:logo-lvg: | Barbanza
O parque global de turismos baixou no último ano nos municipios de Carnota, Lousame, Mazaricos, Outes e Porto do Son
O sector automobilístico non levanta cabeza a nivel estatal, onde se acumulan xa trece meses de caídas consecutivas, e a comarca non é allea a esta situación. Os últimos datos sobre matriculación de vehículos publicados polo Instituto Galego de Estatística, e que fan referencia a xullo, revelan un novo descenso. En media ducia de concellos barbanceses, as vendas de coches novos durante o pasado mes foron inferiores ás rexistradas no mesmo período do ano anterior. En concreto, os municipios nos que se rexistrou un receso son Ribeira, Mazaricos, Lousame, Rianxo, Outes e A Pobra.
Casos curiosos son os de Boiro, Porto do Son e Muros, onde segundo os datos estatísticos oficiais, a posta en circulación de vehículos novos durante xullo non só foi superior, senón que practicamente duplicou á contabilizada o mesmo mes do 2010.
Elevado pesimismo
En calquera caso, os profesionais do sector móstranse bastante pesimistas pola situación na que se atopa o sector e a maioría deles recoñecen ter poucas esperanzas de que exista unha recuperación, polo menos a curto prazo.
Non só véndense menos vehículos, senón que o parque de turismos, aínda que lixeiramente, comeza a descender. Ata agora a tónica era que fose en aumento cada ano, pero a tendencia parece haberse investido.
Segundo os últimos datos oficiais da Dirección Xeral de Tráfico, entre abril do 2010 e o mesmo mes do 2011, cinco concellos da comarca viron reducido o número de turismos rexistrados. Trátase de Carnota, Lousame, Mazaricos, Outes e Porto do Son. Segundo os datos da DXT, na área barbancesa están rexistrados uns 58.000 vehículos, o que implica medio centenar menos que hai un ano. Pola contra, entre abril do 2009 e o mesmo mes do 2010, o parque de turismos subiu na comarca en máis dun centenar.
Todos os profesionais consultados coinciden en sinalar que a situación económica motiva que as familias llo pensen moito antes de cambiar de automóbil.
Segunda man
Pola contra, un mercado no que non se perciben as consecuencias negativas da recesión económica é o de segunda man. Os xerentes de concesionarios sinalan que a xente que necesita comprarse un vehículo busca algo a prezos moi baixos.
De igual xeito, están en auxe os quilómetro cero que, ao parecer, eran turismos que, en época de bonanza, a xente rexeitaba porque prefería adquirir un automóbil que puidese estrear. Outro efecto da crise é que se acode máis ao taller para facer reparacións.
Relacionadas
Remar na mesma dirección
Desconfianza

0 comentarios:
Publicar un comentario