14 agosto 2011

La presencia del Seprona reduce la actividad campista en Baroña


:logo-lvg: | 13/8/2011 Barbanza

Nadie pudo confirmar la anunciada visita de un técnico de la Xunta

O monte no que se practica a acampada libre en Baroña empeza a alixeirar a súa poboación itinerante grazas, en boa parte, á presenza continuada dos axentes do Seprona, que manteñen unha vixilancia regular tanto de día como de noite para evitar esta práctica. Fuentes da Garda Civil aseguraron que son medidas que levan a cabo, do mesmo xeito que en anos anteriores, para facer que se cumpra a normativa vixente sobre campismo en Galicia.

O que parece que non tivo tanto calado son as determinacións adoptadas o xoves pola Xunta, a través da Consellería de Cultura e Turismo. Fuentes deste departamento anunciaron para o día de onte a presenza dun técnico para comprobar que os campistas cumpren o decreto 143/2006, que permite a acampada itinerante un máximo de dúas noites, sendo necesario un permiso municipal para a segunda.

Sobre isto cabe dicir que, tanto durante a mañá como pola tarde, todos, dos moitos campistas consultados, aseguraron que só os axentes do Seprona visitaron este monte para regular a situación.

Aínda así, as mesmas fontes da Consellería de Cultura e Turismo confirmaron onte que o traballador da Xunta había visitando este lugar sonense durante a xornada.

Vontade municipal

O Concello sonense comunicou que o seu principal obxectivo é preservar o medio ambiente, e para iso fará todo o que estea nas súas mans. «A Policía Local xa estivo na zona para asegurarse de que se cumpre a lei. Gústanos que a xente veña e goce do noso concello, pero ten que ser coa normativa na man e sobre todo respectando o medio ambiente», explicou o alcalde sonense.

0 comentarios: