25 abril 2013

A historia da Pobra ten outro piar no que sustentarse


:logo-lvg: | Barbanza

A rebentar. Así estaba o auditorio do museo Valle-Inclán a noitiña do martes. A presentación da obra de Xoán Pastor titulada A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica coincidiu co Día do Libro, como non podía ser doutro xeito, e levouse a cabo no escenario polo que pasan os grandes autores da bisbarra.

Os veciños encheron o centro cultural a sabendas de que a historia do concello estaba entre as páxinas deste traballo, reeditado e que conta con uns 1.200 datos e 460 datas documentadas.

Carácter divulgativo

A concelleira Encarna González, o alcalde Isaac Maceiras, o presidente de Barbantia, Xesús Laíño, e o investigador Xerardo Agrafoxo tomaron a palabra. Este último destacou o carácter divulgativo dunha obra «da que todos os veciños poden sentirse moi orgullosos». O mandatario, pola súa parte, celebrou que este libro contribúa á riqueza cultural do concello.

Pero ninguén mellor que o propio autor para falar da súa obra. Por iso, Rodríguez quixo deixar claro que un dos obxectivos do libro é servir de base para os futuros estudosos, adiantando que xa está a reunir datos para un novo libro. O traballo do investigador non ten apenas descanso. Todos os asistentes ao acto leváronse debaixo do brazo un exemplar, para poder seguir presumindo da súa terra.

0 comentarios: