Os máis pequenos teñen unha cita ineludible o vindeiro sábado día 13 de abril ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. Teatro Caramuxo interpretará a obra "Zapatos" (cunha duración de 35 min). Esta obra de teatro ten unha mención especial do xurado na XXVI mostra internacional de Val D'Albaida. É un espectáculo recomendado pola Rede nacional de Teatros.
Sinopse:
¿Qué pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Tódolos días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

0 comentarios:
Publicar un comentario