¿Que chamou á conciliación entre socialistas e nacionalistas no Son?
Pastor e Ánxela Franco manifestan que co mandato popular o concello estaba paralizado, ademais de non existir prioridades nin un proxecto serio e realista.
Hai case tres anos, PSOE e BNG sonenses desobedecían as directrices da cúpula dos seus partidos que abocaban ao pacto entre ambas forzas nos comicios locais. Así, o auto-voto nacionalista poñíalle en bandexa a alcaldía ao Partido Popular que, con Manuel Tomé á cabeza, comezaba a súa singradura en minoría. A viaxe do PP non foi longa, de feito nin sequera chegou a completarse, unha moción de censura vinculaba a nacionalistas e socialistas e os populares desembarcaban de novo no peirao da oposición.
Inxustas para os que perden, xustificadas para os que gañan ou polémicas para os que ollan dende a barreira, as mocións de censura están a ter certo protagonismo no seo da política local dos últimos tempos. Silleda, Folgoso do Courel, Láncara, son exemplos de localidades que cambiaron de cor política nos seus executivos mediante este controvertido método que, legalmente, alborota as casas consistoriais.
A noticia espertaba curiosidade entre os barbanceses. A figura do antigo rexedor sonense, Ramón Quintáns, á cabeza do grupo socialista semellaba ser un atranco para a unión co BNG pero o que parecía imposible tornou realidade deixando no ar a pregunta: ¿que pasaría na alcaldía do Son?.
Xoán Pastor (PSOE) e Ánxela Franco (BNG), actuais alcalde e tenente de alcalde da localidade, coinciden nun aspecto fundamental: Porto do Son sufría unha parálise a causa do goberno popular. Adianta ademais o rexedor, que o executivo de Tomé xerou en ano e medio unha débeda de 400.000 euros aos que deben sumárselle 1.430.000€ en facturas do 2009 pendentes de pago. A falla de consenso co resto de grupos políticos e a negativa do anterior goberno a pagarlle a empresarios por obras acometidas para o benestar dos veciños, son tamén algunhas das causas, que segundo A. Franco, levaron ao entendemento entre os principais grupos da oposición. Iso si, a unión entre socialistas e nacionalistas pasaba pola maioría destes últimos na Xunta de Goberno Local, unha única tenencia de alcaldía, a que ocupa Ánxela F., e polo cumprimento dunha premisa fundamental: Ramón Quintáns non podería ser de novo o alcalde do Son.
Recoñece X. Pastor, que “como é normal en calquera acordo, ambas partes tiveron que ceder nalgunhas pretensións”, pero semella que finalmente a prosperidade do concello e o benestar veciñal, primou sobre as diferenzas persoais dos políticos. Configurouse así un pacto que, tal e como define a tenente de alcalde, “garante a gobernabilidade”.
Non son alentadoras as declaracións dos líderes nacionalista e socialista sobre a situación na que atoparon o concello. “Non existían prioridades nin un proxecto de goberno serio e realista, ademais duns aumentos de obra desproporcionados”, maniféstase dende a tenencia de alcaldía. Neste mesmo senso, o actual alcalde afirma que “a situación económica non era a que vendía o Sr. Tomé”. Indica así, que “os cartos xestionados para a Piscina Climatizada, o Plan Xeral do Castro de Baroña ou para os novos proxectos do Plan E, non eran máis que pura propaganda sen que constasen en papeis”. Engade tamén Pastor feitos “graves” tales como a existencia de “facturas por obras sen proxectos e sen consignación orzamentaria”, ademais doutras “pagadas por traballos que nunca se realizaron”.
O actual equipo de goberno do Son considera ademais que a súa localidade ten unha serie de necesidades. Impulsar definitivamente o PXOM, colaborar coa Xunta de Galicia para a remodelación da fachada marítima do municipio, mellorar a estada AC-550 de Noia a Ribeira para conectala ben co Polígono Industrial e coa Variante de Portosín, son algunhas delas. O Polígono, a Piscina Municipal ou a Estrada Xuño-San Pedro de Muro, a EDAR de Tarrío (saneamento de Queiruga e Baroña) e acadar os mellores proxectos para o segundo Plan E, foron, dende os seus primeiros pasos, algúns dos proxectos prioritarios do bipartito. O que non se especifica con claridade é se todas estas necesidades proceden unicamente dos anos de xestión popular ou se xa existían no concello cando o goberno socialista ocupaba a alcaldía.
