:logo-lvg: | Barbanza
Feijoo valorou positivamente o novo proxecto para Porto do Son
A remodelación da fachada marítima de Porto do Son é un tema que neste municipio mariñeiro levanta bochas entre a poboación polo tempo que leva dilatado. Agora, e segundo expresou o novo alcalde, Luís Oujo, o equipo de goberno que encabeza confía en que as obras comecen o próximo ano, xa que segundo parece, todas as partes implicadas deron o visto e prace ao novo proxecto ideado polo ente dependente da Consellería do Mar, Portos de Galicia.
A Administración local quere ser realista á hora de falar sobre o proxecto de reforma desta importante parte da vila sonense. E por iso, son conscientes de que para que as obras comecen no 2012 será necesario que o Goberno de Feijoo destine diñeiro con cargo aos orzamentos dese ano: «A nosa intención é que contemos coa partida completa ou cunha anualidade importante para poñer en marcha esta importante e necesaria actuación», explicou Luís Oujo.
Apoio institucional
O que si que xa transcendeu é o visto e prace do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao proxecto de reforma da zona portuaria. Aínda así, o rexedor manterá unha reunión en poucos días co novo presidente de Portos, José Durán Durán, para abordar este proxecto dunha forma máis concreta e intentar fixar prazos.
Mentres, na oposición, tanto nacionalistas como socialistas coincidiron ao afirmar que ata que vexan o proxecto e coñezan o diñeiro que se dispón para executalo non crerán nada referente á nova fachada marítima sonense.
Relacionada
La promesa de ochenta amarres

5 comentarios:
!!Que Deus nos colla confesados!!!Prometer non ten coste algún......as verbas lévas o vento.Polo de pronto xa se fala de 2012,IGUAL QUE OS PRAZOS DO AVE EN GALICIA......... !!!!Que estamos en Precampaña Electoral!!!!!
Me parece estupendo que el Sr. Feijoo valore muy positivamente dicho proyecto.Lo único que queremos en Porto do Son que el proyecto y el dinero sea una realidad y no una vez más promesas y promesas que !!!Llevamos 6 años esperando!!!!
Viva el consenso del Sr. Oujo. En campaña dijo que iba a consensuar todo y ya vemos como los otros partidos políticos estuvieron en la reunión con los afectados de la fachada. Vaya, Sr. Oujo, que pronto se aprende lo malo. ¿Estaban avisados los demás partidos políticos para esa reunión o es que ahora ya es el Dios y el Beckan de Porto do Son?
Triste é para un rexedor que as súas actuacións veñan marcadas polo entorno que o "asesora" e non teña capacidade propia de dicidir sobre as mesmas.
Esperemos polo ven do noso concello que sexa verdade que a fachada marítima será unha realidade no 2012, Aínda que él dí que ten o beneplácito de Feijoo, da Consellería do Mar, pero con quen aínda no se sentou foi co novo presidente de Portos. ¿Que lle pasa a esta Xunta que cada un vai polo seu lado?....... ou será que o Sr. Oujo para escorrer un pouco o bulto que alongar o tema no tempo saénos con ese trato tan directo co Sr. Presidente?
Publicar un comentario