Dende fai tempo o actual equipo de goberno do Concello de Porto do Son, ven declarando a súa intención de integrar aos dous clubes de Xubilados que coexisten na vila.
Con este marcado obxectivo comezaron as obras na antigua lonxa para acondicionar un local que poida acoller a ámbolos dous clubes.
Trátase polo tanto dunha actuación en planta baixa, que suprime todas as barreiras arquitectónicas para conseguir a accesibilidade de todos os nosos maiores e que contará cun amplo espacio de cafetería e sala de baile.
Ademáis o novo espacio encontrase nunha zona privilexiada no Porto da Vila con unha magníficas vistas ao mar.
Estas últimas semanas tiveron lugar varias reunións entre as directivas de ambos clubes e o concello para consensuar a creación dun só club para o Concello de Porto do Son.
Alén disto, co traslado do club de xubilados “Virxe do Mar” á nova ubicación na antigua lonxa, quedarían libres as instalacións nas que o Concello levará a cabo a construcción da Gardería Municipal.
0 comentarios:
Publicar un comentario