14 agosto 2011

La Xunta toma medidas para frenar el campismo en Baroña


:logo-lvg: | 12/8/2011 Barbanza

Un técnico de Turismo visitará hoxe a zona para coñecer a situación

O oasis que supoñen para os amantes do campismo libre os montes do perímetro do castro de Baroña parece ter os días contados. Na actualidade, este espazo é o único da comarca onde esta práctica prohibida pola Administración realízase sen censura e de xeito libre durante os meses estivais. É por iso que a Xunta decidiu porse ao choio para freala, enviando no día de hoxe a un traballador da Consellería de Cultura e Turismo para coñecer a situación que se está dando neste lugar do municipio sonense.

Un portavoz deste departamento do Goberno galego recodaba onte a necesidade de cumprir o decreto 143/2006. Esta normativa prohibe a práctica do campismo libre fóra dos recintos autorizados. Aínda así, aclara que o regulamento permite a acampada itinerante, pero cunhas normas: grupos integrados por un máximo de tres tendas, separados doutros posibles grupos por unha distancia mínima de cincuenta metros e cunha permanencia máxima de dúas noites no mesmo lugar, aínda que para pasar a segunda noite será requisito imprescindible obter a necesaria autorización municipal para un máximo de nove persoas.

Mentres, desde o Concello sonense, o seu máximo representante, Luís Oujo, foi rotundo ao manifestar que nuns días «tomaremos medidas para que se respecte a norma e botaremos aos que non cumpran coa lei». Ademais, explicou nun ton conciliador que a intención do seu equipo de goberno é regular esta situación no futuro para que as persoas que realicen campismo itinerante poidan ter uns servizos mínimos que lles permitan estar nas mellores condicións.

Relacionadas
Agua, luz, servicios y papeleras
Concienciando

0 comentarios: