:logo-lvg: | Barbanza
Dúas exposicións no mes de agosto amosan os traballos realizados polos participantes dos talleres de Amas de Casa
A Asociación de Amas de Casa do Porto do Son naceu no ano 1985 da man de algunhas veciñas do municipio. A primeira presidenta foi Dolores Fernández, quen aos catro anos deixou o seu cargo. A pesar da súa negativa inicial, Carmen Conde colleu a batuta do club en maio de 1989 e aí segue, ata o día de hoxe. Aos seus 70 anos asegura que lle gustaría deixar a fronte da asociación e ocupar un segundo plano. Encántalle bordar e asegura que «hai días que me poño un ratiño ao rematar de cear e cando me dou conta son as tres da mañá». Vai os domingos á igrexa, onde canta no coro. A entidade, tódolos anos, durante o mes de agosto, realiza exposicións no Centro de Interpretación do Castro de Baroña
-¿Como se financian?
-Pois nos últimos anos soamente coa cota dos socios. O Concello ponnos o local e nos encargámonos de pagar todos os gastos: seguro de responsabilidade civil, limpeza, luz e teléfono. Noutros tempos recibíamos algunhas subvencións da Deputación Provincial ou do Concello. Se hai cartos organizamos e preparamos máis cousas. Pero, en época de crise, xa se sabe, debemos administrarnos e adaptarnos ao que hai.
-¿Cantos socios son?
-Socios hai unha media de 500, pero xa se sabe, moitos deles non pagan. Cando levan máis de dous anos sen pagar solemos dálos de baixa. No caso de que algúns deles quixese volver ten que pagar os anos que debe. Entre os membros, priman as mulleres amas de casa. Aos obradoiros tamén poden asistir os fillos ou os maridos. As excusións pódense apuntar persoas alleas, aínda que teñen preferencia, como é natural, os socios.
-¿Que tipo de actividades promoven?
-Nos últimos anos organizamos cursos de ximnasia, manualidades, arte floral, pintura, bordado e bolillo. Todas se imparten dende outubro a xuño na nosa sede. A única que tamén se dá no verán é a de pintura á que veñen mulleres, dous homes e algúns nenos.
-¿Fan algunha excursión?
-Normalmente, facemos dúas excursións grandes ao ano de 5 ou 6 días a distintos sitios de España ou Portugal. Xa percorremos toda Andalucía e fomos varias veces a Lurdes e a Fátima. Tamén temos ganas de ir a París porque intentámolo nunha ocasión pero a axencia que no lo estaba xestionando deu en quebra. Ademais, case tódolos anos imos a Camariñas á mostra de encaixe e a algún sitio máis.
-¿Reúnense todos os socios nalgunha ocasión durante o ano?
-Sempre facíamos algunhas comidas ao longo do ano pero cada vez asistía menos xente e deixamos de realizalas. Temos pensado facer unha cara finais de ano ou para San José, a ver si se apunta un maior número de persoas. Antes viña moita xente, ata nos disfrazábamos en carnavais e competiamos no desfile..
-¿Colaboran co Concello ou con algunha outra asociación do pobo?
-Nos axudamos en todo o que podemos co concello no roupeiro municipal, clasificando as prendas e enviándoas a diferentes ONGs, na cabalgata dos Reis Magos, nas campañas de xoguetes para nenos do Terceiro Mundo e na alfombra de Corpus. Tamén colaboramos coa asociación parroquial Loa e cos clubs de xubilados do Son, dos que por outra parte eu son membro activa.
-¿Cal é a finalidade das exposicións que realizan?
-O noso obxectivo é mostrar todos os traballos que realizamos nos distintos talleres. Non pretendemos vender, de feito soamente se venden uns broches e detalliños pequenos. Na primeira quincena de agosto está a de bordados e na segunda a de pintura no antigo cuartel da Garda Civil.
-¿Por que lle gustaría deixar de dirixir a asociación?
-Xa levo 22 anos ao fronte dela e comezo a estar cansa. Gustaríame que alguén ocupase o meu lugar. Sempre digo que seguiría vinculada como vogal ou nalgún outro posto, e sempre poderían contar coa miña axuda e apoio. O certo é que se alguén quixese eu cedería o posto encantada. Encántame moito o que fago e estou feliz de estar ocupada e entretida pero preferiría deixar algunha responsabilidade.
Carmen conde sanlés Presidenta asociación de amas de casa

0 comentarios:
Publicar un comentario