ben armadas. Incluso que teñen auténticas obras de arte. E que, malia iso, pasan desapercibidas aos ollos do gran público. Hai outras mostras coas que pasa o contrario. Pode que non teñan un formato excesivamente preparado, pode que non vaian quedar para os anais da historia... Pero entran polos ollos. Porque son vistosas e tocan a algo máis que á vista: van directas ao corazón de quen as olla. Ocorre iso cunha exposición que pode verse ata o luns no recibidor do hospital barbancés; é un traballo feito por escolares galegos en relación coa doazón e os transplantes de órganos.
Resulta que a Consellería de Sanidade organizou un certame de debuxo e lemas para concienciar aos escolares e á poboación en xeral da importancia de doar órganos. Foron case 400 rapaces de toda Galicia os que puxeron o seu maxín a disposición desta empresa. E o resultado non puido ser mellor. Na exposición que está percorrendo os hospitais galegos e que agora chegou ao complexo sanitario de Oleiros soamente se poden ver os 25 debuxos que quedaron finalistas. Unha ollada a estas creacións serve para darse conta de que o que sobra nas aulas galegas é tanto creatividade como sensibilidade.
O Batman
¿Por qué? Os traballos fan que o espectador se conmova. Un exemplo. Hai un debuxo no que aparece un home barrigudo disfrazado de Batman. Ao lado, unha frase dille: «Non fai falta disfrazarse para ser un heroe. Doa». Así de sinxelo e así de directo. Logo, noutra das estampas, aparece unha árbore especial. En vez de mazás ou ourizos, dela colgan riles, fígados e todo tipo de órganos... Logo, o lema di o seguinte: «Os órganos non nacen nas árbores. Doa».
Vendo este escaparate creativo, está claro que máis dun publicista debería pórse a tremer, xa que nas escolas hai cabezas pensantes como para sacarlle o posto a calquera. Como non podía ser de outra maneira, tanto o xerente do hospital, Luis González Taboada, como o director da oficina de coordinación de transplantes do Servizo Galego de Saúde, Jacinto Sánchez Ibáñez, dedicáronlle numerosos eloxios a esta mostra, e animaron aos veciños a botarlle unha ollada. Logo, dende Sanidade informaron de que este ano houbo en Galicia 37 doadores de órganos e fixéronse 117 transplantes.

0 comentarios:
Publicar un comentario