:lvg: | 24/11/2010
Concellos e entidades de Barbanza organizan charlas, representacións, exposicións e outros actos para denunciar o problema dos malos tratos
Un ano máis, e desde diferentes frontes, a comarca de Barbanza decidiu pórse en pé para denunciar os malos tratos. Con motivo da conmemoración, mañá, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, concellos e entidades organizaron un montón de actos, que van desde representacións teatrais ata exposicións, pasando por charlas ou a instalación de pancartas.
En Ribeira, por exemplo, mañá inaugurarase no auditorio unha exposición titulada Relatos visibles , que amosa, mediante fotos e textos, as diferentes formas nas que se soe producir o maltrato. Foi elaborada a partir das vivencias recollidas polas técnicas do Centro de Información á Muller (CIM). A mostra abrirase oficialmente ás 12.00 e poderá visitarse ata fin de mes.
Tamén mañá, pero ás 19.30 horas, terá lugar na aula multimedia da cidade unha mesa redonda sobre o tema, que contará coa participación de María Dolores Crujeiras, directora e asesora xurídica do CIM; Ángeles Pazos, psicóloga; e Penélope Alonso, sexóloga do centro. As dúas actividades foron presentadas onte, nun acto no que participou a concelleira de Igualdade, Esther Patiño.
Actos de Altofalante
Pola súa banda, a asociación ribeirense Altofalante decidiu sumarse á conmemoración do día contra a violencia con diversos actos. Terán lugar esta tarde, ás 20.00 horas, no Ateneo Valle-Inclán. Alí, responsables do colectivo lerán un manifesto. Despois tomará a palabra Plácido Betanzos, que presentará o relato Mil homes . A xornada concluirá cunha conferencia a cargo da psicóloga e orientadora do instituto Leliadoura, Ana Álvarez.
Teatro no Son
En Porto do Son, a Concellería de Servizos Sociais conmemorará o día da non violencia contra as mulleres con teatro. A compañía A Tropa de Trapo representará mañá (casa de cultura, 19.00 horas) a obra Contos sen medo , unha peza que mestura narracións e música, e que está dirixida ao público adulto.
Curta en Outes
O Centro de Información ás Mulleres de Outes vai colocar dúas pancartas na casa de cultura, edificio que, ademais, mañá vai ser escenario da presentación cunha curtametraxe elaborada con motivo do programa Rompe o teu silencio . Este plan desenvolveuse no municipio entre os meses de setembro e outubro pasados co fin de reforzar o traballo no eido da prevención da violencia de xénero. Na rodaxe do traballo audiovisual participaron homes e mulleres de diferentes colectivos do municipio.
Manifesto en Boiro
Pola súa banda, á area de Servizos Sociais de Boiro optou por publicar un manifesto no que fai un chamamento á cidadanía para que se mobilice contra os maltratadores, co fin de que «non atopen ningunha abertura de impunidade nos seus terribles actos». No escrito, amósase o recoñecemento «á coraxe e á valentía de tantas mulleres que, día a día, logran superar o medo e as barreiras psicolóxicas, sociais, familiares e relixiosas levantadas ao longo de séculos de dominación machista para rebelarse contra o seu maltratador e levalo ante a xustiza». Mesa redonda en Muros Muros tamén achegará o seu grao de area á loita contra a violencia de xénero. Mañá, ás 17.30 horas, haberá unha sesión de contacontos na biblioteca; mentres que no auditorio da casa de cultura desenvolverase unha mesa redonda. Intervirán o médico Juan Carlos Silva; o sarxento da Garda Civil Daniel Rodríguez; a traballadora social Pilar Esturao; a concelleira da Muller María José Martínez; a asesora xurídica do Centro de Información á Muller María Luisa Otero; e a psicóloga deste servizo Julia Quintero. Pola mañá, o CIM local distribuirá lazos de cor lila e instalará unha mesa informativa no concello.

Si no sabe porque cada 25 de noviembre se conmemora el Día Internacional de la No Violencia Contra la Mujer, aquí tiene la respuesta.
0 comentarios:
Publicar un comentario