24 agosto 2011

«Será imposible olvidar lo que Galicia está haciendo por Diogo»


:logo-lvg: | Barbanza

Elizabete Farinhoto, a nai do neno portugués que loita por conseguir unha prótese, asegura estar sorprendida pola gran resposta cidadá

«El non fala ben aínda, pero se lle nota unha alegría especial, como a nós». A nai de Diogo Farinhoto, o pequeno de Caminha que conseguiu convencer a decenas de galegos e portugueses para que coleccionasen as 19 toneladas de tapas e envases de plástico que agora el poderá cambiar por unha man dereita, asegura que tampouco ten palabras. «Son feliz, moi feliz, grazas», repite fronte á desembocadura do Miño, onde chegou o luns o ferri que transportaba as dúas toneladas galegas que completaron a particular visa para un soño colectivo internacional.

-Diogo conseguiu máis de 1.000 quilos por semana.
-É incrible, un milagre. O noso soño era conseguir as toneladas para Nadal e de súpeto... Non se que é o que pasou. Será imposible esquecer o que Galicia está a facer polo meu neno Diogo. Portugueses e galegos colaboran por igual coa cooperativa Dar e Sorrir e esa é unha experiencia gratificante por partida dobre.

-Foi unha experiencia dura e intensa...
-Cada momento ten os seus matices. Agora que xa conseguimos o plástico teño moita máis ansiedade. O tempo para que Diogo teña a súa man vólvese eterno.

-Onte xa se deu outro paso de xigante, ¿non?
-Si, claro. Onte fomos a Matosinhos e Diogo probou a súa prótese estética. Foi incrible ver a cara do meu fillo xogando coa súa man mentres gritaba de alegría pola novidade e repetía: «Forte, son moi forte». Agora toca esperar de novo ata que en tres semanas chegue a prótese mioeléctrica.

-¿E despois?
-Logo terá que facer moita terapia, tres sesións por semana para aprender a usala. A nai de Rodrigo, o primeiro neno luso que conseguiu así a súa man e fundou a cooperativa, é a que o está xestionando. El foi quen nos ensinou que o soño era posible e que a frase «non é un ben de primeira necesidade» coa que a sanidade pública negounos o acceso á prótese non era o final. Eles dicían que Diogo tiña que esperar aos 18 anos de idade, pero entón rexeitaría a prótese.

-Pero a loita segue.
-Diogo poderá ir a clase coa súa nova man e poderá coller o lapis para aprender a escribir. Pero en dous anos ten que gardar outras 36 toneladas de plástico para cambiar a unha prótese con sensibilidade.

Relacionada
La mayor empresa de agua mineral de Andalucía se compromete con el pequeño

0 comentarios: