Presentouse por primeira vez como candidata hai catro anos e agora Ánxela Franco Pouso repite como número un do BNG de Porto do Son, convencida de que a súa formación gobernará o municipio durante os próximos catro anos.
-Foron os catro anos da desfeita, sobre todo urbanística, nos que máis se construíu e menos veciños temos. Outra etapa de promesas incumpridas, xa que Quintáns segue a falar das casas de cultura de Nebra, Xuño e Portosín, proxectos que nunca acaban de facerse. Foi ademais o mandato da prepotencia, nunca antes acudiran tantos veciños aos plenos para queixarse das súas demandas, como ocorreu cos da piscifactoría de Baroña ou os das gardas médicas. -¿Cales son as propostas prioritarias do BNG? -Para nós é fundamental que o novo plan urbanístico sexa unha realidade para habilitar chan para o polígono industrial, vivendas públicas, a gardería, áreas de lecer, aparcamentos e outros servizos como un tanatorio; e para deseñar futuras vías de comunicación. De todo isto depende o desenrolo económico, agroforestal, pesqueiro e turístico do noso concello. Tamén apostamos por mellorar o acceso ás novas tecnoloxías da comunicación e por ampliar as redes de saneamento e auga, e as beirarrúas. -¿Como albisca o mapa no que a resultados electorais se refire? -A nosa expectativa é clara. Imos ser goberno. Durante estes anos, demostramos que fomos a única forza que estivo a traballar por defender aos veciños. Vendo as candidaturas que hai, algunhas das cales poden supoñer a continuidade da situación actual, cremos que o único voto útil é o noso. Tamén temos claro que, pase o que pase, Quintáns non vai volver ser alcalde co apoio do BNG.
La Voz de Galicia: Mayo de 2007

0 comentarios:
Publicar un comentario