:lvg: | 05/03/2010
Entrevista: Begoña Franco Paz, cultivadora y coleccionista de camelias.
Ten tal número de camelias na súa finca de O Chazo que Begoña Franco xa perdeu a conta. Coa axuda do seu home, José Torres, ata creou variedades autóctonas desta especie. Amosando algunhas nas xornadas Ría de Noia que esta fin de semana terán lugar en Porto do Son.
-¿De onde lle ven esta afección polas camelias?
-O meu interese por esta planta xurdiu hai 26 anos. Eu vivía en Caamaño e a miña veciña tiña unha camelia de flores brancas que me fascinaba. Tamén había unha árbore monumental no pazo dos Franco. Dende aquela dedícome a cultivar e coleccionar camelias.
-¿E cantas ten hoxe en día?
-O certo é que hai tempo que deixei de contalas, porque son demasiadas. A última vez que fixen reconto había unhas oitocentas, pero disto hai xa bastante tempo.
-¿Cal é a súa variedade preferida?
-A sansaqua, pola súa sinxeleza e beleza, e polo conxunto que forman a árbore e as súas flores.
-¿Que é o que lle atrae tanto desta especie?
-É a árbore e a flor máis fermosas que existen. Non hai planta con tantas variedades como a camelia. Están contabilizadas máis de trescentas especies e no rexistro internacional hai máis de cincuenta mil.
-Vostede percorre todas as exposicións que se organizan na zona, ¿cal foi o premio máis importante que conseguiu?
-Foi o de camelia de ouro no concurso internacional de Vigo do ano 2008. Na seguinte edición, eu formei parte do xurado e foi o meu marido o que se fixo co máximo galardón. Este é unha distinción que non se concede a unha flor, senón ao conxunto de variedades que se presentan.
-¿A que atribúe a afección que está a espertar esta especie en Barbanza?
-É certo que desde hai un tempo están proliferando as exposicións en distintos lugares da Coruña e de Pontevedra, pero a camelia ten unha presenza importante en Galicia desde hai moito tempo. No pazo de Oca e no de Santa Cruz de Rivadulla hai dous exemplares de raticulata das máis antigas de Europa. Tamén hai na comunidade xapónicas que son centenarias.
-¿Está claro entón que Galicia reúne as condicións para cultivar esta planta?
-Sen dúbida, o solo de Galicia é idóneo para esta variedade. Só hai que ter en conta unha cuestión, que non debe soterrarse demasiado, xa que ten unha raíz superficial. Polo demais, é unha especie que soporta o calor e o frío galegos.
NOTICIA RELACIONADA:
O Son acoge las IV xornadas da Camelia
Camelias Ría de Noia

0 comentarios:
Publicar un comentario