:logo-ecg: | Terras de Santiago
Escritor, autor da obra ‘A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica’
O escritor sonense Xoán Pastor Rodríguez Santamaría acaba de publicar a súa séptima obra, A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica, editada polo Concello pobrense e pola Deputación da Coruña. Un exhaustivo traballo que recolle 2.256 datos históricos sobre esta localidade, ilustrados con 101 fotografías antigas.
¿Como e cando xurdiu a idea de escribir este libro?
Trátase dunha segunda edición que amplía a publicación que fixen no ano 2002, editada pola desaparecida asociación cultural A Miserela, porque era unha obra moi demandada polos pobrenses. Só quedaba un exemplar na biblioteca municipal.
¿Como se documentou?
Durante dous anos, reunín datos en artigos de prensa, en arquivos (dende os parroquiais ata o do Concello ou o arquivo histórico provincial) e contei tamén con colaboracións veciñais. Mesmo consultei publicacións aínda inéditas. Neste libro hai máis de 600 publicacións documentadas e, fronte ós 2.063 datos históricos que se ofrecían na primeira edición, nesta son un total de 2.256.
¿Que atopamos nesta obra?
Trátase dunda cronoloxía histórica sobre A Pobra a través de efemérides. A primeira é do ano 569 e a derradeira é do ano 2000. Dente o ano 1748 hay feitos históricos de cada ano.

0 comentarios:
Publicar un comentario