X. Pastor e A. Franco afirman afrontar estes escasos dous anos de mandato con optimismo e gañas de traballar polos veciños. Así, o rexedor sonense afirma que no que queda de lexislatura enfrontarán os problemas “por difíciles que sexan, dialogando cos veciños e coa oposición, se é posible”. Ambos, coinciden en que “en xeral” á súa chegada ao concello foi ben acollida polo seo veciñal, xa que, segundo a propia tenente de alcalde “ante a parálise que sufría o noso concello o cambio foi recibido con optimismo e esperanza”. Neste mesmo senso apuntan as declaracións de X. Pastor quen indicou que a cidadanía recibiu a noticia “con sentido democrático e tranquilidade, sen apoiar aos que saían e deixando traballar aos que entramos. Así, aclarou que no día da moción de censura, “houbo algúns exaltados, que se dedicaron ao insulto pero tratábase de xente ben coñecida polo seu fanatismo ou de parentes do anterior alcalde”. Cos comicios locais nun futuro cada vez máis preto, haberá que esperar ao 2011 para obter dos resultados das urnas o grupo, ou quizais grupos, que mellor cumpren coas expectativas dos veciños do Son.
A economía parece ser a pedra angular na que se apoian os grupos políticos para criticar as actuacións dos seus contrarios. Así se o bipartito sonense sitúa á mala xestión económica a cabeza dunha longa lista sobre as deficiencias do goberno de Tomé, este afirma que o seu equipo tentaba “ sanear a maltreita economía local” herdada do goberno socialista liderado no seu día por Ramón Quintáns.
Tomé Piñeiro, cualifica os seus anos de alcalde como “unha experiencia positiva por traballar para cambiar o rumbo á deriva que levaba o concello”. De feito opina que a súa liña debía ser efectiva cando “ o goberno xurdido da moción pretende seguir coa mesma” O ex alcalde do Son mantén a crenza de que a moción de censura foi unha sorte de atranco empregado por nacionalistas e socialistas, molestos ante a idea de que “o PP liderase certos proxectos”. Explica Tomé que o concello “ía adoptar de xeito inminente decisións para cambiar a política medioambiental, a protección do patrimonio e da costa e a obter investimentos da Administración Autonómica en infraestruturas de primeira necesidade”, algo que, ao parecer, desagradaba á oposición daquel entón.
Adianta o ex alcalde que o actual goberno semella que, en ausencia de proxectos propios, “está a vender todos os que nós tiñamos en marcha”. Neste senso, o hoxe líder do PP municipal, manifesta que, entre outros proxectos, débense ao seu mandato as once obras rematadas das dezasete do Feil 2009, quedando as restantes en fase de execución final. Afirma deixar pendente a finalización e posta en marcha do EDAR de Loreto e conquerir o orzamento necesario para o EDAR de Tarrío.
Sen facer en ningún momento autocrítica do seu tempo de mandato, T. Piñeiro di ter mágoa porque a veciñanza non poida ver plasmado o que se lle prometeu. Augurando que o pobo non perdoará ao BNG que se aliase “con aquelas políticas que viña criticando amargamente nos seus anos de oposición, confía en que nos vindeiros comicios o PP volva á alcaldía coa maioría suficiente para “terminar de poñer en orden todo o concello”, eliminando “ao Sr. Quintáns da vida política social”.
O voceiro do Grupo Municipal Popular afirma que seguirá traballando “como cando estaba no goberno” non disipando as dúbidas sobre se será el ou non, quen encabece as listas polo seu partido nas próximas eleccións locais. Di Tomé Piñeiro que a formación xa coñece o súa dispoñibilidade pero que a elección do candidato é unha cuestión que compete á cúpula do partido.

Es que no se se enteran o no les interesa, eramos muchos más los vecinos que protestamos por la moción de censura, que los familiares de los concejales del PP y todo, porque fuimos engañados por el BNG y su candidata.Manuel Tomé, Voceiro do Grupo Municipal do PP sonense: “O pobo non perdoará ao BNG que se aliase con aquelas políticas que viña criticando nos seus anos de oposición”
No pactaron en su día porque a la vista de los votos que había perdido el PSOE, sobre todo después de querer colarle por la puerta de atrás la piscifactoría a los vecinos de Baroña, sabían que al ser todo tan "fresco" el pueblo jamás se lo perdonaría, toda vez que tres de los culpables (Quintáns, Pastor o Chamozas) tendrían que ser los alcaldables. Como el tiempo todo lo cura, pensaron que dos años después nadie se recuerda de todo eso.
Con todos estos argumentos aun hubiesen pactado de haberse presentado el señor Groveiro, pero al haberse renovado el PP vieron su oportunidad de dejar pasar un tiempo prudencial y dejaron in-gobernar al señor Tomé, como se vio perfectamente votando el PSOE y BNG la mayoría de las veces en contra, no del, si no, del pueblo.
Esta es la verdad pura y dura, otra cosa es querer marear a la perdiz y porque también sabían que no iban a ser expulsados. El otro ejemplo lo tenemos al frente, el BNG gobierna con el PP en coalición, por cierto, muy bien y tampoco fueron expulsados.
Aquí si no pactaron porque no quisieron y por las exigencias de la señora Franco por se alcaldesa aun quedando su grupo como tercero en discordia. ¿Creen que si en Muros el PP exigiese lo mismo, habría pacto. Una muestra de su sinrazón era que el equipo del PP se había renovado totalmente y estaba libre ya de ataduras del señor Groveiro.
Serian innumerables la realización de obras hizo el PP en tan corto espacio de tiempo, comparadas con otras corporaciones que llevaban años y como tan poco son tontos, para eso viven de la política, se dijeron que ahora o nunca. Saben bien que es mejor luchar en las próximas elecciones desde la alcaldía que desde la oposición.
A economía parece ser a pedra angular na que se apoian os grupos políticos para criticar as actuacións dos seus contrarios. Así se o bipartito sonense sitúa á mala xestión económica a cabeza dunha longa lista sobre as deficiencias do goberno de Tomé, este afirma que o seu equipo tentaba “ sanear a maltreita economía local” herdada do goberno socialista liderado no seu día por Ramón Quintáns.
Tomé Piñeiro, cualifica os seus anos de alcalde como “unha experiencia positiva por traballar para cambiar o rumbo á deriva que levaba o concello”. De feito opina que a súa liña debía ser efectiva cando “ o goberno xurdido da moción pretende seguir coa mesma” O ex alcalde do Son mantén a crenza de que a moción de censura foi unha sorte de atranco empregado por nacionalistas e socialistas, molestos ante a idea de que “o PP liderase certos proxectos”. Explica Tomé que o concello “ía adoptar de xeito inminente decisións para cambiar a política medioambiental, a protección do patrimonio e da costa e a obter investimentos da Administración Autonómica en infraestruturas de primeira necesidade”, algo que, ao parecer, desagradaba á oposición daquel entón.
Adianta o ex alcalde que o actual goberno semella que, en ausencia de proxectos propios, “está a vender todos os que nós tiñamos en marcha”. Neste senso, o hoxe líder do PP municipal, manifesta que, entre outros proxectos, débense ao seu mandato as once obras rematadas das dezasete do Feil 2009, quedando as restantes en fase de execución final. Afirma deixar pendente a finalización e posta en marcha do EDAR de Loreto e conquerir o orzamento necesario para o EDAR de Tarrío.
Sen facer en ningún momento autocrítica do seu tempo de mandato, T. Piñeiro di ter mágoa porque a veciñanza non poida ver plasmado o que se lle prometeu. Augurando que o pobo non perdoará ao BNG que se aliase “con aquelas políticas que viña criticando amargamente nos seus anos de oposición, confía en que nos vindeiros comicios o PP volva á alcaldía coa maioría suficiente para “terminar de poñer en orden todo o concello”, eliminando “ao Sr. Quintáns da vida política social”.
O voceiro do Grupo Municipal Popular afirma que seguirá traballando “como cando estaba no goberno” non disipando as dúbidas sobre se será el ou non, quen encabece as listas polo seu partido nas próximas eleccións locais. Di Tomé Piñeiro que a formación xa coñece o súa dispoñibilidade pero que a elección do candidato é unha cuestión que compete á cúpula do partido.
Echo de menos también una entrevista a los concejales de IPS y AVS.
0 comentarios:
Publicar un comentario