22 noviembre 2009

Rodríguez Santamaría: “Transparencia e legalidade son os meus piares para o urbanismo”

O novo mandatario sonense considera que todos os veciños deben colaborar “procurando axustarse ás licenzas”.

Apunta que o pacto co BNG será positivo para a localidade e permitirá solucionar moitos problemas pendentes.

_ Tras todo o que caeu ¿cre que a moción de censura valeu a pena?
_ Rotundamente si. Por varias razóns: reflicte a maioría progresista que o pobo ten; dota o concello dunha maioría estable no que resta de lexislatura e vai facilitar que se solucione a parálise absoluta na que estabamos.

_ ¿Teme que a moción poida pasarlle factura nas elecións municipais de 2011?
_ Eu espero que os electores valoren o traballo, o diálogo con eles e o desexo de solucionar problemas. Esta é unha maioría democrática, non un goberno obtido por compra de tránsfugas como o fixo o PP nalgúns municipios galegos nos últimos tempos. Eu son un demócrata que aceptarei sempre os resultados electorais, non como outros que non son capaces a pasar pola oposición.

_ Moitas miradas puxéronse no portavoz socialista, Ramón Quintáns, ó considerar que pode influír moito nas decisións do novo goberno ¿que papel ocupará?
_ Quintáns foi moi duramente atacado porque moitos vían que só así podían mellorar politicamente. Ningún tribunal o imputou nin o condenou por nin-
gunha cuestión urbanística, diga o que diga a oposición. Ninguén está exento de erros, pero hai que recoñecer que fixo moitas obras importantes no Son. Agora ten novas responsabilidades, e eu confío en que a Concellería de Cultura e Festexos sexa levada co traballo e a competencia que o caracterizan.

_ ¿Como valora o papel que tivo o BNG para favorecer o pacto?
_ Positivamente, xa que por fin o goberno amosa a maioría social que hai na vila. Con este acordo hai unha maioría estable que pode solucionar moitos problemas pendentes. Esta maioría representa o cincuenta por cento dos veciños fronte ao trinta e tres por cento que votou polo PP, polo tanto ten un maior apoio social e maior lexitimidade.

_ O do desgoberno do anterior alcalde do PP ¿era certo ou foi unha escusa para presentar a moción?
_ Era un abandono total. Nunca foron capaces de aprobar uns presupostos, pola súa falta de diálogo coa oposición. O PXOM estaba abandonado, todo o que se dicía non era máis ca propaganda, a maioría dos proxectos estaban paralizados ou eran inexistentes, só declaracións de prensa para enganar aos veciños. Noutros asuntos prefiro aínda non opinar ata ter un coñecemento máis completo da situación.

_ Vostede asumiu a delegación de Urbanismo, ¿que cambios van percibir os veciños en relación coas xestións anteriores?
_ Debo precisar que aínda que levarei a xestión de Urbanismo, a decisión última é da comisión de goberno, onde hai catro concelleiros e o alcalde. Procuraremos a maior transparencia posible e a oposición non terá dificultades para acceder aos expedientes. Transparencia e legalidade son os piares da miña idea para xestionar o urbanismo. Os veciños deben colaborar procurando axustarse ás licenzas realmente concedidas. Eu agardo esa colaboración da sensatez dos veciños da miña vila.

“Aprobar o PXOM, prioritario”
Respecto os veciños que teñen as súas casas expedientadas pola Xunta, Rodríguez sinala que “aínda non estudei detidamente este tema, pero en última instancia será a xustiza quen decida, se alguén fixo unha casa sen ter a licenza para iso. Toda a corporación deberá ver se é posible solucionalo. Eu quero crer que a Xunta será responsable e actuará con criterios de obxectividade e xustiza”. Tamén anuncia que o seu goberno “comezou os contactos e as xestións para ver en que situación están estes temas nos diferentes organismos, porque no arquivo municipal a información é escasa” para xestionar obras como o polígono industrial, a remodelación do bordo litoral, a piscina ou a escola infantil. “O anterior goberno tampouco nos informou sobre ningún aspecto pendente”, di. Entre as súas primeiras decisións figuran os contactos cos veciños da rúa das Escamas de Portosín para chegar a un acordo que lles guste a todos. Sobre as súas prioridades destaca “aprobar o PXOM, atendendo as lexítimas demandas dos veciños e axustándonos á legalidade” e uns presupostos “realistas axeitados a estes tempos de crise, sen falsas demagoxias de austeridade que logo anteriores gobernos non cumprían”. Tamén intentará chegar a un acordo cos veciños de Baroña para axilizar o plan de protección do Castro e buscar unha nova localización ó centro de interpretación.

El Correo Gallego 22/11/2009

* Esa mayoría progresista? se alcanzó en mayo del 2007, por lo tanto si desde entonces fuimos mal gobernados? algo de culpa tendrá, digo yo.
Usted por lo que se ve, no tuvo culpa de nada, ni de los anteriores desmanes del señor Quintáns denunciados por su compañera de gobierno, ni ahora. No hay nada como ser político.

Totalmente de acuerdo, su gobierno no tiene transfugas, pero si un cambia chaquetas que primero fue en las listas del PP, después pasó a las de AVS y por último recayó en las suyas, tal vez como algún "favor". Claro que ahora ya no se acuerda cuando junto con el BNG, llamaban cambia chaquetas al señor Groveiro... eran otros tiempos.
Pero hable claro y no se deje cosas, en la pasada legislatura estuvieron gobernado gracias a un transfuga y por último, no se olvide de la moción de censura de Benidorm, con lo bonito que es el pueblo... digo sus edificios.

Efectivamente, el señor Quintáns fue muy duramente criticado, y le recuerdo una vez más y tal vez a ello deba sus cuatro concejales, por la señora Franco, la misma que el miércoles reía juntos a sus compañeros sus "gracias".

Porcentajes y más porcentajes. También en otras legislaturas imperaban eses porcentajes y así dejamos para la nuevas generaciones, parroquias que no las conoce ni la madre que las parió.

PXOM, esto ya es de risa por no llorar, en 12 anos non consiguieron derogar el del señor Groveiro y querían que se hiciese ahora en 2. Como me dice alguno, usted si que fumó y no tabaco precisamente.

Ya digo, lastima que ante no permitiese que antes hubiese esa transparencia que siempre denunció la oposición. Los vecinos y alguna ex concejal bien saben que cuando piden una licencia de galpón no es para hacerse una casa, pero si saben que nadie va a mandarles el aparejador para que compruebe que la obra se adapte a la licencia. Así tenemos, por ejemplo, casi más licencias de galpón que casas.

Esperemos que hable más con los vecinos de Baroña que cuando le quisieron instalar la piscifactoría, para poner un poco de orden en el Castro y haber si logramos que un día desaparezca esa mancha blanca, construida cuando gobernaba, ¿que partido¿, ¿lo saben?

0 comentarios: