17 agosto 2011

El campismo ilegal es un fenómeno residual en los municipios de Arousa norte

:logo-lvg: | Barbanza

Os alcaldes da mancomunidade celebraron onte un pleno no que se tratou o problema da acampada libre

A acampada libre, un fenómeno que ultimamente está a dar moito que falar en Porto do Son polas dimensións que alcanza en enclaves como a contorna do castro de Baroña, ocasionando ademais prexuízos a veciños e hostaleiros do municipio, é un problema que, por agora, non se estendeu a outros puntos da comarca. É o caso dos concellos de Arousa norte. Iso polo menos aseguran os seus alcaldes, que onte celebraron un pleno extraordinario no seo da mancomunidade no que se abordou o asunto.

Os rexedores de Ribeira, Boiro e Rianxo, así como o tenente de alcalde da Pobra, reuníronse onte pola mañá nunha sesión convocada inicialmente para tratar asuntos de ámbito administrativo e xurídico relativos ao funcionamento da Mancomunidade Arousa Norte. Con todo, ante as últimas noticias, decidiuse analizar a situación dos catro termos no que respecta ao campismo.

Respecto á normativa

Neste sentido, os catro representantes dos concellos coincidiron en sinalar que en Arousa norte cúmprese estritamente a normativa vixente en materia de acampada libre e que, aínda que si se dá puntualmente o campismo ilegal, é algo residual e non se producen situacións similares ás de Baroña.

Así mesmo, indicaron que os catro municipios contan con espazos debidamente habilitados para esta práctica, mentres que, ocasionalmente, habilítanse zonas para acampar con motivo de determinadas celebracións con gran afluencia de asistentes, como a romaría de san Ramón, en Boiro, ou o Festival Antrospinos, en Rianxo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

En Porto do Son, sempre se queixan quen presuntamente menos legais están.Primeiro que intenten legalizae os seus campings e logo que reclamen.

Arben dijo...

Aínda que presuntamente haxa cámpings ilegais, como vostede da claramente a entender, non me vale que trate de xustificar o inxustificable ou o que é o mesmo, que xustifique neste caso a ocupación ILEGAL das «nosas propiedades».
Como tampouco me vale a versión sustentada por algúns campistas, de que gracias a eles se manteñen os agros limpos. O noso limpámolo ciclicamente e curiosamente só ocupan a zona de herba, porque os toxos deben de picarlles. Por certo, dos muros que desfán para facelas súas fogueiras e da merda que nos deixan e que temos que limpar nós, porque como é unha propiedade privada o Concello nunca se fixo cargo, non comentou nada.
Para rematar paréceme ben que vostede defenda a súa postura e que eles prefiran acampar deste xeito, pero por favor, que o fagan en espazos públicos, non nas nosas propiedades.

Anónimo dijo...

O que é triste é que fagan caso agora que se queixan os hosteleiros, cando os veciños levan anos denunciando esto.

Anónimo dijo...

Sr. anónimo das 14:35, estou totalmente dacordo con vostede,porque parece que neste pobo determinados hostaleiros teñen "patente de corso" para facer e desfacer o que queiran o seu antoxo sen que ningunha autoridade lle diga nada,exemplo a vergoñenta situación da Praza de España clarifica as verbas.¿será que determinados bares teñen salvoconductos políticos para ter manga ancha e ocupar o que lles saia en gaña?¿será que determinadas persoas do entorno do goberno instan a que as celebracións e actividades se celebren na praza de España co unico obxetivo de favorecer a negocios do entorno familiar de determinados membros do governo municipal? Desconfia e acertarás...........

Fonforrón dijo...

Será que os veciños para os políticos contan ben pouco, salvo cando son eleccións.

Non é por defender nin a este grupo de goberno, nin a outros anteriores, por iso queremos incidir en dúas cuestións e porque non é bo criticar sen ton nin son.
¿Cando comezou a bárbara ocupación da praza de España por parte dos bares da zona? Sobre isto xa temos comentado neste blog fai tempo.
A praza é o centro neurálxico do Concello e nela, hasta que se fixo a pista no peirao e ampliou o parque, a maioría das actividades celebrábanse alí, non só agora se non dende fai tempo. Querer ver agora unha man negra, parecenos que é tirala pedra e agochala man.
Deixámolo aquí.

Anónimo dijo...

.... ahhh¡¡¡ que o da praza son as terrazas dos bares... eu pensei que eran os indignados acampados...