O Concello de Porto do Son participa no Campamento Deportivo 2013 da Deputación da Coruña. A quenda asignada ao noso Concello é a segunda que comprende dende o 7 ao 13 de xullo. Poden inscribirse rapaces e rapazas nados no 2003, 2002, 2001, 2000 e 1999. A incorporación ó campamento no Colexio Calvo Sotelo, Rúa Archer Milton Huntington, 24, 14011 A Coruña será o domingo día 7 de xullo pola tarde por conta dos participantes onde os recibirán responsables da realización do Campamento Deportivo 2013 Deputación da Coruña, e a saída o sábado seguinte, despois do almorzo e da clausura.
Inscricións ata o 16 de maio. Entregarase as inscricións na Oficina de Cultura e Deportes sita na Casa da Cultura de Porto do Son.
Tríptico.pdf
Inscricións ata o 16 de maio. Entregarase as inscricións na Oficina de Cultura e Deportes sita na Casa da Cultura de Porto do Son.
Tríptico.pdf
0 comentarios:
Publicar un comentario